Ácido treonucleico
O ácido treonucleico ou ácido nucleico de treosa (ATN ou, en inglés, TNA) é un polímero similar ao ADN ou ARN pero con diferente composición do seu "esqueleto". O ATN non se atopa na natureza, senón que se sintetiza quimicamente [1].
O ADN e o ARN teñen un esqueleto formado polos azucres desoxirribosa e ribosa, respectivamente, enlazados con fosfatos, mentres que o esqueleto do ATN está composto por repetidas unidades de treosa unidas por enlace fosfodiéster [2]. A este esqueleto están unidas as bases nitroxenadas tanto no ADN coma no ARN e ATN. A treosa é un monosacárido de catro carbonos máis fácil de ensamblar no polímero ca a ribosa [3].
No laboratorio conseguíronse crear cadeas híbridas ADN-ATN utilizando ADN polimerase.
O ATN pode hibridar tanto con ADN coma con ARN dun modo específico de secuencia; esta capacidade e a súa simplicidade química suxire que o ATN puido ser un hipotético precursor do ARN como material xenético na orixe da vida na Terra.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Orgel, Leslie (2000). "A Simpler Nucleic Acid". Science 290 (5495): 1306–1307. PMID 11185405. doi:10.1126/science.290.5495.1306.
- ↑ Schoning, K; Scholz P; Guntha S; Wu X; Krishnamurthy R; Eschenmoser A (2000). "Chemical etiology of nucleic acid structure: the alpha-threofuranosyl-(3'->2') oligonucleotide system.". Science 290 (5495): 1347–51. PMID 11082060. doi:10.1126/science.290.5495.1347.
- ↑ Watt, Gregory (2005). "Modified nucleic acids on display". Nature Chemical Biology. doi:10.1038/nchembio005.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Hipótese do mundo de ARN
- Ácido glicolnucleico
- Ácido peptonucleico
- Ácido nucleico pechado
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Was simple TNA the first nucleic acid on Earth to carry a genetic code?", New Scientist
- ORIGIN OF LIFE: A Simpler Nucleic Acid", Leslie Orgel
Tipos de ácidos nucleicos | |
---|---|
Bases nitroxenadas | Púricas (Purina): Adenina · Guanina · Hipoxantina · Xantina · Pirimidínicas (Pirimidina): Citosina · Timina · Uracilo |
Nucleósidos | Adenosina · Uridina · Guanosina · Citidina · Desoxiadenosina · Timidina · Desoxiguanosina · Desoxicitidina · Inosina |
Nucleótidos (nucleósidos monofosfato) | |
Nucleósidos difosfato | |
Nucleósidos trifosfato | |
Desoxinucleótidos e desoxirribonucleósidos difosfato e trifosfato | |
Ácidos ribonucleicos | |
Ácidos desoxirribonucleicos | |
Análogos de ácidos nucleicos | |
Secuencias | |
Principais familias bioquímicas Alcaloides · Aminoácidos · Carbohidratos · Carotenoides · Cofactores enzimáticos · Esteroides · Flavonoides · Glicósidos · Lípidos · Péptidos · Policétidos · Tatrapirrois · Terpenos |
Text is available under the CC BY-SA 4.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.