Quitina
A quitina é un homopolisacárido formado por N-acetil-D-glicosamina, compoñente principal das cutículas dos artrópodos e outros animais, así como nos fungos.
Na súa hidrólise libera ácido acético e glicosamina. Trátase dun polímero de elevado peso molecular formado por monómeros de N-acetilglicosamina unidos mediante enlaces B-1,4. As cadeas son lineais, sen pólas e con varios centos de unidades cunha estrutura que se repite.
Hai tres formas cristalográficas diferentes de quitina (alfa, beta e gamma-quitina) que se diferencian na ordenación das cadeas e na presenza de auga nos enlaces. A alfa quitina é a única presente na cutícula dos artrópodos.
A quitina é insolúbel en auga, bases, ácidos diluídos e disolventes orgánicos, pero se descompón en ácidos minerais concentrados e hipoclorito de sodio (lixivia). O seu peso específico é 1,55 e se detecta ben a súa presenza mediante tratamento con hidróxido de potasio (KOH) concentrado a 160 °C durante 20 minutos, dando unha substancia que se detecta mediante unha mestura de iodo 0,2% en ácido sulfúrico 1%, pola presenza dunha coloración violeta.
Tipos de carbohidratos | |
---|---|
Xeral | |
Xeometría | Triosa · Tetrosa · Pentosa · Hexosa · Heptosa · Anómero · Conformación do ciclohexano · Mutarrotación |
Pequenos/Grandes | Triosas: Dihidroxiacetona · Gliceraldehido · Tetrosas: Eritrosa · Eritrulosa · Treosa · Heptosas: Sedoheptulosa |
Pentosas | |
Hexosas | |
Disacáridos | |
Outros Oligosacáridos | |
Polisacáridos | Celulosa · Dextrano · Glicóxeno · Inulina · Amidón (Amilosa · Amilopectina) · Quitina · Goma arábiga · Hemicelulosa · Pectina |
Glicosaminoglicanos | |
Aminoglicósidos | |
Principais familias bioquímicas Alcaloides · Aminoácidos · Carbohidratos · Carotenoides · Cofactores enzimáticos · Esteroides · Flavonoides · Glicósidos · Lípidos · Péptidos · Policétidos · Tatrapirrois · Terpenos |
Text is available under the CC BY-SA 4.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.