Pablo Martinez
Pablo Martinez | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Pablo Jean Antoine Martinez | ||
Nacemento | 21 de febreiro de 1989 | ||
Lugar de nacemento | Martigues | ||
Altura | 1,82 m. | ||
Posición | Defensa central | ||
Información de club | |||
Club actual | Deportivo da Coruña | ||
Número | 16 | ||
Carreira xuvenil | |||
2003–2007 | Nîmes | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2007–2009 | Mallorca B | ||
2009–2010 | Uzès | ||
2010–2011 | Martigues | 6 | (0) |
2011–2013 | ES Uzès | 63 | (2) |
2013–2016 | GFC Ajaccio | 94 | (1) |
2016–2017 | Angers SCO | 9 | (0) |
2017–2019 | Racing de Estrasburgo | 56 | (3) |
2019–2022 | Nîmes | 63 | (2) |
2022– | Deportivo da Coruña | 65 | (4) |
Na rede | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 22 de xuño de 2024. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Pablo Jean Antoine Martinez, nado en Orange, Vaucluse, o 21 de febreiro de 1989, é un futbolista francés, de ascendencia española. Xoga de defensa central no Deportivo da Coruña, da Primeira División RFEF.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]De ascendencia española por parte de seu pai, con orixes en Alacant,[1] naceu na vila de Martigues, no departamento francés de Vaucluse.[2] Formouse como futbolista na canteira do Nîmes e en 2007 recalou en España para xogar co Mallorca B na Terceira División. Tras dúas campañas no club balear, aos 20 anos regresou a Francia e xogou no ES Uzès (2009-10), o FC Martigues (2010 -11) e de novo no ES Uzès (2011-13). Na súa segunda etapa no Uzès participou do primeiro ascenso da historia do club ao Championnat National, terceira categoría do fútbol francés, na tempada 2011/12. Debutou na categoría na campaña seguinte, disputando 32 encontros.
En xuño de 2013 fichou polo Gazélec Ajaccio, tamén do Championnat National.[3] Titular indiscutible na defensa do equipo durante os seguintes anos, logrou o ascenso na súa primeira campaña, despois de quedar terceiro na clasificación e de que o Luzenac AP, segundo clasificado, non cumprise os requisitos para ascender.[4] Debutou na Ligue 2 o 1 de agosto de 2014, nunha vitoria por 2-0 sobre o Valenciennes.[5] Na súa segunda tempada co club de Ajaccio conseguiu un segundo ascenso consecutivo, ao acabar o equipo na segunda posición, só por detrás do Troyes.
Debutou na Ligue 1 na primeira xornada da tempada 2015/16, ante o propio Troyes. Perdeu varias xornadas por lesión e rematou con 28 partidos a súa primeira tempada na elite, na que tres derrotas nos tres últimos encontros condenaron o Gazélec Ajaccio ao descenso. Pechou o seu paso polo club con 99 partidos oficiais e un gol.
En xuño de 2016 fichou polo Angers, tamén da máxima categoría,[6] club no que militou durante unha tempada. Nas seguintes dúas campañas xogou no Racing Club de Strasbourg,[7] co que se proclamou campión da Copa da Liga de Francia na tempada 2018/19. Para a tempada 2019/20, fichou polo Nîmes.[8] Militou no club occitano durante tres anos, o último deles na Ligue 2, despois de descender na 2020/21. Xogou co Nîmes un total de 65 encontros oficiais, nos que marcou 2 goles.
Durante a súa carreira disputou un total de 126 encontros na Ligue 1, 120 deles como titular, nos que marcou 5 goles e repartiu 6 asistencias.
O 1 de setembro de 2022 anunciouse a súa fichaxe polo Deportivo da Coruña da Primeira División RFEF.[9] Non tivo minutos nos primeiros partidos da tempada, ante a dupla de centrais titulares formada por Jaime e Lapeña, e tivo que esperar ata o 28 de setembro para debutar co club galego, xogando de titular ante o Talavera en Riazor.[10] Co paso das xornadas acabou por converterse nun titular indiscutible e no mellor defensor do equipo, xogando de central e en ocasións de lateral esquerdo. Disputou un total de 30 partidos na súa primeira tempada en Galicia, 29 deles como titular, e participou co equipo na frustrada promoción de ascenso, caendo ante o Castellón.[11]
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Racing de Estrasburgo
- Copa da Liga (1): 2018/19.
- Deportivo da Coruña
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Fernández, Carlos Alberto (27 de outubro de 2022). "Pablo Martínez: "Al final del encuentro, pedí disculpas al equipo por el error”". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 21 de outubro de 2023.
- ↑ "Une offre de Nîmes pour Martinez ? Le joueur dément !" (en francés). 16 de maio de 2018. Archived from the original on 17 de maio de 2018. Consultado o 2 de setembro de 2022.
- ↑ "Pablo MARTINEZ en Rouge et Bleu!" (en francés). 9 de xuño de 2013. Arquivado dende o orixinal o 02 de setembro de 2022. Consultado o 2 de setembro de 2022.
- ↑ "L'USJA Carquefou renonce au National" (en francés). 13 de xuño de 2014. Consultado o 2 de setembro de 2022.
- ↑ "Francia - P. Martinez". Soccerway (en castelán). Consultado o 2 de setembro de 2022.
- ↑ "Transfert : Pablo Martinez du Gazélec à Angers" (en francés). 21 de xuño de 2016. Consultado o 2 de setembro de 2022.
- ↑ "Transferts - Ligue 1 : Pablo Martinez signe à Strasbourg pour deux ans" (en francés). 21 de xuño de 2017. Consultado o 2 de setembro de 2022.
- ↑ "Transferts : Pablo Martinez (Strasbourg) va s'engager avec Nîmes" (en francés). 24 de xuño de 2019. Consultado o 2 de setembro de 2022.
- ↑ "Pablo Martínez, novo xogador do Dépor 22-23". Deportivo da Coruña. 1 de setembro de 2022. Consultado o 2 de setembro de 2022.
- ↑ Sanz, Miguel (6 de febreiro de 2023). "Pablo Martínez, de parche a líder de la defensa del Deportivo" (en castelán). Consultado o 14 de xuño de 2023.
- ↑ "El 1x1 del Deportivo tras la derrota ante el Castellón". La Voz de Galicia (en castelán). 11 de xuño de 2023. Consultado o 14 de xuño de 2023.
Text is available under the CC BY-SA 4.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.