For faster navigation, this Iframe is preloading the Wikiwand page for Provincia de Alacant.

Provincia de Alacant

Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2016.)
Modelo:Xeografía políticaProvincia de Alacant
Provincia de Alicante (es)
Província d'Alacant (ca) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 38°30′N 0°30′O / 38.5, -0.5Coordenadas: 38°30′N 0°30′O / 38.5, -0.5
EstadoEspaña
Comunidade autónomaComunidade Valenciana Editar o valor em Wikidata
CapitalAlacant Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación1.881.762 (2021) Editar o valor em Wikidata (322,97 hab./km²)
Xeografía
Superficie5.826,45 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porGolfo de Valencia Editar o valor em Wikidata
Punto máis altoSierra de Aitana (1.558 m) Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Organización política
Órgano executivoDiputació d'Alacant (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
• President of the Diputacion of the Province of Alicante (en) Traducir Editar o valor em WikidataCesar Sanchez Perez (en) Traducir (2015–) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal03 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
ISO 3166-2ES-A Editar o valor em Wikidata
Código NUTSES521 Editar o valor em Wikidata
Código INE03 Editar o valor em Wikidata
ARGOS ID (en) Traducir03 Editar o valor em Wikidata

Páxina webdiputacionalicante.es… Editar o valor em Wikidata
BNE: XX4575370

A provincia de Alacant[1] (en valenciano: Alacant, en castelán: Alicante) é a máis meridional da Comunidade Valenciana. Limita ao norte coa provincia de Valencia, ao sur coa Rexión de Murcia, ao oeste con Murcia e a provincia de Albacete (Castela-A Mancha), e ao leste co mar Mediterráneo. A súa capital é a cidade homónima de Alacant. A súa área abrangue 5.863 km², cunha poboación de 1.855.047 habitantes (2015).

As cidades da provincia que superan os 50.000 habitantes son Alacant (328.648 hab.), Elx (227.312 hab.), Torrevieja (88.447 hab.), Orihuela (82.675 hab.), Benidorm (69.045 hab.), Alcoi (59.567 hab.), Sant Vicent del Raspeig (56.302 hab.) e Elda (53.248 hab.).

Xeografía física

[editar | editar a fonte]

Orografía

[editar | editar a fonte]

A provincia posúe un relevo bastante montañoso e accidentado, salvo algúns vales fluviais do sur. As súas montañas son unha prolongación do sistema Bético, conformando varios cordais paralelos, dirixidos de suroeste a nordés, entre os que se encontran as serras de Mariola, da Carrasqueta, de Crevillent, de Salines, do Maigmó, do Cid ou de Bernia. O cume provincial é o pico de Aitana, na serra homónima, con 1.558 m de altitude, ao que lle segue o Puig Campana, con 1.406 m, e o Montcabrer, na serra de Mariola, con 1.389 m.

As zonas chás corresponden, sobre todo, á zona sur-suroeste, onde conflúen unha chaira costeira, a do Alacantí, con dúas chairas aluviais, a do Baixo Vinalopó e a do Baixo Segura (la Vega Baja), que conforman unha zona fértil de veigas e hortas con gran concentración agrícola.

Hidrografía

[editar | editar a fonte]

A provincia de Alacant tan só conta cun curso de auga saliente, o río Segura, que flúe nos seus últimos 36 km polo Sur da provincia, na comarca da Vega Baixa ou Baix Segura. O río autóctono máis importante é o Vinalopó, que atravesa Elda e Elx. Outros cursos dignos de sinalar son, de norte a sur, os ríos Serpis, Girona, Gorgos, Algar, Amadorio, Monnegre e a Rambla de les Ovelles.

As comarcas nas que se divide a provincia son:

  • El Comtat, 26.319 habitantes, capital: Cocentaina. Sita entre as serras de Mariola e Aitana, predomina nela a industria téxtil e a agricultura de secaño.
  • Alcoià, con dúas subcomarcas claramente diferenciadas:
    • Valls d'Alcoi, 67.853 habitantes, capital: Alcoi. Destaca pola agricultura de secaño (oliveiras) e a industria téxtil.
    • A Foia de Castalla, 39.380 habitantes, capital: Castalla, pero a cidade máis poboada é Ibi. Destaca na industria do xoguete.
  • La Marina Alta, 166.786 habitantes, capital: Dénia. É a comarca máis chuviosa e está dedica ao turismo.
  • La Marina Baixa, 154.939 habitantes, capital: La Vila Joiosa. Cidade máis poboada: Benidorm. Eminentemente turística, sobreasae polas súas praias e o seu interior montañoso. Ten unha subcomarca moi pintoresca: Vall de Guadalest.
  • O Alt Vinalopó, 50.870 habitantes, capital Villena. Agricultura de regadío e industria de calzados.
  • O Vinalopó Mitjà, 158.932 habitantes, capital Elda. Industria de calzado, do mármore e outras. Viños e acios para mesa.
  • O Baix Vinalopó, 255.676 habitantes, capital: Elx. Agricultura de regadío e máis industria do calzado. Na costa turismo.
  • O Alacantí, 420.561 habitantes, capital: Alacant. Comarca de servizos e turística, fortemente urbanizada.
  • O Baix Segura (tamén coñecida como Vega Baixa), 291.033 habitantes, capital: Orihuela, pero a cidade máis poboada é Torrevieja. Agricultura de regadío (hortalizas e cítricos), con turismo en todo o territorio.

A faixa costeira (Dénia, Xàbia, Calp, Benidorm, La Vila Joiosa, Alacant, Santa Pola, Torrevieja) forman a chamada Costa Branca. Nesta zona destaca a área metropolitana de Alacant-Elx, que con 725.395 habitantes é a 8ª maior aglomeración española.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para alacantino.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
{{bottomLinkPreText}} {{bottomLinkText}}
Provincia de Alacant
Listen to this article

This browser is not supported by Wikiwand :(
Wikiwand requires a browser with modern capabilities in order to provide you with the best reading experience.
Please download and use one of the following browsers:

This article was just edited, click to reload
This article has been deleted on Wikipedia (Why?)

Back to homepage

Please click Add in the dialog above
Please click Allow in the top-left corner,
then click Install Now in the dialog
Please click Open in the download dialog,
then click Install
Please click the "Downloads" icon in the Safari toolbar, open the first download in the list,
then click Install
{{::$root.activation.text}}

Install Wikiwand

Install on Chrome Install on Firefox
Don't forget to rate us

Tell your friends about Wikiwand!

Gmail Facebook Twitter Link

Enjoying Wikiwand?

Tell your friends and spread the love:
Share on Gmail Share on Facebook Share on Twitter Share on Buffer

Our magic isn't perfect

You can help our automatic cover photo selection by reporting an unsuitable photo.

This photo is visually disturbing This photo is not a good choice

Thank you for helping!


Your input will affect cover photo selection, along with input from other users.

X

Get ready for Wikiwand 2.0 🎉! the new version arrives on September 1st! Don't want to wait?