For faster navigation, this Iframe is preloading the Wikiwand page for Maio na cultura popular galega.

Maio na cultura popular galega

Artigo principal: maio.

O que segue recolle diversa información sobre a pegada do mes de maio na cultura popular e na literatura oral galegas, recollida de diferentes traballos etnográficos –xerais a toda Galicia ou localizados nun ámbito xeográfico máis concreto-, dicionarios, refraneiros, cantigueiros etc.

Inclúese algún refrán relativo á Ascensión, festividade que se celebra corenta días despois do Domingo de Resurrección. Pode caer no mes de maio ou a principios de xuño.

Tralo inverno e as chuvias de abril, o tempo permite empezar xa cos traballos no campo, que cómpre realizar con premura para a sementeira. Maio é, xa que logo, un mes de moito traballo para o labrego, e de aí as expresións estar amaiado ou andar co maio ó lombo cando un está canso e baldado. Do mesmo xeito maiola significa "preguiza", como maiolán ou maioleiro é un preguiceiro, e maiolarse ou esmaliolarse é caer rendido polo cansazo.

Pero maiola tamén significa "castaña seca", tamén chamada castaña maiola ou, simplemente, maia; o día das maiolas era o nome co que se designaba o 1º de maio, data na que se adoitaba regalar castañas ós veciños e ós pobres do lugar.

Crenzas e supersticións

[editar | editar a fonte]

Para protexe-los campos e comezar maio libres de calquera mal, na noite do 29 de abril realizábase o ritual de alumea-las leiras.

Tamén é un costume moi común poñer na noite do último día de abril unha rama de xesta ou flor do maio nas portas das casas, nos barcos, nos coches e mais nas cortes para que non lles poida entra-lo maio nin collan o meigallo (Leiro Lois).

Maios de Allariz (Ourense)
Artigo principal: Maios.

Nos primeiros días de maio (nalgúns lugares o día 1, noutros o 3) celébranse as festas dos Maios, festas lúdicas coas que se recibía o comezo da floración e o fin do inverno.

Na zona de Laza, os mozos cortaban unha árbore, a máis grande que podían, e plantábana no medio da praza, adornándoa con faroliños. A esta árbore chamábana maio.

Locucións

[editar | editar a fonte]
  • Andar co maio ó lombo: aplícase a quen está canso, desmaiado, esgotado, en referencia ós traballos do campo que hai que facer neste mes.
  • Carpaza de maio: unha variedade de Erica.
  • Folla de maio: tipo de alga (recollido en Oia, Pontevedra; Elixio Rivas Quintas).
  • Porca de maio: días de mal tempo que disque hai sempre a mediados de maio (Aínda non veu a porca de maio).
  • Ser (ou vir) como auga de maio: aplícase a algo que é moi esperado, ben recibido e chega no momento oportuno [1].
  • Ser [longo] coma o mes de maio: ser algo de moita dura, inacabable.
  • Ter maiola: ser preguizoso, ser un nugallán.

Refraneiro

[editar | editar a fonte]
  • A landra que non se ve en maio, non se ve en todo o ano.
  • A ovella do pobre no maio morre.
  • Abril chove para as xentes, e maio para as bestas.
  • Abril chuvioso, maio pardo e san Xoán ventoso traen o ano compogoso.
En abril, espigas mil, en maio, todo espigado
  • Abril e maio son as chaves do ano.
  • Abril esfola, pero maio amola.
  • Abril pare os froitos e maio lévaos ó lombo.
  • Abril, pendoril; maio, engraio; san Xoán, segaio.
  • Agosto fáiselle maio ó que non ten pan sementado.
  • ¡Ai, maio, maiolo! Peor aínda é o mes que vén logo.
  • Are quen arou que xa maio entrou.
  • Are quen arou, que maio xa pasou.
  • As sandías nin semeadas en maio nin nadas en abril.
  • Ata o corenta de maio non quíte-lo saio; e se volve a chover, vólveo a poñer.

Cantigueiro

[editar | editar a fonte]
Bótesme tarde,/ bótesme cedo,/ ata o maio/ non me ve-lo pelo
  • Aí vén o maio/ polo pico de Lobeira,/ vén a patadas/ ca filla da Oleira [2].
  • As tellas do teu tellado/ non queren baixarme a abrir;/ baixa tu, rosa de maio,/ criada no mes de abril [3].
  • Chamácheme pito cairo/ Porque nacín en xaneiro;/ Déixame chegar a maio,/ xa cantarei no poleiro [4].
  • Coas estreliñas do ceo/ téñote de comparare/ e coas frores de maio/ cando están a brotare [5].
  • Din que a reiña está preñada,/ que ten a barriga dura,/ ¡vai traer para Maio/ un corvo e mais unha rula! [6].
  • Eu pedinlle o Maio/ a un capitán,/ non me tuvo que dar/ máis que a cabeza dun can.
  • Eu pedinlle o Maio/ a un coronel,/ non me tuvo que dar/ máis que un pucheiro de mel.
  • Eu pedinlle o Maio/ a un señorito,/ non me tuvo que dar/ senón a cabeza dun pito.
  • Miña rosa do canizo,/ meu caravel do fumeiro,/ tanto tes no mes de maio/ como no mes de xaneiro [7].
  • Nosa Señora da Adina/ ten oliveiras no adro,/ botan piñas no outono,/ cereixas no mes de maio [8].
  • Nosa Señora da Adina/ ten un piñeiro no adro,/ bota piñas polo outono,/ cereixas no mes de maio [9].
  • O maíño, maio,/ é moi pillabán/ que quer que lle metan/ ps cartos na man [10].
  • Pra facer o Maio/ fumos a roubar/ frores e fiúncho,/ quixéronnos matar [10].
  • ¡Vállame dios! o arado/ cal si labra dianteiro,/ tanto ten no mes de maio,/ como no mes de xaneiro.

Adiviñas

[editar | editar a fonte]
  • Bótesme tarde,/ bótesme cedo,/ ata o maio/ non me ve-lo pelo [11].
  1. Eladio Rodríguez González, s. v. auga.
  2. Fermín Bouza Brey 1929, 177. O monte Lobeira levántase en Vilanova de Arousa. No orixinal: Ahí, ven, pol-o.
  3. Xaquín Lorenzo Fernández, 50.
  4. Real Academia Galega 1913, s. v. cairo. No orixinal: chamacheme, por que, janeiro, deixame, mayo, ja.
  5. Xaquín Lorenzo Fernández, 63.
  6. Saudade nº 4, xullo 1943, 30. No orixinal: qu’a.
  7. Xaquín Lorenzo Fernández, 101.
  8. Refírese, como a seguinte, á igrexa de Santa María de Iria Flavia, coñecida popularmente como Adina.
  9. Gran Enciclopedia Galega, s. v. Adina.
  10. 10,0 10,1 Fermín Bouza Brey 1929, 176.
  11. Solución: a pataca.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • ÁLVAREZ GIMÉNEZ, Emilio: Refranero agrícola y metereológico gallego, Pontevedra 1904.
  • ANÓNIMO: Saudade. Verba Galega nas Américas 1942-1953. Ed. facsímile do Centro Ramón Piñeiro 2008, nº 4, xullo 1943.
  • BOUZA BREY, Fermín: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II].
  • FERRO RUIBAL, Xesús: Refraneiro galego básico, Galaxia, Vigo, 1987.
  • FRAGUAS Y FRAGUAS, Antón: La Galicia insólita. Tradiciones gallegas, Cuadernos do Seminario de Sargadelos 51. Ed. do Castro, Sada 1990.
  • LEIRO LOIS, Adela (dir.): Cambados: a tradición oral, Colexio Público Castrelo. Cambados 1986.
  • LORENZO FERNÁNDEZ, Xaquín: Cantigueiro popular da Limia Baixa, Galaxia, Vigo 1973.
  • MOREIRAS SANTISO, Xosé: Os mil e un refrás galegos do home, Ed. do autor, Lugo 1977.
  • MOREIRAS SANTISO, Xosé: Os mil e un refráns galegos da muller, Alvarellos, Lugo 1978.
  • PÉREZ BALLESTEROS, José: Cancionero popular gallego y en particular de la provincia de la Coruña 1885-1886; reed. facs. Akal, Madrid 1979.
  • RIVAS QUINTAS, Elixio: Frampas. Contribución al diccionario gallego, Ed. Ceme, Salamanca 1978.
  • RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Eladio: Diccionario enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, Vigo 1958-1961.
  • ZAMORA MOSQUERA, Federico: Refráns e ditos populares galegos. Galaxia, Vigo 1972.
{{bottomLinkPreText}} {{bottomLinkText}}
Maio na cultura popular galega
Listen to this article

This browser is not supported by Wikiwand :(
Wikiwand requires a browser with modern capabilities in order to provide you with the best reading experience.
Please download and use one of the following browsers:

This article was just edited, click to reload
This article has been deleted on Wikipedia (Why?)

Back to homepage

Please click Add in the dialog above
Please click Allow in the top-left corner,
then click Install Now in the dialog
Please click Open in the download dialog,
then click Install
Please click the "Downloads" icon in the Safari toolbar, open the first download in the list,
then click Install
{{::$root.activation.text}}

Install Wikiwand

Install on Chrome Install on Firefox
Don't forget to rate us

Tell your friends about Wikiwand!

Gmail Facebook Twitter Link

Enjoying Wikiwand?

Tell your friends and spread the love:
Share on Gmail Share on Facebook Share on Twitter Share on Buffer

Our magic isn't perfect

You can help our automatic cover photo selection by reporting an unsuitable photo.

This photo is visually disturbing This photo is not a good choice

Thank you for helping!


Your input will affect cover photo selection, along with input from other users.

X

Get ready for Wikiwand 2.0 🎉! the new version arrives on September 1st! Don't want to wait?