For faster navigation, this Iframe is preloading the Wikiwand page for A cabra na cultura popular galega.

A cabra na cultura popular galega

Cabuxa en Moraña.
Artigo principal: cabra.

O que segue recolle unicamente información diversa sobre a pegada da cabra na cultura popular galega, así como a súa presenza na literatura oral. Toda esta información recóllese de diferentes traballos etnográficos —xerais a toda Galicia ou localizados nun ámbito xeográfico máis concreto—, dicionarios, refraneiros, cantigueiros, etc.

Locucións

[editar | editar a fonte]
  • Coma a cabra e o coitelo (andar, estar, levarse): levarse moi mal dúas persoas, convivir moi mal.[1]

Refraneiro

[editar | editar a fonte]
Cabras rubias nun curral.
Cabeza dunha cabra mona (sen cornos).
Xaneiro añeiro, e febreiro cabriteiro
  • A filla da cabra, ¿qué ha de ser senón cabrita?.[2]
  • A muller e a cabra é mala sendo fraca.[3]
  • A muller e a cabra, a pata crebada.[3]
  • Á muller e á cabra, corda larga.[3]
  • A muller é antoxadiza, e a cabra é espantadiza.[3]
  • A muller na igrexa, santa, e na rua, cabra.[3]
  • A ovella louzana pidelle lan á cabra.
  • Cabra coxa non ten sesta e, se a ten, mal lle presta.[1]
  • Cabras crían trampas e carneiros crían diñeiros.[4]
  • Cabrito de mes, porco de tres, muller de dezaoito e home de vinte e tres.
  • En abril, cátanos no cubil; en maio, xa son bo galo; en san Xoán xa lle dou a carreira ó can; en santa Mariña xa vou pola cabritiña; en agosto xa vou co meu pai polo rostro; en Santos xa mato os bois nos campos e en xaneiro xa podo co carneiro.[5]
  • En abril está a loba no cubil, en maio sae co pai ó lado, en san Xoán atrévese co can, en Santa Mariña xa colle a cabritiña, en agosto sae co pai ó rostro.
  • Febreiro, cabriteiro.[6]
  • Inda non pariu a cabra e xa o cabrito, mama.[7]
  • Leite de cabra e leite de burra danse camiño da sepultura.
  • Ó ano torto, horto; ó torto torto, cabra e horto; e ó torto retorto, cabra, horto e porco.[8]
  • O cabrito cómeo dun mes, i o año de tres.
  • O fillo da cabra, ou cabirto ou castrón.[2]
  • O que rico quer ser, catro cousas ha de ter: cabras, ovellas, abellas e muíño onde moer.
  • O que rico quer ser, istas cousas ha de ter: cabras, ovellas, abellas e muíño onde moer.
  • Ovella cornuda e cabra con landras, en poucas cortellas paran.[9]
  • Ovella cornuda e cabra con landras, en poucos cortellos paran.
  • Queixo de ovella, leite de cabra e manteca de vaca.
  • Vai a cabra pola viña, tal é a mai como a filla.[4]
  • Vello xa é Pedro pra ser cabreiro.[10]
  • Xaneiro alleiro e febreiro cabriteiro.
  • Xaneiro añeiro, e febreiro cabriteiro.[11]

Cantigueiro

[editar | editar a fonte]
  • Ano novo con ben veñas,/ como o sol entre as estrelas,/ os cabritos coas cabras/ e os años coas ovellas.[12]
  • Beila quedo, beila quedo,/ non me rompas os zapatos/ que anque son de cordobán/ costároncheme os cartos.[13]
  • Cálate, boca de troita,/ pelo de cabra tiñosa,/ ollos de pita sarnenta/ i hastra por non ter, es coxa.[14]
  • Cambados, porto de cabras,/ e Fefiñáns de cabritos,/ Santo Tomé de cabróns,/ mira que tres lugaritos.[15]
  • Cantiguiña que dixeches/ inda lle faltan palabras;/ teño unha cabra no monte,/ vaille conta-las cagadas.[16]
  • En Queguas canta o cuco,/ en Vilar a cabra vella,/ en Véncias cantan os anxos/ que é a flor da nosa terra.[17]
  • Na miña vida tal vin/ unha cabra cunha roca/ e un castrón cun violín.[18]
  • O marrau de tres somanas,/ o cabirtiño dun mes,/ a meniña de quince anos,/ o galán de vintetrés.[19]
  • Se vírades o que eu vin/ fuxírades como eu fixín:/ unha cabra cunha roca/ i un castrón cun violín.[20]
  • Vinde, rapazas/ e mociños todos,/ vinde ve-lo dote/ que me deu meu sogro:/ unha cabra vella/ i un cabirto coxo,/ unha manta vella/ cun remendo roxo.[21]
  1. 1,0 1,1 Miguel Rubinos Conde 2013.
  2. 2,0 2,1 Eladio Rodríguez González, s. v. fillo.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Eladio Rodríguez González, s. v. muller.
  4. 4,0 4,1 VV.AA. (!974): Gran Enciclopedia Galega. Tomo IV. Santiago / Gijón: Silverio Cañada. ISBN 84-7286-039-6.
  5. Son as fases da vida do lobo.
  6. Eladio Rodríguez González, s. v. febreiro.
  7. Eladio Rodríguez González, s. v. parir.
  8. Eladio Rodríguez González, s. v. ano.
  9. As landras a que se refire a cantiga son, neste caso, os ganglios linfáticos do pescozo avultados por algunha enfermidade crónica.
  10. Eladio Rodríguez González, s. v. Pedro.
  11. Eladio Rodríguez González, s. v. xaneiro.
  12. Gran Enciclopedia Galega III, s. v. año.
  13. Fermín Bouza Brey 1929, 163.
  14. Xaquín Lorenzo Fernández, 54. No orixinal: és.
  15. Fermín Bouza Brey 1929, 170.
  16. Xaquín Lorenzo Fernández, 59. No orixinal: contalas.
  17. Xaquín Lorenzo Fernández, 74. No orixinal: Rueguas. Xaquín Lorenzo di que a forma oficial é Venceás, aínda que os veciños digan Véncias, pero no Nomenclátor atopamos Venceáns (San Tomé), parroquia de Entrimo. Na parroquia só hai os tres lugares ós que fai mención a cantiga: Queguas, Vilar e Venceáns.
  18. Fermín Bouza Brey 1929, 189. No texto: c-unha, c-un.
  19. Xaquín Lorenzo Fernández, 120. No orixinal: de un.
  20. Xaquín Lorenzo Fernández, 148. No orixinal: virades, vin, fuxirades.
  21. Xaquín Lorenzo Fernández, 162. No orixinal: velo.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
{{bottomLinkPreText}} {{bottomLinkText}}
A cabra na cultura popular galega
Listen to this article

This browser is not supported by Wikiwand :(
Wikiwand requires a browser with modern capabilities in order to provide you with the best reading experience.
Please download and use one of the following browsers:

This article was just edited, click to reload
This article has been deleted on Wikipedia (Why?)

Back to homepage

Please click Add in the dialog above
Please click Allow in the top-left corner,
then click Install Now in the dialog
Please click Open in the download dialog,
then click Install
Please click the "Downloads" icon in the Safari toolbar, open the first download in the list,
then click Install
{{::$root.activation.text}}

Install Wikiwand

Install on Chrome Install on Firefox
Don't forget to rate us

Tell your friends about Wikiwand!

Gmail Facebook Twitter Link

Enjoying Wikiwand?

Tell your friends and spread the love:
Share on Gmail Share on Facebook Share on Twitter Share on Buffer

Our magic isn't perfect

You can help our automatic cover photo selection by reporting an unsuitable photo.

This photo is visually disturbing This photo is not a good choice

Thank you for helping!


Your input will affect cover photo selection, along with input from other users.

X

Get ready for Wikiwand 2.0 🎉! the new version arrives on September 1st! Don't want to wait?