For faster navigation, this Iframe is preloading the Wikiwand page for Luigi Ferdinando Marsigli.

Luigi Ferdinando Marsigli

Infotaula de personaLuigi Ferdinando Marsigli

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento10 de xullo de 1658 (Xuliano) Editar o valor en Wikidata
Boloña Editar o valor en Wikidata
Morte1 de novembro de 1730 Editar o valor en Wikidata (72 anos)
Boloña Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturabasílica de San Domingos Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Pontificios Editar o valor en Wikidata
Formación profesionalmatemáticas, anatomía e ciencias naturais
EducaciónUniversidade de Boloña
Universidade de Padua
Q89547790ser o pai fundador da oceanografía moderna
Actividade
Ocupaciónbotánico , xeólogo , enxeñeiro , astrónomo , xeógrafo Editar o valor en Wikidata
Membro de
Linguaitaliano, latín, francés
Carreira militar
Rango militarXeneral Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Abreviación dun autor en botánicaL.Marsili Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloConde Editar o valor en Wikidata
PaisCarlo Francesco Marsili  e Margherita Hercolani
IrmánsAnton Felice
Premios

BNE: XX1500412

Luigi Ferdinando Marsili, máis coñecido como Luigi Ferdinando Marsigli, nado en Boloña o 10 de xullo de 1658, e finado na mesma cidade o 1 de novembro de 1730, foi un científico, militar, xeólogo e botánico italiano.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Xuventude

[editar | editar a fonte]

Marsigli pertencía a unha familia aristocrática de Boloña, sendo o segundo fillo do conde Carlo Francesco Marsili e da súa muller Margherita Hercolani. Herdou o título de conde despois de que o seu irmán Anton Felice renunciara ao seu dereito de primoxenitura. Non fixo estudos regulares, pero adquiriu unha vasta cultura asistindo á Universidade de Boloña e a de Padua, estudando matemáticas, anatomía e ciencias naturais con distinguidos mestres, como Geminiano Montanari e Marcello Malpighi.[1]

Comezou a viaxar moi cedo, asociando observacións científicas coa recollida de datos sobre a organización militar. En 1671 marchou ao vicerreinado de Nápoles, onde visitou os Campos Flégreos (unha vasta caldeira volcánica situada a 9 km ao noroeste da cidade de Nápoles) e subiu ao Vesuvio. En 1679 marchou a `Constantinopla, entón Istambul, capital do Imperio Otomán, onde permaneceu durante aproximadamente un ano. O resultado da viaxe de volta, pola península dos Balcáns, foron as súas Osservazioni intorno al Bosforo tracio o vero canale di Costantinopoli, obra punlicada en 1680.

Vida militar

[editar | editar a fonte]
Batalla de Mohács,
por Luigi Ferdinando Marsili

A partir de 1682 combateu como militar para a República de Venecia primeiro, alistándose despois no exército do emperador do Sacro Imperio Leopoldo I. Foi ferido e feito prisioneiro polos otománs nunha acción no río Raba (no sur de Polonia) e vendido como escravo a un paxá ao que acompañou á batalla de Viena.[2][3] Despois de pasar moitas penurias, foi redimido en 1684, volvendo á vida militar como enxeñeiro. A actividade de Marsili consistiu principalmente no estudo do deseño de fortificacións e outras obras de enxeñaría militar como estradas e pontes, no levantamento de planos topográficos e en instalacións loxísticas. Estas actividades militares permitíronlllle continuar os seus estudos: son moi importantes os que se derivan do seu coñecemento do Danubio, documentado polo monumental Danubius Pannonico-Mysicus (1726), que contén información sobre xeografía, etnoloxía, xeoloxía e hidroloxía da rexión. Como militar, Marsili estivo en Hungría, onde en 1686 participou no asedio e a conquista de Buda. Máis tarde, foi testemuña da captura de Smederevo e da batalla de Vidin. Desempeñou un papel importante nas negociacións de paz co Imperio Otomán en 1691, e posteriormente nas que levaron á paz de Carlowitz en 1699; entre outras cousas, foi el quen dirixiu a comisión de demarcación en nome do Imperio austríaco para establecer as fronteiras co Imperio Otomán.

A carreira de Marsili, que entrementres acadara o rango de coronel e fora ferido durante o asedio de Belgrado (1688), foi bruscamente interrompida durante a Guerra de Sucesión Española cando se lle mandou defender Breisach ás ordes do conde Giovanni Filippo d'Arco; despois da caída da fortaleza, foi xulgado xunto co seu comandante. Este último, declarado culpábel de capitular antes de que fose necesario, foi decapitado; Marsili foi degraodado e desposuído das súas propiedades (18 de febreiro de 1704). Despois foi rehabilitado moitos anos despois, pero nunca volveu á vida militar, agás nun breve intervalo.

Investigacións científicas na súa idade madura

[editar | editar a fonte]

Marsigli pasou os seus últimos anos en Boloña e presentou todo o material recollido no transcurso das súas investigacións ao Senado de Boloña en 1712 dando lugar ao Instituto das Ciencias (Istituto delle Scienze), probabelmente en 1715, que se incorporou a Academia dos Inquietos (Accademia degli Inquieti), fundada en 1691. Seis profesores foron nomeados para xestionar as distintas ramas do Instituto, que máis tarde foi equipado cunha imprenta capaz de imprimir documentos, tanto co alfabeto latino, como cos alfabetos grego, hebreo e árabe. A Academia estaba intimamente ligada ao Instituto. A doazón do riquísimo material acumulado durante as súas viaxes e investigacións deu vida ao primeiro núcleo do museo do Instituto, ao que se sumaron os museos Aldrovandi e Cospi. En Boloña tamén creou unha Cámara de xeografía e náutica (Camera di geografia e nautica).

Durante dous anos estivo en Francia, nas costas provenzais, e as observacións metódicas sobre os fenómenos do mar empregouna para a súa Histoire physique de la mer (1725), considerado como o primeiro tratado científico de hidrografía.

Durante unha estancia en Maderno, no lago de Garda (1725), fixo unha serie de observacións sistemáticas, compoñéndoas nunha pequena obra, Osservazioni fisiche sul lago di Garda, que é o primeiro traballo puramente científico sobre o lago, considerado o primeiro traballo científico de limnoloxía e hidrobioloxía.

Algunhas publicacións

[editar | editar a fonte]

A calidade da actividade científica de Luigi Ferdinando Marsili é moi alta, pero esqueceuse durante moito tempo. Foi avaliada de novo con motivo do segundo centenario da súa morte, celebrado con solemnidade en Boloña en 1930. Nesa ocasión, a Academia de Ciencias de Boloña publicou algúns escritos inéditos, incluíndo unha autobiografía,[4] e varias memorias.[5] O catálogo dos manuscritos de Marsili xa fora publicado en 1928 por Lodovico Frati.[6]

Armas dos Marsili

As súas principais obras son:

  • Bevanda asiatica. Trattello sul caffè. Ed. Salerno, Roma, 1998, ISBN 88-8402-236-3.
  • Osservazioni interne al Bosforo Tracio. Roma, 1681.
  • Histoire physique de la mer. Ámsterdam, 1725.
  • Danubius Pannonico-mysicus, observationibus geographicis, astronomicis, hydrographicis, historicis, physicis perlustratus... 6 vols. A Haia, 1726. Reed.: Vízügyi Múzeum, Budapest, 2004, ISBN 963-217-033-4.
  • L'État militaire de l'empire ottoman. Ámsterdam, 1732. red. ADEVA, Graz 1972, ISBN 3-201-00769-2.
  • Lettere. Liguori, Bologna 1978, ISBN 88-207-0731-4.
  • Ragguaglio della schiavitú. Salerno Edizione, Roma 1996, ISBN 88-8402-186-3.

Foi elixido membro da Academia de Ciencias de Francia, e da Royal Society (á que foi presentado por Isaac Newton).

En honra ao erudito, leva o seu nome o volcán submarino europeo máis impresionante, o Marsili, que se eleva nas profundidades do mar Tirreno.

Linneo honrouno co xénero Marsilea, o tipo da familia das marsileáceas.[7][8]

Abreviatura

[editar | editar a fonte]

A abreviatura L.Marsili emprégase para recoñecer a Luigi Ferdinando Marsigli como autoridade na descrición e taxonomía en botánica.[9]

  1. Relazione del ritrovamento dell'uova di chiocciole di Luigi Ferdinando Marsili in una lettera al signor Marcello Malpighi, Bologna: Herdeiros de Antonio Pisarri, 1683.
  2. Ragguaglio della schiavitù, di Luigi Ferdinando Marsili, a cura di Bruno Basile, Roma: Salerno, 1996, ISBN 88-840-2186-3
  3. La schiavitù del generale Marsigli sotto I Tartari e I Turchi da lui stesso narrata, a cura di Emilio Lovarini, Bologna: Nicola Zanichelli (Coop. Tip. Mareggiani), 1931.
  4. Autobiografia di Luigi Marsigli a cura del Comitato Marsiliano, Bologna: Zanichelli, 1930
  5. Reale Accademia delle scienze dell'Istituto di Bologna, Comitato ordinatore (a cura del), Celebrazioni di Luigi Ferdinando Marsili nel secondo centenario dalla morte: 29-30 novembre 1930: relazione delle cerimonie e discorsi, Bologna: Nicola Zanichelli, 1931.
  6. Lodovico Frati, Catalogo dei manoscritti di Luigi Ferdinando Marsili, conservati nella Biblioteca universitaria di Bologna, Firenze: Olschki, Tip. Giuntina, 1928.
  7. Carl von Linné: Critica Botanica. Leiden, 1737, p. 93.
  8. Carl von Linné: Genera Plantarum. Leiden, 1742, p. 508.
  9. L.Marsili – Luigi Marsili (1656-1730) no IPNI.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Amaldi, Maria Emilia ed. (1930): Transilvania attraverso i documenti del Conte Luigi Ferdinando Marsili, Roma: Istituto per l'Europa Orientale.
  • Gullino, G. e C. Preti, "MARSILI (Marsigli), Luigi Ferdinando". En: Dizionario Biografico degli Italiani, Vol. VII, Roma: Istituto dell'Enciclopedia Italiana, 2004 (ver en liña).
  • Frati, Lodovico (1904): Il viaggio da Venezia a Costantinopoli del conte Luigi Ferd. Marsili, 1679, Venezia: F. Visentini.
  • Ivanyi, Bela (1931):Luigi Ferdinando Marsili primo esploratore della grande pianura ungherese, Bologna: Nicola Zanichelli.
  • Longhena, Mario (1930): Il conte Luigi Ferdinando Marsili, un uomo d'arme e di scienza, Milano: Alpes.
  • Olmi, Giuseppe (2000): "L'illustrazione naturalistica nelle opere di Luigi Ferdinando Marsigli", en Natura-Cultura. L'interpretazione del mondo fisico nei testi e nelle immagini, G. Olmi, L. Tongiorgi Tomasi e A. Zanca, eds. Firenze: Olschki, pp. 255–303.
  • Sorbelli, Albano , ed. (1930): Lettera prefazione al catalogo dei manoscritti orientali di Luigi Ferdinando Marsili, Bologna: N. Zanichelli.
{{bottomLinkPreText}} {{bottomLinkText}}
Luigi Ferdinando Marsigli
Listen to this article

This browser is not supported by Wikiwand :(
Wikiwand requires a browser with modern capabilities in order to provide you with the best reading experience.
Please download and use one of the following browsers:

This article was just edited, click to reload
This article has been deleted on Wikipedia (Why?)

Back to homepage

Please click Add in the dialog above
Please click Allow in the top-left corner,
then click Install Now in the dialog
Please click Open in the download dialog,
then click Install
Please click the "Downloads" icon in the Safari toolbar, open the first download in the list,
then click Install
{{::$root.activation.text}}

Install Wikiwand

Install on Chrome Install on Firefox
Don't forget to rate us

Tell your friends about Wikiwand!

Gmail Facebook Twitter Link

Enjoying Wikiwand?

Tell your friends and spread the love:
Share on Gmail Share on Facebook Share on Twitter Share on Buffer

Our magic isn't perfect

You can help our automatic cover photo selection by reporting an unsuitable photo.

This photo is visually disturbing This photo is not a good choice

Thank you for helping!


Your input will affect cover photo selection, along with input from other users.

X

Get ready for Wikiwand 2.0 🎉! the new version arrives on September 1st! Don't want to wait?