For faster navigation, this Iframe is preloading the Wikiwand page for Biblioteca Nacional de Portugal.

Biblioteca Nacional de Portugal

Biblioteca Nacional de Portugal
Logo
Tipobiblioteca nacional e biblioteca pública
Data de fundación29 de febreiro de 1796
Fundador(es)María I de Portugal
Organización matrizGoverno da República Portuguesa e Ministério da Cultura
Organización subsidiariaBiblioteca Pública de Évora
SedeAlvalade, Lisboa
EnderezoCampo Grande 83, 1749-081 Lisboa
PaísPortugal
38°45′04″N 9°09′09″O / 38.75108, -9.152573
Na rede
http://www.bnportugal.gov.pt/
BNE: XX90542 Dialnet: 4446633
editar datos en Wikidata ]

A Biblioteca Nacional de Portugal é unha biblioteca localizada en Lisboa, Portugal, que reúne unha ampla colección de documentos e publicacións portugueses. Foi creada o 29 de febreiro de 1796, co nome de Real Biblioteca Pública da Corte, co obxectivo de poñer todos os fondos da Biblioteca Real á disposición de todos os usuarios o máis rapidamente posible, a diferenza da tendencia europea da época, que consistía en restrinxir a consulta os documentos tan só a un público selecto de eruditos. O edificio actual foi inaugurado en 1969, obra de Porfírio Pardal Monteiro. A Biblioteca Nacional de Portugal ten tamén a misión de reunir todas as obras publicadas no territorio portugués, mediante a política de depósito legal, ademais de adquirir obras consideradas especialmente importantes polo seu valor bibliográfico ou cultural.

A Biblioteca está a adaptar os seus fondos ás novas tecnoloxías, co obxectivo de ofrecer unha maior facilidade de acceso aos documentos a través de Internet. De feito, esta biblioteca atópase entre as entidades fundadoras de The European Library.

Colección

[editar | editar a fonte]

Publicacións periódicas

[editar | editar a fonte]

A Biblioteca alberga, ademais do seu catálogo de libros, máis de 50.000 títulos de xornais e outras publicacións periódicas, dos cales 12.000 son títulos portugueses actuais e 240 son estranxeiros tamén en publicación na actualidade. Aínda que a maior parte destes títulos pertencen aos séculos XIX, XX e XXI, tamén se conservan revistas e xornais do século XVII e XVIII, como a Gazeta da Restauração (1640), primeiro xornal portugués, ou a Gazeta de Lisboa (1715). O Açoriano Oriental(1835) e a Revista Militar (1848) son os títulos máis antigos aínda en curso. Entre a prensa estranxeira conservada na Biblioteca, destaca a producida no Brasil e en África (por exemplo, en Macau ou Goa).

A Biblioteca Nacional de Portugal está nestes momentos en proceso de microfilmación dun gran número de publicacións periódicas, especialmente as que proveñen dos séculos XIX e XX, entre as que se atopan O Português ou o Mercúrio Político, a Revolução de Setembro, a Ilustração Portuguesa, o Diário de Notícias, O Século e O Expresso.[1]

Manuscritos

[editar | editar a fonte]

A área de Manuscritos existe, con esta designación, desde 1980, integrada na Divisão de Serviços de Reservados, aínda que unha sección similar existía xa desde a fundación mesma da Biblioteca. Esta Área reúne actualmente seis colecciones de manuscritos, até alcanzar un número total de preto de 15.066 códices e preto de 36.000 manuscritos soltos que abarcan desde o século XII até o XX.

Coleccións patrimoniais e Arquivo

[editar | editar a fonte]

A área do Arquivo Histórico reúne fondos e coleccións constituídas por documentos de arquivo de distintas procedencias, entre o século XI e o XX. Predominan os arquivos persoais e de familia, aínda que tamén se conservan fondos da administración central e local, xudiciais, notariais, eclesiásticos etc. Estes fondos foron reunidos, en gran parte, como consecuencia da disolución das ordes relixiosas en Portugal en 1834, e das que seguiron á implantación da República, así como de compras e doazóns.

  1. Biblioteca Nacional de Portugal. "Biblioteca Nacional Digital" (en portugués). Consultado o 22 de novembro de 2012. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
{{bottomLinkPreText}} {{bottomLinkText}}
Biblioteca Nacional de Portugal
Listen to this article

This browser is not supported by Wikiwand :(
Wikiwand requires a browser with modern capabilities in order to provide you with the best reading experience.
Please download and use one of the following browsers:

This article was just edited, click to reload
This article has been deleted on Wikipedia (Why?)

Back to homepage

Please click Add in the dialog above
Please click Allow in the top-left corner,
then click Install Now in the dialog
Please click Open in the download dialog,
then click Install
Please click the "Downloads" icon in the Safari toolbar, open the first download in the list,
then click Install
{{::$root.activation.text}}

Install Wikiwand

Install on Chrome Install on Firefox
Don't forget to rate us

Tell your friends about Wikiwand!

Gmail Facebook Twitter Link

Enjoying Wikiwand?

Tell your friends and spread the love:
Share on Gmail Share on Facebook Share on Twitter Share on Buffer

Our magic isn't perfect

You can help our automatic cover photo selection by reporting an unsuitable photo.

This photo is visually disturbing This photo is not a good choice

Thank you for helping!


Your input will affect cover photo selection, along with input from other users.

X

Get ready for Wikiwand 2.0 🎉! the new version arrives on September 1st! Don't want to wait?