For faster navigation, this Iframe is preloading the Wikiwand page for Manuscrito.

Manuscrito

Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2016.)
Manuscrito: Fragmento do Papiro Ebers.
Produción de manuscritos medieval[1].

Un manuscrito (do latín «manu scriptum», que significa escrito á man) trátase dun documento que contén información escrita á man sobre un soporte flexíbel e manexábel (por exemplo: o papiro, o pergamiño ou o papel), con materias como a tinta dunha pluma, dun bolígrafo ou simplemente o grafito dun lapis. O manuscrito non ten que ser necesariamente antigo; unha carta é un exemplo de manuscrito moderno. Xeralmente, con ese nome faise referencia a escritos realizados pola man de escritores importantes en calquera campo do saber.

Denomínase inscrición ao texto que se grava en pedra, metal ou outro material duro.

A historia dos manuscritos é moi antiga sendo parte fundamental das grandes culturas. A súa misión era transmitir coñecementos, relatos ou crenzas aos seus coetáneos, ás seguintes xeracións ou a outras culturas. Os escribas do Antigo Exipto son un dos máis antigos creadores de manuscritos. O fragmento máis antigo de papiro descubriuse na tumba de Hemaka, alto oficial do faraón Den (c. 2914-2867 a. C.), na necrópole de Saqqara, aínda que non perduraron os posíbeis signos xeroglíficos escritos nel.

Fragmenta canonica, f. 15 v. (séculos VIII-IX). Códice 44 da Real Academia da Historia procedente do mosteiro de San Millán de la Cogolla. Letra visigótica. Pergamiño 28 x 21 cm. Na liña 17, miniado en vermello, comeza un íncipit que reza: «Incipiunt regule sibe definitiones exposite ab episcopis CL / qui in unum Constantinopolim uenerunt...» Na 20 unha N capitular, comezo de «Non spernendam esse fidem...»

Idade Media

[editar | editar a fonte]

Na época medieval, os monxes foron os maiores produtores e copistas de manuscritos (hoxe chamados códices) en Occidente, a maioría de temas relixiosos; eles traballaban no scriptorium. O mundo islámico deixounos innumerábeis manuscritos literarios, científicos e relixiosos.

Época Moderna

[editar | editar a fonte]

A mediados do século XV o invento da imprenta por Johannes Gutenberg fixo que os manuscritos non fosen a única forma de documento escrito, distinguíndose desde entón entre documentos e libros manuscritos e impresos. O termo manuscrito acabou designando tamén os testemuños autógrafos de autores importantes ou famosos.

Algúns estudos do século XIX, entre os que se atopan os escritos do Abade Flandrin e do seu discípulo Jean Hippolyte Michon, trataron de identificar a personalidade analizando o trazado dos caracteres manuscritos, nacendo desta forma a grafoloxía.

Época Contemporánea

[editar | editar a fonte]

Novos inventos, como as máquinas de escribir ou a impresión Offset, supuxeron un grande avance na reprodución de textos. Os teclados dixitais, vinculados á reprodución electrónica dos textos (en pantallas de computadoras, telefonía móbil, celulares etc.), deixaron o uso da escritura manuscrita só para tarefas escolares, persoais (anotacións) ou algunhas comunicacións privadas (cartas, postais), sendo a sinatura o último vestixio de devandita escritura manuscrita.

Presentación

[editar | editar a fonte]

Os manuscritos poden presentar diferentes formatos, sendo o máis simple unha folla ou lámina. Pode compoñerse de varias follas «cosidas», que se denomina libro ou códice. Na antigüidade utilizouse o rolo de papiro, formado por varias follas chamadas plagulae, pegadas entre si e enroladas sobre un cilindro de madeira ou óso. Tamén se utilizaron rolos de pergamiño, coas peles cosidas entre si, como os famosos Rolos do Mar Morto.

Os máis antigos son os manuscritos sobre papiro e pergamiño. Agás os manuscritos exipcios, ningún deles se remonta máis aló do século II. Os manuscritos sobre papel de algodón ou seda (charta bombycina) foron moi usados desde o século VIII ao XIV. Os que están sobre papel de fío datan como moito de principios do século XIII. Durante a Idade Media, escribíronse moitos libros sobre pergamiños arrincados de antigos manuscritos e rascados. Dáselles o nome de palimpsestos.

O uso desta forma antiga de transmisión da información deu lugar na actualidade a unha rama da arqueoloxía denominada paleografía, encargada de recoñecer a procedencia e o contido de certos manuscritos.

Caligrafía

[editar | editar a fonte]

A arte de escribir denomínase caligrafía e está intimamente relacionado cos manuscritos; é moi posíbel que a invención da imprenta fixese que algunhas destas grafías fosen desaparecendo debido ao seu desuso (é o caso do Sütterlin en Alemaña). Noutros idiomas a caligrafía converteuse nun elemento esencial da súa cultura; estes idiomas son:

  • a caligrafía árabe, que en lingua árabe, فن الخط fann al-jatt, significa «arte da liña».
  • a caligrafía chinesa, ou 書法 shūfǎ, na que os ideogramas poden ser trazados segundo cinco estilos históricos. Normalmente todos son realizados con pincel e tinta.
  • Ligados intrinsecamente á historia da escritura chinesa están a Caligrafía xaponesa e o Shodou, que se considera unha arte e unha disciplina moi difícil de perfeccionar, e ensínase como unha materia máis aos nenos xaponeses durante a súa educación elemental.

Bibliotecas

[editar | editar a fonte]

Os recintos acondicionados onde se conservan os manuscritos antigos adoitan ser as bibliotecas. As bibliotecas onde se atopan máis manuscritos son:

Reino Unido

[editar | editar a fonte]
  • Biblioteca Nacional de París.
  • Biblioteca de Múnic.
  • Biblioteca de Núremberg.
  • Biblioteca de Leipzig.
  • Biblioteca de Wittemberg.
  • Biblioteca de Breslau.
  • Biblioteca de Gotinga.
  • Biblioteca Estatal de Berlín.
  • Biblioteca de Wolfenbüttel.
  • Biblioteca Batthyaneum.

Outros países

[editar | editar a fonte]
  • Instituto Mashtóts de investigacións sobre os manuscritos antigos (Iereván, Armenia).
  • The European Library en A Haia.
  • Beinecke Rare Book Library pertencente á Universidade Yale (New Haven, Estados Unidos).

Antigas bibliotecas

[editar | editar a fonte]

Os manuscritos ilustrados

[editar | editar a fonte]

A arte de pintar miniaturas e de ilustrar os libros tivo un papel relevante no desenvolvemento das pinturas románica e gótica, así como noutras etapas da Historia da pintura.

Os grandes nomes da arte das miniaturas e os libros ilustrados están vinculados aos talleres de ilustradores franceses ou flamengos como Jean de Poucelle, Jaquemart de Hesdin, os irmáns Limbourg; ou a pintores toscanos como Simone Martín e outros. Durante a etapa da pintura gótica, os libros son obras que facilitan o intercambio cultural e consecuentemente a difusión das correntes artísticas polas Cortes e outros centros artísticos de toda Europa. Son xustamente destacados libros como o Breviario de Filipe o Fermoso, o Salterio de San Luís, o Salterio da Raíña Mary e o libro d'As moi Ricas Horas do Duque de Berry dos irmáns Limbourg.

  • Na Península Ibérica, os manuscritos ilustrados máis antigos datan do Século XI no primeiro Románico, son a Biblia de Ripoll procedente do Mosteiro de Ripoll e a Biblia de san Pedro de Rodas procedente do antigo Mosteiro de san Pedro de Rodas. Ambos mosteiros átópanse en Cataluña, pero os libros actualmente están na Biblioteca Vaticana, o primeiro, e na Biblioteca Nacional de Francia, o segundo.

Outros libros ilustrados procedentes dos antigos reinos da Península Ibérica son:

  • O Libro dos testamentos góticos da catedral de Oviedo, datado no Século XII, con extraordinarias miniaturas debuxadas a toda páxina, cunha completa gama de cores e abundantes engadidos de ouro e prata.
  • A colección de Códices das obras de Afonso X o Sabio, repletas de escenas narrativas sobre temas variados constitúen un valioso testemuño da súa época.

Manuscritos ilustres

[editar | editar a fonte]
  • Manuscritos do Mar Morto, tamén denominados Rolos de Qumrán (chamados así por acharse os primeiros rolos nunha gruta situada en Qumrán, na beira do Mar Morto). É unha colección de case 800 textos de orixe xudeu!xudía, escritos en hebreo e arameo.
  • Codex Alexandrinus, un manuscrito do século V da Biblia Grega que contén a maior parte da Septuaginta e do Novo Testamento.
  • Codex Gigas, tamén denominado A Biblia do Diaño, corresponde a un manuscrito elaborado no século XII e considerado nesa época como a «oitava marabilla do mundo», debido ao seu impresionante tamaño (92 x 50,5 x 22 cm), con 624 páxinas, e 75 kg de peso.
  • Manuscrito de Kesos, o primeiro escrito en lingua romance do Reino de León, en 959.
  • Os Evanxeos de Lindisfarne, un manuscrito en latín con abundantes miniaturas que contén os evanxeos de Mateo, Marcos, Lucas e Xoán.
  • Codex Aureus de Lorsch, tamén coñecido como o Lorsch Gospels, escrito entre 778 e 820 durante o reinado de Carlomagno. Estivo localizado por primeira vez na Abadía de Lorsch en Alemaña; denominado no catálogo da abadía Evangelium scriptum cum auro pictum habens tabulas eburneas. Foi compilado en 830 baixo o abade Adelung. Foi chamado o Codex Aureus Laurensius, polas letras de ouro do manuscrito e a súa localización en Lorsch.
  • Manuscrito Voynich, un libro manuscrito ilustrado de contido descoñecido, escrito hai ao redor de 500 anos por un autor anónimo nun alfabeto non identificado e un idioma incomprensíbel.
  • Beato de Liébana: un manuscrito miniado elaborado por un monxe que viviu no mosteiro de Liebana. Alí foi onde escribiu os Comentarios á Apocalipse de San Xoán, no ano 776. Dez anos despois, en 786, redactou a versión definitiva.

Libros de Horas

[editar | editar a fonte]
  • As moi Ricas Horas do Duque de Berry, un manuscrito con amplas ilustracións, que contén pregarias para ser recitadas polos fieis laicos en cada unha das horas canónicas do día.
  1. Buringh, Eltjo; van Zanden, Jan Luiten (2009). "Charting the “Rise of the West”: Manuscripts and Printed Books in Europe, A Long-Term Perspective from the Sixth through Eighteenth Centuries". The Journal of Economic History (en inglés) 69 (2): 409–445 (416, table 1). 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
{{bottomLinkPreText}} {{bottomLinkText}}
Manuscrito
Listen to this article

This browser is not supported by Wikiwand :(
Wikiwand requires a browser with modern capabilities in order to provide you with the best reading experience.
Please download and use one of the following browsers:

This article was just edited, click to reload
This article has been deleted on Wikipedia (Why?)

Back to homepage

Please click Add in the dialog above
Please click Allow in the top-left corner,
then click Install Now in the dialog
Please click Open in the download dialog,
then click Install
Please click the "Downloads" icon in the Safari toolbar, open the first download in the list,
then click Install
{{::$root.activation.text}}

Install Wikiwand

Install on Chrome Install on Firefox
Don't forget to rate us

Tell your friends about Wikiwand!

Gmail Facebook Twitter Link

Enjoying Wikiwand?

Tell your friends and spread the love:
Share on Gmail Share on Facebook Share on Twitter Share on Buffer

Our magic isn't perfect

You can help our automatic cover photo selection by reporting an unsuitable photo.

This photo is visually disturbing This photo is not a good choice

Thank you for helping!


Your input will affect cover photo selection, along with input from other users.

X

Get ready for Wikiwand 2.0 🎉! the new version arrives on September 1st! Don't want to wait?