Enciclopedia Treccani
![](https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/4/42/Enciclopedia_italiana.jpg/220px-Enciclopedia_italiana.jpg)
A Enciclopedia Italiana di Scienze, Lettere ed Arti (do italiano "Enciclopedia italiana de Ciencias, Letras e Artes"), máis coñecida como Treccani polo seu desenvolvedor Giovanni Treccani, ou Enciclopedia Italiana, é unha enciclopedia en lingua italiana. A publicación Encyclopaedias: Their History Throughout The Ages, considéraa unha das meirandes enciclopedias, xunto coa Encyclopædia Britannica Undécima Edición e a Enciclopedia universal ilustrada europeo-americana.
Historia
A primeira edición foi publicada entre 1929 e 1936.[1] En total, 35 volumes foron publicados, máis un volume de índice. O conxunto contivo 60.000 artigos e 50 millóns de palabras.[2] Cada volume ten arredor de 1.015 páxinas, e 37 volumes suplementarios foron publicados entre 1938 e 2015. O director foi Giovanni Gentile e o redactor en xefe Antonino Pagliaro.
Notas
- ↑ "Enciclopedia italiana di scienze, lettere ed arti."
- ↑ Treccani Degli Alfieri, Giovanni.
Véxase tamén
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Enciclopedia Treccani ![]() |
Ligazóns externas
Text is available under the CC BY-SA 4.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.