Lingua polisintética
En tipoloxía lingüística, parte da lingüística, e segundo criterios morfolóxicos, unha lingua polisintética é unha lingua na que unha palabra pode estar formada por unha serie de lexemas e morfemas ata tal punto elevada que equivale ao que noutras moitas linguas se enunciaría por medio dun enunciado.
Exemplos de linguas deste tipo son o inuit e as linguas paleosiberianas.
As linguas polisintéticas opóñense tradicionalmente ás aglutinantes, ás flexivas e ás illantes.
Text is available under the CC BY-SA 4.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.