For faster navigation, this Iframe is preloading the Wikiwand page for Helena González Fernández.

Helena González Fernández

Infotaula de personaHelena González Fernández
Biografía
Nacemento11 de marzo de 1967 Editar o valor en Wikidata (57 anos)
Santo André de Comesaña, España Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela
Universidade de Barcelona Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónprofesora universitaria Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Barcelona (2016–)
Universidade de Barcelona, profesor titular (2001–)
Universidade de Barcelona Editar o valor en Wikidata
Membro de
LinguaLingua galega e lingua castelá Editar o valor en Wikidata

BNE: XX923223 Bitraga: 1512 AELG: 313 Dialnet: 333458


Helena González Fernández, nada en Santo André de Comesaña (Vigo), o 11 de marzo de 1967, é unha profesora e investigadora galega.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Licenciada en Filoloxía Galega na USC, traballou no servizo de normalización lingüística da USC e como profesora de lingua e literatura galega en Pontevedra[1]. Despois foi profesora titular de Estudos Galegos e Portugueses e impartiu docencia sobre literatura galega, literatura brasileira e estudos de xénero[2] na Universidade de Barcelona. Desde 2016 foi directora de ADHUC-Centre de Recerca Teoria, Gènere, Sexualitat (antes Centre Dona i Literatura) na Universidade de Barcelona.[3] Dirixiu as revistas científicas Abriu: estudos de textualidade do Brasil, Galicia e Portugal. Coordinou, con Mariám Mariño, a hemeroteca dixital A Saia. Publicacións periódicas feministas,[4] coeditada polo Consello da Cultura Galega e ADHUC. Está adscrita á Càtedra UNESCO Mulleres, desenvolvemento e culturas: investigadora (desde 2003).

Doutorouse no ano 1999 na Universidade de Barcelona[5] coa tese Mulleres atravesadas por unha patria. Poesía galega de mulleres entre 1975 e 1997. A súa investigación ocúpase da crítica literaria feminista, a cultura popular e a teoría das emocións. Publicou artigos e capítulos de libro sobre cultura galega (Rosalía de Castro, Manuel Antonio, Luís Seoane, Xohana Torres, María Mariño, Ana Romaní, Chus Pato, Margarita Ledo, Teresa Moure, María Reimóndez), autoras brasileiras (Carol Bensimon, Hilda Hilst), e as escritoras-testemuño da represión franquista e nazi (Mercedes Núñez, entre outras). Entre os seus traballos destacan Elas e o paraugas totalizador. Escritoras, xénero e nación (Xerais, 2005), a súa colaboración no libro Escrita e mulleres. Doce ensaios arredor de Virginia Woolf (Sotelo Blanco, 2003), coordinado por Belén Fortes, o Diccionario da Literatura Galega (4 vols., Galaxia, 1996-2002), dirixido por Dolores Vilavedra, e a edición dunha antoloxía trilingüe (galego-español-inglés) da poesía galega dos anos 90, A tribo das baleas (Xerais, 2001). Formou parte do consello editorial da colección Ablativo Absoluto, do consello de redacción do Anuario Grial de Estudos Literarios Galegos,[6] foi codirectora de Lectora. Revista de Dones i Textualitat, colaborou no Diario Cultural da Radio Galega e fixo crítica de poesía en diversas revistas, particularmente en Grial.[7]

Obra en galego

[editar | editar a fonte]

Obras colectivas e artigos[9]

[editar | editar a fonte]
  • Diccionario da literatura galega. I. Autores, Galaxia, 1995.
  • Diccionario da literatura galega. II. Publicacións periódicas, Galaxia, 1997.
  • Rías de tinta: literatura de mujeres en francés, gallego e italiano. Barcelona, Edicions de la Universitat de Barcelona, 1999.
  • Diccionario da literatura galega. III. Obras, Galaxia, 2000.
  • Profesor Basilio Losada: ensinar a pensar con liberdade e risco. Barcelona: Edicions de la Universitat, 2000. Coeditora.
  • "Galícia, o com subjectivar la diferència". Álvaro Cunqueiro e as amizades catalanas. Eds. Jordi Cerdà, Víctor Martínez-Gil e Rexina Vega. Sada: Ediciós do Castro, 2003. 107-132.
  • "Mulleres e ficción en Galicia ou a necesidade de superar os estados carenciais". Escrita e mulleres. Doce ensaios arredor de Virginia Woolf. Coord. Belén Fortes. Santiago de Compostela: Sotelo Blanco, 2003. 45-60.
  • "A intelectualidade galega en Cataluña como mediadora entre Salvador Espriu e Galicia: noticias e traducións". Si de nou voleu passar. I Simposi Internacional Salvador Espriu. Eds. Víctor Martínez-Gil i Laia Noguera. Barcelona: Abadía de Montserrat, 2005. 249-278.
  • "A poesía no sifate de 2004". Anuario de Estudos Literarios Galegos 2004 (2005): 152-159.
  • "Anatomía de 'tanta visibilidade' das mulleres na literatura". Madrygal. Revista de estudios gallegos 9 (2006): 69-72.
  • "Medea e Xasón baixo o signo de Sísifo. Roles de xénero e desexo desmesurado fronte a lei do pai". Palabra e acción. A obra de Manuel Lourenzo no sistema teatral galego. Edición de Roberto Pascual. Lugo: Tris Tram, 2006. 151-172.
  • "A poesía no sifate de 2005 e o limiar estético". Anuario de Estudos Literarios Galegos 2005 (2006): 174-180.
  • Do sentimento á conciencia de Galicia: correspondencia, 1961-1984, de Ramón Piñeiro e Basilio Losada. Vigo: Galaxia, 2009. Edición con María Xesús Lama.
  • "A comunidade sen heroes, ou cando a vindicación artella a nación", 2010. Festa da Palabra Silenciada, 26, 14-25. Ejemplar dedicado a: «Actualizar a Rosalía».

Traducións

[editar | editar a fonte]

Edicións.

[editar | editar a fonte]
  • De catro a catro, de Manuel Antonio (1998). Galaxia. ISBN 84-8288-203-1.
  • Upalás, antoloxía poética do Grupo Rompente (1998). Xerais. Con Iris Cochón.
  • A tribo das baleas. Poetas de arestora =Antología de la poesía gallega última= An Anthology of the Latest Galician Poetry. (2001).Xerais. ISBN 978-84-8302-602-1.
  • Edición e estudo introdutorio de Más allá del tiempo. O libro inédito de 1965, de María Mariño. Santiago de Compostela: Alvarellos, 2007.
  • Estudo introdutorio de Del desig / Do desejo, de Hilda Hilst. Barcelona: Prometeu,
  • Rosalía feminista (2019) Xerais. 168 páxs. ISBN 978-84-9121-476-2. ePub: ISBN 978-84-9121-478-6.[10]

Obra en castelán

[editar | editar a fonte]

Obras colectivas e artigos

[editar | editar a fonte]
  • "Los poetas y las poéticas desde la posguerra hasta hoy: «¡Yo tambien navegar!»", pp. 196-218 en Breve historia feminista de la literatura española (en lengua catalana, gallega y vasca), vol. VI, 2000.
  • "Ulises, Hamlet, Lear y Dracull, entre otros bocetos". Hombres escritos por mujeres. Eds. Àngels Carabí i Marta Segarra. Barcelona: Icaria, col. Mujeres y Culturas, 2003. 155-172.
  • "Poeróticas femeninas o el regreso a lo natural, lo rural y lo salvaje de Olga Novo ". Los hábitos del deseo. Formas de amar en la modernidad. Eds. Carme Riera, Meri Torras, Isabel Clúa, Pau Pitarch. València: ExCultura, 2005. 347-351.
  • "Especulaciones sobre el deseo: cuerpos venéreos, disconformes y fragmentados". Políticas del deseo. Literatura y cine. Ed. Marta Segarra. Barcelona: Icaria, col. Mujeres y Culturas, 2007. 169-189.
  • Palabras extremas: escritoras gallegas e irlandesas de hoy. Oleiros: Netbiblo, 2008. Con Manuela Palacios.
  1. "Helena González". Editorial Galaxia. Arquivado dende o orixinal o 17 de febreiro de 2019. Consultado o 2019-02-17. 
  2. "Estudis Gallecs i Portuguesos, UB. Profesorado". www.ub.edu (en catalán). Arquivado dende o orixinal o 17 de febreiro de 2019. Consultado o 2019-02-17. 
  3. "Equip actual. ADHUC". www.ub.edu (en catalán). Consultado o 2019-02-17. 
  4. "Helena González Fernández. ADHUC". www.ub.edu. Consultado o 2019-02-17. 
  5. "Helena González Fernández". www.aelg.gal. Consultado o 2019-02-17. 
  6. "Anuario de estudos literarios galegos". Dialnet (en castelán). Consultado o 2019-02-17. 
  7. "Grial: revista galega de cultura". Dialnet (en castelán). Consultado o 2019-02-17. 
  8. Fernández, Helena González (1999). "Mulleres atravesadas por una patria. Poesia galega de muller entre 1975 e 1997" (en castelán). Universitat de Barcelona. 
  9. "Helena González Fernández". Dialnet (en castelán). Consultado o 2019-02-17. 
  10. "Ficha de libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-02-17. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
{{bottomLinkPreText}} {{bottomLinkText}}
Helena González Fernández
Listen to this article

This browser is not supported by Wikiwand :(
Wikiwand requires a browser with modern capabilities in order to provide you with the best reading experience.
Please download and use one of the following browsers:

This article was just edited, click to reload
This article has been deleted on Wikipedia (Why?)

Back to homepage

Please click Add in the dialog above
Please click Allow in the top-left corner,
then click Install Now in the dialog
Please click Open in the download dialog,
then click Install
Please click the "Downloads" icon in the Safari toolbar, open the first download in the list,
then click Install
{{::$root.activation.text}}

Install Wikiwand

Install on Chrome Install on Firefox
Don't forget to rate us

Tell your friends about Wikiwand!

Gmail Facebook Twitter Link

Enjoying Wikiwand?

Tell your friends and spread the love:
Share on Gmail Share on Facebook Share on Twitter Share on Buffer

Our magic isn't perfect

You can help our automatic cover photo selection by reporting an unsuitable photo.

This photo is visually disturbing This photo is not a good choice

Thank you for helping!


Your input will affect cover photo selection, along with input from other users.

X

Get ready for Wikiwand 2.0 🎉! the new version arrives on September 1st! Don't want to wait?