For faster navigation, this Iframe is preloading the Wikiwand page for Roberto Pascual.

Roberto Pascual

Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente.
Infotaula de personaRoberto Pascual

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento20 de setembro de 1981 Editar o valor en Wikidata (42 anos)
O Carballiño, España Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , dramaturgo , catedrático Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor en Wikidata

Twitter: pascualroberto Instagram: roberto.pascual.rodriguez BNE: XX4610146 AELG: 326 Dialnet: 1782564 Editar o valor en Wikidata

Roberto Pascual Rodríguez, nado no Carballiño o 20 de setembro de 1981, é un dramaturgo, profesor, investigador teatral e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Papeleta das Eleccións ao Parlamento Europeo de 2024.

Doutor en Estudos da Literatura e da Cultura. Licenciado en Filoloxía Galega e posgraduado en Arte Dramática pola Universidade de Santiago de Compostela. Diploma de Estudos Avanzados en Teoría da Literatura e Literatura Comparada, cunha investigación sobre o teatro galego.[1] Tamén realizou estudos de Teleperiodismo no IORTVE.

Foi actor na Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela, onde traballou en cinco espectáculos dirixidos por Roberto Salgueiro. Publicou en revistas como Tempos Novos, Grial, Primer Acto, Anuario Grial de Estudos Literarios Galegos, Artez, Escaramuza etc. Forma parte do consello de redacción de Madrygal. Revista de estudios gallegos, da Universidade Complutense de Madrid, e mais da Revista Galega de Teatro. Dirixe a colección Abrente de Teatro na editorial Difusora.[2]

Foi profesor colaborador de lingua, literatura e cultura galegas na Universidade Complutense de Madrid, e profesor de galego no Espacio de las Lenguas Ibéricas y Prehispánicas do Instituto Cervantes. Tamén profesor e xefe de estudos da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.[2][3]

En 2009, foi nomeado director da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia onde recibiu premios como o Premio da Cultura Xunta de Galicia na Modalidade de Artes Escénicas 2013, Premio Bianual FEGATEA (Federación Galega de Teatro Afeccionado) 2014, Premio Rosa María Cano á Xestión Cultural Vinculada ás Artes Escénicas da Feira de Teatro de Castela e León 2017.[2] En 2024 deixou a dirección da Mostra.[4]

Membro da Asociación de Escritores en Lingua Galega e da Asociación de Directores de Escena de España. Participou en multitude de congresos, foi xurado de premios teatrais e Membro da Comisión redactora do informe 'As artes escénicas en Galicia: situación e perspectivas', Consello da Cultura Galega, 2013.[1]

Traballa como divulgador cultural nos programas ZigZag da Televisión de Galicia e Diario Cultural da Radio Galega,[3] ademais doutros medios dixitais.

Formou parte de diversas comisións e asesorías institucionais, como pode ser o Consello Artístico de Teatro do INAEM ou o Consello Estatal de Artes Escénicas e Musicais do Ministerio de Cultura e Deporte. Tamén como asesor de Artes Escénicas para o Cabildo de Tenerife, membro de comisións artísticas do Centro Conde Duque de Madrid, Fundación SGAE ou consultor e colaborador en informes e Comisións para o Consello da Cultura Galega.

Distincións

[editar | editar a fonte]

Recibiu o Premio Arenteira de Cultura 2017 na súa terra natal, O Carballiño e en 2021 obtivo o Premio Rafael Dieste, que convoca a Deputación Provincial da Coruña pola obra Sophie non é o meu nome de guerra.

Roberto Pascual (esquerda), Avelino González (centro) e Santi Prego na gala de entrega dos Premios María Casares do 2014.

Obras colectivas

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 "Roberto Pascual Rodríguez Galegos Gallegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2022-08-08. 
  2. 2,0 2,1 2,2 León, Junta de Castilla y. "Roberto Pascual Rodríguez - Muestra Internacional de Teatro de Ribadavia". cultura.jcyl.es (en castelán). Consultado o 2022-08-08. 
  3. 3,0 3,1 Guerrero Alfaro, Sara (26 de xullo de 2019). "Roberto Pascual: "Non mudaremos o mundo cun festival, pero podemos incidir en certas dinámicas e crear titulares incómodos para os grupos de poder”". elsaltodiario.com (en castelán). Consultado o 4 de decembro de 2023. 
  4. Diario, Nós (2024-07-28). "Roberto Pascual deixa a Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia no mellor momento do festival en décadas". Nós Diario. Consultado o 2024-07-30. 
  5. "Roberto Vidal Bolao e os oficios do teatro Edicións Xerais de Galicia LG3 O soportal da Literatura Galega". culturagalega.org (en castelán). Consultado o 2022-08-08. 
  6. Domínguez Dapena, Cristina (abril, maio, xuño 2022). "A viaxe de Shopie". Grial LX (234): 101–102. ISSN 0017-4181. 
  7. Roldán, Candela F. (18 de abril de 2023). "Roberto Pascual, dramaturgo: «Hai que deixar de dulcificar a prostitución e falar da realidade que temos no portal do lado»". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 4 de decembro de 2023. 
{{bottomLinkPreText}} {{bottomLinkText}}
Roberto Pascual
Listen to this article

This browser is not supported by Wikiwand :(
Wikiwand requires a browser with modern capabilities in order to provide you with the best reading experience.
Please download and use one of the following browsers:

This article was just edited, click to reload
This article has been deleted on Wikipedia (Why?)

Back to homepage

Please click Add in the dialog above
Please click Allow in the top-left corner,
then click Install Now in the dialog
Please click Open in the download dialog,
then click Install
Please click the "Downloads" icon in the Safari toolbar, open the first download in the list,
then click Install
{{::$root.activation.text}}

Install Wikiwand

Install on Chrome Install on Firefox
Don't forget to rate us

Tell your friends about Wikiwand!

Gmail Facebook Twitter Link

Enjoying Wikiwand?

Tell your friends and spread the love:
Share on Gmail Share on Facebook Share on Twitter Share on Buffer

Our magic isn't perfect

You can help our automatic cover photo selection by reporting an unsuitable photo.

This photo is visually disturbing This photo is not a good choice

Thank you for helping!


Your input will affect cover photo selection, along with input from other users.

X

Get ready for Wikiwand 2.0 🎉! the new version arrives on September 1st! Don't want to wait?