For faster navigation, this Iframe is preloading the Wikiwand page for Glasgow.

Glasgow

Modelo:Xeografía políticaGlasgow
Glaschu (gd) Editar o valor em Wikidata
Vista nocturna
Vista aérea
Fotomontaxe
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 55°51′40″N 4°15′00″O / 55.8611, -4.25Coordenadas: 55°51′40″N 4°15′00″O / 55.8611, -4.25
EstadoReino Unido
PaísEscocia
ConcelloGlasgow City (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación626.410 (2018) Editar o valor em Wikidata (189,94 hab./km²)
Lingua usadaLingua gaélica escocesa
lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie3.298 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porRío Clyde e River Kelvin (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Santo padrónSaint Mungo Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoPhilip Braat (pt) Traducir (2019–) Editar o valor em Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Código postalG1-G80 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico141 Editar o valor em Wikidata
ISO 3166-2GB-GLG Editar o valor em Wikidata
Código NUTSUKM34 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con
Cidade de México
Barga
Núremberg (1985–)
Rostov do Don (1986–)
Dalian (1987–)
A Habana (2002–)
Turín (2003–)
Marsella (2006–)
Lahore (2006–)
Belén (2007–) Editar o valor em Wikidata

Páxina webglasgow.gov.uk Editar o valor em Wikidata

Glasgow (pronunciado [ˈɡlɑːzɡoʊ] en inglés, en gaélico escocés Glaschu, pronunciado [ˈɡ̊ɫ̪as̪əxu], ou Glesca/Glesga en escocés) é unha cidade de Escocia. Os seus 688.420 habitantes convértena na primeira cidade escocesa e a terceira de Gran Bretaña. Está situada na beira do Río Clyde nos Lowlands Escoceses. A xente de Glasgow é coñecida como glaswegians. Glaswegian tamén é o nome do dialecto local do escocés.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Glasgow está situada nas ribeiras do río Clyde, no centro-oeste de Escocia.

Malia estar a unha latitude semellante á de Moscova, o clima de Glasgow é máis suave do que cabería agardar, grazas á influencia que sobre el exerce a cálida Corrente do Golfo. Correspóndelle, pois, un clima de tipo oceánico, clasificado Cfb segundo a clasificación climática de Köppen. As medias do período comprendido entre os anos 1971 e 2000 representánse na seguinte táboa:

1971-2000 xan feb mar abr mai xuñ xul ago set out nov dec
Temperatura
máxima media (°C)
6,4 7,0 9,1 12,1 15,6 17,8 19,6 19,1 16,1 12,6 9,0 7,0
Temperatura
máxima mínima (°C)
1,6 1,7 2,9 4,4 7,0 9,7 11,8 11,5 9,4 6,7 3,6 2,2
Precipitacións (l/m2) 142 99 110 60 63 63 68 84 116 132 131 138
Artigo principal: Historia de Glasgow.
Rúa Buchanan.

A cidade medrou a partir dun arcebispado medieval e do posterior establecemento da Universidade de Glasgow no século XV, chegando a ser o maior centro da Ilustración escocesa no século XVIII. A partir deste século constituíuse coma un dos maiores centros de comercio transatlántico coas colonias británicas americanas. Coa chegada da Revolución Industrial a cidade e a súa área de influencia convertéronse nun dos principais núcleos mundiais de industria pesada, especialmente construción naval. Na época vitoriana e na do rei Eduardo VII era coñecida como a segunda cidade do Imperio Británico. A finais do século XIX e comezos do século XX a cidade creceu enormemente chegando ó millón de habitantes e situándose como a cuarta cidade europea tras Londres, París e Berlín. Na década dos 60 do século XX a recolocación dos seus habitantes en novas cidades e suburbios periféricos reduciron a poboación aos 688.420 habitantes actuais no seu centro e 1 749 154 na área metropolitana.

Na actualidade, a cidade é un dos 16 maiores centros financeiros de Europa e o fogar da maioría das grandes compañías de Escocia. Despois de Edimburgo, Glasgow é o segundo maior destino turístico de Escocia.

Lugares de interese

[editar | editar a fonte]
Catedral de Glasgow
  • Catedral de Glasgow. Tamén coñecida como a Catedral de San Mungo, pertence á Igrexa Presbiteriana escocesa, a Igrexa de Escocia. Segundo a lenda, sitúase no lugar onde o santo patrono de Glasgow, San Mungo, ergueu unha igrexa no século VI, establecendo así o nacemento da actual cidade. A súa tumba sitúase na propia catedral. Foi consagrada no 1136. Esta primitiva catedral foi destruída ao pouco tempo polo lume, construíndose outra nova no 1197, que foi reformada sucesivamente nos séculos posteriores. A úlitma reforma significativa data de mediados do século XIX.[1]
  • Universidade de Glasgow. Fundada en 1451, é a cuarta universidade máis antiga do mundo anglosaxón. Entre a súa nómina de estudantes e docentes salientan algunhas figuras intelectuais coma o físico Lord Kelvin, o economista Adam Smith ou o inventor James Watt.
  • Museo Kelvingrove. É o museo e galería de arte máis importante de Escocia, tratándose do museo non londiniense máis visitado de todo o Reino Unido. Na súa colección, de máis de 8.000 pezas, inclúense tanto obras de arte coma fósiles e pezas arqueolóxicas, salientando a Anunciación de Sandro Botticelli e o Cristo de San Xoán da Cruz de Salvador Dalí, ademais de obras do impresionismo francés e do Renacemento alemán.

Educación

[editar | editar a fonte]

En Glasgow están presentes catro universidades:

Medios de Transporte

[editar | editar a fonte]

Transporte Público

[editar | editar a fonte]

O metro de Glasgow (Glasgow Subway) posúe unha única liña que data do ano 1896, sendo así o terceiro metro máis vello do mundo tras o de Londres e Budapest . Esta liña, que é circular, atravesa o río e une o West End co centro da cidade. Na actualidade, o metro é administrado pola Strathclyde Partnership for Transport (SPT).

Autobuses

[editar | editar a fonte]

O servizo de autobuses urbanos da cidade é dado por diversas empresas privadas. A principal estación de autobuses é a Buchanan Bus Station.

Autoestradas

[editar | editar a fonte]

Por Glasgow pasan varias autoestradas, entre as que destacan a M8, que conectan as dúas cidades máis importantes do país: Glasgow e Edimburgo e a M80, que une as cidades de Glasgow e Stirling.

Ferrocarril

[editar | editar a fonte]

Na cidade de Glasgow hai dúas estacións de ferrocarrís principais:

  • Estación Central de Glasgow: atópase na beira do río Clyde nun edificio que data do ano 1879. De aquí parten os trens con dirección sur, tanto os que viaxan a destinos escoceses como os que chegan a cidades inglesas como Birmingham ou Londres.
  • Estación da Queen Street: desta estación atópanse os servizos con destino Edimburgo e todos aqueles cara ao norte de Escocia.

Transporte aéreo

[editar | editar a fonte]

A cidade está servida por dous aeroportos:

  • Aeroporto Internacional de Glasgow: atópase na localidade de Paisley, a 11 quilómetros do centro da cidade.
  • Aeroporto Internacional de Prestwick: atópase a uns 50 quilómetros de Glasgow. É destino de compañías aéreas de baixo custo. Conta cunha estación de ferrocarril.

Cidades irmandadas

[editar | editar a fonte]
Nas últimas décadas a cidade de Glasgow cambiou radicalmente a súa faciana nas beiras do río Clyde

Glasgow está irmandada coas seguintes cidades:

Predecesor:
Francia París

Capital Europea da cultura

1990
Sucesor:
Dublín
  1. "Páxina web da Catedral de Glasgow". Arquivado dende o orixinal o 05 de xaneiro de 2012. Consultado o 10 de decembro de 2010. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
{{bottomLinkPreText}} {{bottomLinkText}}
Glasgow
Listen to this article

This browser is not supported by Wikiwand :(
Wikiwand requires a browser with modern capabilities in order to provide you with the best reading experience.
Please download and use one of the following browsers:

This article was just edited, click to reload
This article has been deleted on Wikipedia (Why?)

Back to homepage

Please click Add in the dialog above
Please click Allow in the top-left corner,
then click Install Now in the dialog
Please click Open in the download dialog,
then click Install
Please click the "Downloads" icon in the Safari toolbar, open the first download in the list,
then click Install
{{::$root.activation.text}}

Install Wikiwand

Install on Chrome Install on Firefox
Don't forget to rate us

Tell your friends about Wikiwand!

Gmail Facebook Twitter Link

Enjoying Wikiwand?

Tell your friends and spread the love:
Share on Gmail Share on Facebook Share on Twitter Share on Buffer

Our magic isn't perfect

You can help our automatic cover photo selection by reporting an unsuitable photo.

This photo is visually disturbing This photo is not a good choice

Thank you for helping!


Your input will affect cover photo selection, along with input from other users.

X

Get ready for Wikiwand 2.0 🎉! the new version arrives on September 1st! Don't want to wait?