For faster navigation, this Iframe is preloading the Wikiwand page for Franz Bopp.

Franz Bopp

Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2017.)
Infotaula de personaFranz Bopp

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento14 de setembro de 1791 Editar o valor em Wikidata
Maguncia Editar o valor em Wikidata
Morte23 de outubro de 1867 Editar o valor em Wikidata (76 anos)
Berlín Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaDreifaltigkeitskirchhof II (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Prusia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoLingua sánscrita, Indoeuropeística e lingüística Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónlingüista , profesor universitario , pedagogo , historiador da lingua Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Humboldt de Berlín Editar o valor em Wikidata
Membro de
ProfesoresKarl Joseph Hieronymus Windischmann (pt) Traducir e Joseph Merkel (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
AlumnosLeo Meyer (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua latina, lingua alemá e Lingua sánscrita Editar o valor em Wikidata
Premios

BNE: XX1565580
Franz Bopp

Franz Bopp, nado en Maguncia o 14 de setembro de 1791 e finado o 23 de outubro de 1867, foi un filólogo e lingüista alemán.

A obra de Bopp

[editar | editar a fonte]

Foi Franz Bopp quen, polos seus traballos sobre o indoeuropeo, xustificou a lingüística comparada e quen fundou, por medio do ensino e polas súas publicacións, unha nova disciplina científica: a gramática comparada. Franz Bopp ademais probou a pertenza das linguas célticas ao indoeuropeo. Houbo que agardar aos primeiros anos do século XIX para que alemáns como Franz Bopp ou os irmáns Jacob e Wilhelm Grimm, e paralelamente, unha figura máis illada e menos coñecida, o danés Rasmus Rask, abordasen un dominio até entón case inexplorado, que aproveitan os datos que ofrecen ao observador atento as semellanzas entre as linguas denominadas clásicas (grego, latín), as linguas xermánicas, as linguas eslavas, o persa e, sobre todo, o idioma antigo da India, o sánscrito, cuxo coñecemento agora se difunde. A este conxunto engádenselle, progresivamente, as linguas célticas, as linguas bálticas, o armenio e o albanés, e logo, son coñecidas, xa no século XX, o hitita e o tocario.

Bopp foi autor dunha obra titánica, plena dun saber que pasma á maioría da xente común: a súa "Gramática comparada das linguas indoeuropeas que comprende o sánscrito, o zendo, o armenio, o grego, o latín, o lituano, o antigo eslavo, o gótico e o alemán" (1833-1849).

Rexeitou a idea de que todas as linguas procedesen do sánscrito, pensando máis ben nunha lingua común máis antiga. Prescindiu do misticismo nacionalista que pexaba en ocasións a investigación filolóxica alemá, estudando de forma moderna as linguas, por si mesmas, como obxecto e como medio de coñecemento. Por outra banda, Bopp, xuntamente con Schlegel, é autor do concepto moderno de flexión.

Entre 1821 e 1864, Franz Bopp foi profesor en Berlín de sánscrito, de literatura oriental e de lingüística xeral. Era membro correspondente do Instituto de Francia en Berlín.

Publicacións principais

[editar | editar a fonte]
  • Über das Conjugationssystem der Sanskritsprache in Vergleichung mit jenem der griechischen, lateinischen, persischen und germanischen Sprachen, Frankfurt am Main, 1816.
  • Vergleichende Grammatik des Sanskrit, Zend, Griechischen, Lateinischen, Litauischen, Gotischen und Deutschen (Gramática comparada das linguas sánscrita, zenda, grega, latina, lituana, eslava, gótica e alemá), Berlín, (1833-1849).
  • Grammaticocritica linguae sanscriticae, 1829.
  • Über die keltischen Sprachen, Berlin, 1839.
  • Glossarium sanscritum, 1840.
  • Über die Verwandtschaft der malaiisch-polynesischen Sprachen mit dem Indogermanischen, Berlín, 1841.
  • Über die kaukasischen Glieder des indo-europäischen Sprachstammes, Berlín 1847
  • Über die Sprache der alten Preußen, Berlín, 1853.
  • Vergleichendes Accentuationssystem, Berlín, 1854.
  • Über das Albanesische in seinen verwandtschaftlichen Beziehungen, Berlín, 1855.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
{{bottomLinkPreText}} {{bottomLinkText}}
Franz Bopp
Listen to this article

This browser is not supported by Wikiwand :(
Wikiwand requires a browser with modern capabilities in order to provide you with the best reading experience.
Please download and use one of the following browsers:

This article was just edited, click to reload
This article has been deleted on Wikipedia (Why?)

Back to homepage

Please click Add in the dialog above
Please click Allow in the top-left corner,
then click Install Now in the dialog
Please click Open in the download dialog,
then click Install
Please click the "Downloads" icon in the Safari toolbar, open the first download in the list,
then click Install
{{::$root.activation.text}}

Install Wikiwand

Install on Chrome Install on Firefox
Don't forget to rate us

Tell your friends about Wikiwand!

Gmail Facebook Twitter Link

Enjoying Wikiwand?

Tell your friends and spread the love:
Share on Gmail Share on Facebook Share on Twitter Share on Buffer

Our magic isn't perfect

You can help our automatic cover photo selection by reporting an unsuitable photo.

This photo is visually disturbing This photo is not a good choice

Thank you for helping!


Your input will affect cover photo selection, along with input from other users.

X

Get ready for Wikiwand 2.0 🎉! the new version arrives on September 1st! Don't want to wait?