For faster navigation, this Iframe is preloading the Wikiwand page for Laranxeira amarga.

Laranxeira amarga

Laranxeira amarga
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Geraniales
Familia: Rutaceae
Subfamilia: Citroideae
Tribo: Citreae
Xénero: Citrus
Especie: ''C. × aurantium''''
Nome binomial
'Citrus × aurantium'
L.

A laranxeira amarga[1] ou laranxeira aceda (Citrus × aurantium), é unha árbore cítrica da familia das Rutáceas. É un híbrido entre Citrus maxima e Citrus reticulata.[2] Moitas variedades de laranxa amarga úsanse polo seu aceite esencial, para perfume e saborizante, ou como medicinais. Utilízase tamén coma portaenxertos doutras especies cítricas.

Follas
Flor de laranxeira
Froito
Follaxe con flor e froito

Descrición

[editar | editar a fonte]

É unha árbore perennifolio que acada unha altura de 7–8 m, espiños axilares e agudos. Follas de 50-115 x 30–55 mm, elípticas, cor verde escura brillante e recendentes, con pecíolo alado, ás obovadas. Flores bisexuais, en cimas axilares, brancas e moi recendentes (flor de laranxeira).[3] Pétalos carnosos e glandulares. Estames 20-24. Froito globoso, de 7 x 7,5 cm, aplanados na base e o ápice; Pela cando madura, glandular e áspera. Eixo oco. Polpa amargo-aceda.[4]

Variedades

[editar | editar a fonte]
  • Citrus aurantium subsp. amara é unha árbore perenne espiñenta do sueste do Vietnam, amplamente cultivado. É moi usado como padrón doutras especies de Citrus.o seu froito úsase para a elaboración de marmeladas, licores Triple sec e Curaçao. Destas laranxas, tamén se obtén por extracción óleo esencial, para aceite neroli. Das súas flores e por destilación obtense auga de flor de laranxeira un hidrosol.
  • Laranxeira de Sevilla (ou bigarade), da rexión mediterránea. Moi apreciada para marmelada, polo seu alto contido en pectina, dando mellor calidade e cantidade. Tamén en compotas, para saborizar con este licor o canard à l'orange (pato en mollo de laranxa).
  • Bergamota, C. aurantium subsp. bergamia cultivada en Italia para producir o aceite de bergamota, compoñente de moitas marcas de perfume e de .
  • C. aurantium var. myrtifolia, chamada laranxeira moura en España e chinotto, en Italia. É nativo da China.
  • Daidai, C. aurantium var. daidai, usado en medicina tradicional chinesa e na celebración do Aninvo xaponés.

Uso como portaenxerto

[editar | editar a fonte]

Citrus × aurantium é un dos padróns utilizados para especies cítricas de valor comercial. É resistente a calcaria, a condicións de asfixia radical e ás xeadas. Tamén ten unha resistencia media a condicións de salinidade no solo e á seca, isto último polo seu sistema radical profundo e medianamente ramificado.[5] En canto ás doenzas, a laranxeira amarga é tolerante a Phytophtora sp. e a Armillaria mellea, mais susceptíbel ao nematodo Tylenchulus semipenetrans.[6] É ademais tolerante a exocorte, ao virus da psoríase dos cítricos e ao viroide da cachexia-xiloporose dos cítricos, porén susceptíbel ao virus da tristeza dos cítricos.[6]

O tamaño da froita dos cultivares enxertados sobre laranxeira amarga é algo menor que sobre limoeiro rugoso (Citrus × jambhiri), mais maior que sobre mandarineiro Cleopatra (Citrus × reshni). Tanto os sólidos solúbeis como a acidez titulábel do zume dos froitos obtidos sobre pé de laranxeira amarga son elevados. Esta característica, xunto coa súa tolerancia moderada a Phytophtora, fixo da laranxeira amarga o portaenxerto preferido en países tropicais onde o virus da tristeza dos cítricos non é un factor limitante.[5]

Suplementos dietarios

[editar | editar a fonte]

O extracto de laranxa amarga (e o seu zume) úsase en suplemento dietario, como axuda para control da obesidade e como un supresor do apetito, aínda que sen control profesional pode ser extremadamente perigoso. A laranxa amarga contén sinefrina máis coñecida como fenilefrina, un fármaco semellante á efedrina, mais que actúa só como estimulante adrenérxico (alfa) cun posíbel risco de choque isquémico e hipertensión.
Tamén se adoita utilizar con fins terapéuticos a fenilefrina en anticatarrais como vasoconstritor para o control das secrecións nasais.

O aceite esencial das flores é tranquilizante, hipnótico suave, espasmolílico. O aceite esencial do pericarpo ten efecto antiespasmódico, lixeiramente sedante e hipnótico; os flavonoides confírenlle propiedades como vitamínico P (aumenta o ton das paredes venosas, reduce a permeabilidade e aumenta a resistencia capilar. Os principios amargos actúan como tónico, aperitivo, eupéptico e colagogo. A pectina é a parte branca entre a pela e a froita. Confírelle propiedades demulcentes e hipocolesterolemiantes. A pela de laranxa amarga, polo seu característico cheiro e sabor (amargo-aromático), constitúe un dos mellores correctores organolépticos, para enmascarar os cheiros e sabores desagradábeis doutras drogas.

Pericarpo: inapetencia, dispepsias hiposecretoras, espasmos gastrointestinais, disquinesias hepatobiliares, colecistite, diarreas, síndrome do intestino irritábel. Varices, flebite, hemorroides, debilidade capilar, edemas, diarreas, hiperlipemias.

Flores, follas: ansiedade, insomnio, distonías neurovexetativas, tose nerviosa.[7]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Citrus aurantium foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 2: 782–783. 1753.[4]

Sinonimia
  • Aurantium × acre Mill.
  • Aurantium × bigarella Poit. & Turpin
  • Aurantium × corniculatum Poit. & Turpin
  • Aurantium × coronatum Poit. & Turpin
  • Aurantium × humile Mill.
  • Aurantium × myrtifolium Descourt.
  • Aurantium × orientale Mill.
  • Aurantium × silvestre Pritz.
  • Aurantium × sinense (L.) Mill.
  • Aurantium × variegatum Barb.Rodr.
  • Citrus × amara Link
  • Citrus × aurata Risso
  • Citrus × benikoji Yu.Tanaka
  • Citrus × bigaradia Loisel.
  • Citrus × bigaradia var. cyathifera Risso & Poit.
  • Citrus × calot Lag.
  • Citrus × canaliculata Yu.Tanaka
  • Citrus × changshan-huyou Y.B.Chang
  • Citrus × communis Poit. & Turpin
  • Citrus decumana var. paradisi (Macfad.) H.H.A.Nicholls
  • Citrus × dulcimedulla Pritz.
  • Citrus × dulcis Pers.
  • Citrus × florida Salisb.
  • Citrus × funadoko Yu.Tanaka
  • Citrus × fusca Lour.
  • Citrus × glaberrima Yu.Tanaka
  • Citrus gracilis var. dulcis Yu.Tanaka
  • Citrus grandis f. Benikawa Yu.Tanaka
  • Citrus grandis var. glaberrima (Tanaka) Karaya
  • Citrus grandis var. kotokan (Hayata) Karaya
  • Citrus grandis var. natsudaidai (Tanaka) Karaya
  • Citrus grandis var. sulcata (Takah.) Karaya
  • Citrus grandis var. tengu (Tanaka) Karaya
  • Citrus humilis (Mill.) Poir.
  • Citrus hystrix H. Perrier
  • Citrus × intermedia Yu.Tanaka
  • Citrus × iwaikan Yu.Tanaka
  • Citrus × iyo Yu.Tanaka
  • Citrus × karna Raf.
  • Citrus × keraji Yu.Tanaka
  • Citrus × kotokan Hayata
  • Citrus × leiocarpa var. tumida Yu.Tanaka
  • Citrus maxima var. uvacarpa Merr.
  • Citrus medica f. tamurana (Tanaka) M.Hiroe
  • Citrus × medioglobosa Yu.Tanaka
  • Citrus × mitsuharu Yu.Tanaka
  • Citrus × myrtifolia (Ker Gawl.) Raf.
  • Citrus × natsudaidai Hayata
  • Citrus × nobilis Lour.
  • Citrus × nobilis var. genshokan Hayata
  • Citrus × nobilis var. rubrifrons Yu.Tanaka
  • Citrus × nobilis var. subcompressa Yu.Tanaka
  • Citrus × nobilis f. tumida (Tanaka) M.Hiroe
  • Citrus × omikanto Yu.Tanaka
  • Citrus × papillaris Blanco
  • Citrus × paradisi Macfad.
  • Citrus × pseudogulgul Shirai
  • Citrus × reshni (Engl.) Yu.Tanaka
  • Citrus × rokugatsu Yu.Tanaka
  • Citrus × rumphii Risso
  • Citrus sabon f. banyu Hayata
  • Citrus sabon f. hakunikuyu Hayata
  • Citrus sabon f. jiyu Hayata
  • Citrus sabon f. mitsuyu Hayata
  • Citrus sabon f. sekitoyu Hayata
  • Citrus sabon f. soyu Hayata
  • Citrus × sinensis subsp. crassa (Risso) D.Rivera & al.
  • Citrus × sinensis subsp. fetifera (Risso) D.Rivera & al.
  • Citrus × sinensis subsp. hierochuntica (Risso) D.Rivera & al.
  • Citrus × sinensis subsp. lusitanica (Risso) D.Rivera & al.
  • Citrus × sinograndis Yu.Tanaka
  • Citrus × subcompressa (Tanaka) Yu.Tanaka
  • Citrus × sulcata Yu.Tanaka
  • Citrus × taiwanica Yu.Tanaka & Shimada
  • Citrus × tangelo J.W.Ingram & H.E.Moore
  • Citrus tankan f. koshotankan Hayata
  • Citrus × tengu Yu.Tanaka
  • Citrus × tosa-asahi Yu.Tanaka
  • Citrus × truncata Yu.Tanaka
  • Citrus × vulgaris Risso
  • Citrus × yatsushiro Yu.Tanaka
  • Citrus × yuge-hyokan Yu.Tanaka[8]
  1. Nome vulgar en galego en Termos esenciais de botánica, Universidade de Santiago de Compostela, 2004
  2. "Plant Profile for Citrus ×aurantium L. (pro sp.), http://plants.usda.gov/java/profile?symbol=CIAU8 Arquivado 06 de maio de 2013 en Wayback Machine.
  3. Naranjo agrio Infojardín (en castelán)
  4. 4,0 4,1 "Laranxeira amarga". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 24 de xaneiro de 2013. 
  5. 5,0 5,1 Davies, F. S.; Albrigo, L. G. (1999). Cítricos. Zaragoza: Acribia. pp. 103–105. ISBN 84-200-0889-3. 
  6. 6,0 6,1 Agustí, Manuel (2003). Citricultura. Madrid: Mundi-Prensa. pp. 333–336. ISBN 84-8476-158-4. 
  7. "Laranxeira amarga". Plantas útiles: Linneo. Arquivado dende o orixinal o 23 de novembro de 2010. Consultado o 25 de maio de 2013. 
  8. Laranxeira amarga en PlantList

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Molina Rosito, A. 1975. Enumeración de las plantas de Honduras. Ceiba 19(1): 1–118.
  • Nasir, E. & S. I. Ali (eds). 1980-2005. Fl. Pakistan Univ. of Karachi, Karachi.
  • Pérez, A., M. Sousa Sánchez, A. M. Hanan-Alipi, F. Chiang Cabrera & P. Tenorio L. 2005. Vegetación terrestre. 65–110. In Biodivers. Tabasco. CONABIO-UNAM, México.
  • Perrier de la Bathie, H. 1950. Rutacees. Fl. Madagasc. 104: 1–85.
  • Schatz, G. E., S. Andriambololonera, Andrianarivelo, M. W. Callmander, Faranirina, P. P. Lowry, P. B. Phillipson, Rabarimanarivo, J. I. Raharilala, Rajaonary, Rakotonirina, R. H. Ramananjanahary, B. Ramandimbisoa, A. Randrianasolo, N Ravololomanana, Z. S. Rogers, C. M. Taylor & G. A. Wahlert. 2011. Catalogue of the Vascular Plants of Madagascar. Monogr. Syst. Bot. Missouri Bot. Gard. 0(0): 0–0.
  • Schulenberg, T. S. & K. Awbrey. 1997. A rapid assessment of the humid forests of South Central Chusquisaca, Bolivia. RAP Working Papers 8: 1–84.
  • Serrano, M. & J. Terán. 1998 [2000]. Identific. Esp. Veg. Chuquisaca 1–129. PLAFOR, Intercooperación, Fundación Ceibo, Sucre.
  • Small, J. K. 1933. Man. S.E. Fl. i–xxii, 1–1554. Published by the Author, Nova York.
  • Sousa Sánchez, M. & E. F. Cabrera Cano. 1983. Flora de Quintana Roo. Listados Floríst. México 2: 1–100.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
{{bottomLinkPreText}} {{bottomLinkText}}
Laranxeira amarga
Listen to this article

This browser is not supported by Wikiwand :(
Wikiwand requires a browser with modern capabilities in order to provide you with the best reading experience.
Please download and use one of the following browsers:

This article was just edited, click to reload
This article has been deleted on Wikipedia (Why?)

Back to homepage

Please click Add in the dialog above
Please click Allow in the top-left corner,
then click Install Now in the dialog
Please click Open in the download dialog,
then click Install
Please click the "Downloads" icon in the Safari toolbar, open the first download in the list,
then click Install
{{::$root.activation.text}}

Install Wikiwand

Install on Chrome Install on Firefox
Don't forget to rate us

Tell your friends about Wikiwand!

Gmail Facebook Twitter Link

Enjoying Wikiwand?

Tell your friends and spread the love:
Share on Gmail Share on Facebook Share on Twitter Share on Buffer

Our magic isn't perfect

You can help our automatic cover photo selection by reporting an unsuitable photo.

This photo is visually disturbing This photo is not a good choice

Thank you for helping!


Your input will affect cover photo selection, along with input from other users.

X

Get ready for Wikiwand 2.0 🎉! the new version arrives on September 1st! Don't want to wait?