For faster navigation, this Iframe is preloading the Wikiwand page for The Plant List.

The Plant List

The Plant List é unha lista de nomes botánicos de especies de plantas creada polos Royal Botanic Gardens, Kew e o Missouri Botanical Garden lanzada en 2010.[1] Pretende ser completa, é dicir, conter todos os nomes das especies coñecidas.

Existe tamén un proxecto complementario chamado International Plant Names Index (IPNI, Índice de Nomes de Plantas Internacional), no cal os xardíns de Kew están tamén implicados. O IPNI ten como obxectivo proporcionar detalles da publicación do nome e non pretende determinar cales son os nomes aceptados para as especies. Os novos nomes que se publican son engadidos automaticamente desde o IPNI ao World Checklist of Selected Plant Families (Lista de Comprobación Mundial de Familias de Plantas Seleccionadas), unha base de datos que é a base de The Plant List.

Descubrimentos

[editar | editar a fonte]

En 2014 The Plant List tiña 1.064.035 nomes científicos de plantas co rango de especie,[2] dos cales 350.699 eran nomes de especies aceptados, pertencentes a especies de 642 familias e 17.020 xéneros. The Plant List acepta aproximadamente 350.699 especies únicas, e 470.624 sinónimos para esas especies, o que indica que moitas especies foron denominadas na literatura con máis dun nome. En 2014, The Plant List determinou que outros 243.000 nomes máis están "sen resolver", o que significa que os botánicos non foron quen ata agora de determinar se son especies separadas ou unha duplicación das 350.699 especies únicas.

Repercusión pública

[editar | editar a fonte]

Cando se lanzou The Plant List en 2010 (o Ano Internacional da Biodiversidade), atraeu a aención dos medios de comunicación polos seus obxectivos tan completos.[3] Por exemplo, Fox News salientou o número de nomes sinónimos que se encontraron, suxerindo que isto reflectía unha "falta sorprendente" de biodiversidade na Terra."[4] The Plant List tamén suscitou atención por estar construída sobre os traballos do naturalista inglés Charles Darwin, quen na década de 1880 comezou unha lista de plantas chamada Index Kewensis (IK). Os xardíns de Kew engadiron unha media de 6.000 especies por ano desde a primeira publicación do IK con 400.000 nomes de especies.[4] Porén, o Index Kewensis (que dende o ano 1913 evitaba realizar xuízos taxonómicos nas súas citas) forma parte actualmente do IPNI en vez de The Plant List.[5]

  1. "World's Largest Plants Database Assembled". discovery.com. 2010. Arquivado dende o orixinal o 13 de xullo de 2012. Consultado o 10 de xuño de 2016. 
  2. "Summary Statistics". The Plant List. Arquivado dende o orixinal o 23 de maio de 2019. Consultado o 27 de xuño de 2014. 
  3. Claire Bates (5 January 2011). "Botanical A-Z via Kew: British experts complete database of every plant name on the planet - all 1.25million of them". London: Daily Mail. 
  4. 4,0 4,1 "World's Plant Life Far Less Diverse Than Previously Thought". Fox News. 30 December 2010. 
  5. "About the Index Kewensis". International Plant Names Index. 2004. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
{{bottomLinkPreText}} {{bottomLinkText}}
The Plant List
Listen to this article

This browser is not supported by Wikiwand :(
Wikiwand requires a browser with modern capabilities in order to provide you with the best reading experience.
Please download and use one of the following browsers:

This article was just edited, click to reload
This article has been deleted on Wikipedia (Why?)

Back to homepage

Please click Add in the dialog above
Please click Allow in the top-left corner,
then click Install Now in the dialog
Please click Open in the download dialog,
then click Install
Please click the "Downloads" icon in the Safari toolbar, open the first download in the list,
then click Install
{{::$root.activation.text}}

Install Wikiwand

Install on Chrome Install on Firefox
Don't forget to rate us

Tell your friends about Wikiwand!

Gmail Facebook Twitter Link

Enjoying Wikiwand?

Tell your friends and spread the love:
Share on Gmail Share on Facebook Share on Twitter Share on Buffer

Our magic isn't perfect

You can help our automatic cover photo selection by reporting an unsuitable photo.

This photo is visually disturbing This photo is not a good choice

Thank you for helping!


Your input will affect cover photo selection, along with input from other users.

X

Get ready for Wikiwand 2.0 🎉! the new version arrives on September 1st! Don't want to wait?