Xogos Olímpicos de Inverno de 2018
Os Xogos Olímpicos de Pyeongchang 2018 (en hangul: 평창 동계 올림픽, hanja: 平昌 冬季 올림픽), oficialmente coñecidos como XXIII Xogos Olímpicos de Inverno, é un evento multideportivo internacional que se levou a cabo na cidade de Pyeongchang (Corea do Sur) entre o 9 e o 25 de febreiro de 2018.
A elección da cidade sede dos Xogos celebrouse o 6 de xullo de 2011 en Durban (Suráfrica), durante a 123.ª Sesión do COI. Pyeongchang venceu a Annecy (Francia) e Múnic (Alemaña).[1]
Esta foi a terceira candidatura consecutiva de Pyeongchang, a primeira exitosa logo de perder ante Vancouver e Sochi. Serán os segundos Xogos Olímpicos e os primeiros invernais en Corea do Sur. Pyeongchang converteuse na terceira cidade asiática, tras Sapporo e Nagano (Xapón), en celebrar uns Xogos de Inverno.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xogos Olímpicos de Inverno de 2018 |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en inglés)
Text is available under the CC BY-SA 4.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.