For faster navigation, this Iframe is preloading the Wikiwand page for Treboada.

Treboada

Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo.
Árbore afrontando unha treboada nos Vilares, Guitiriz

Unha treboada consiste nun conxunto de fenómenos atmosféricos intensos asociados a cumulonimbos: lóstregos, refachos de vento, tronos, inundacións, saraiba e, posibelmente, tornados.

Para que se forme este tipo de meteoros cómpre que exista elevación de ar húmido nunha atmosfera inestábel. A atmosfera fica inestábel cando as condicións son tales que unha burbulla de ar quente en ascensión pode continuar a subir porque continúa máis quente do que o ar ambiente. A elevación do ar quente é un mecanismo que tenta restabelecer a estabilidade; do mesmo modo, o ar máis frío tende a descender e a afundirse en canto se mantiver máis frío do que o ar na súa veciñanza. Se a elevación de ar for suficientemente forte, o ar arrefece (adiabaticamente) até temperaturas por debaixo do punto de orballo e condensa, liberando calor latente que promove a elevación do ar e "alimenta" a treboada. Fórmanse cumulonimbos illados con grande desenvolvemento vertical (podendo ir até 10 ou 18 mil metros de altitude) alimentado polas correntes ascendentes de ar.

As treboadas pódense formar no interior das masas de ar (a partir da elevación do ar por convección - común en terra nas tardes de verán -cando o quecemento da superficie atinxe o seu pico- e sobre o mar nas madrugadas de inverno, cando as augas están relativamente quentes); por efecto orográfico -(a barlovento das grandes montañas) ou estar asociadas a frontes, sendo máis intensas no caso das frontes frías.

As treboadas máis fortes xéranse cando o ar quente e húmido sobe rapidamente, con velocidades que poden chegar aos 160 km por hora, até altitudes máis elevadas e máis frías. En cada momento hai na orde de 2.000 treboadas en progreso sobre a superficie da Terra. Os lóstregos prodúcense cando as partículas de xeo ou neve dunha nube comezan a caer dende grande altitude en dirección á superficie e corresponden á liberación de enerxía debida á diferenza de carga entre as partículas.

Fases dunha treboada

[editar | editar a fonte]

Na vida dunha treboada ordinaria (formada por convección a partir dunha masa de ar) están usualmente presentes 3 fases (cada unha durante normalmente de 15 a 30 minutos):

Nacemento: as correntes ascendentes de ar levan á formación de cumulonimbos. Xorden as primeiras cargas de auga, mais aínda non se producen os lóstregos. Na parte alta da nube o proceso de crecemento de cristais de xeo comeza a producir grandes partículas de precipitación.

Maturidade: o crecemento vertical atinxe o seu máximo e os cumes das nubes fican achatados coa forma característica dunha bigorna. Normalmente isto dáse cando o ar ascendente encontra unha inversión de temperatura estábel (por exemplo, o ar máis quente da tropopausa). Os ventos predominantes en altitude comezan a espallar cirros a partir do topo das nubes. As bases dianteiras fican máis baixas e os lóstregos comezan a aparecer en toda a extensión das nubes. No interior das nubes a turbulencia é intensa e irregular, con equilibrio entre correntes ascendentes e descendentes. O peso das partículas de precipitación xa é suficiente para contrariar as correntes ascendentes e comezan a caer, arrastrando o ar en volta consigo. A medida que as partículas de precipitación caen nas rexións máis quentes da nube, hai ar seco do ambiente que entra na nube e pode orixinar a evaporación desas partículas. A evaporación arrefría o ar, tornándoo máis denso e "pesado". É todo este ar frío que cae a través da nube coa precipitación que forma a corrente descendente de ar que, cando bate na superficie se pode espallar, formando unha fronte de refacho que vai deslocando e substituíndo o ar máis quente da superficie. Nesta fase a treboada produce ventos fortes, lóstregos e precipitación forte.

Disipación: as nubes comézanse a espallar para os lados, en camadas. E as correntes frías descendentes tórnanse predominantes. O ar frío substitúe o ar mais quente da superficie, desligando os movementos ascendentes dentro da treboada. Nesta fase xa só hai correntes descendentes fracas e fraca precipitación. Sobran apenas moitos altostratos e cirrostratos que poden até contribuír, coa súa sombra, para diminuír o quecemento da superficie.

Como saber a distancia da treboada?

[editar | editar a fonte]

Unha vez que o son e a luz se desprazan a través da atmosfera a velocidades moi diferentes, pode estimarse a distancia da treboada pola diferenza de tempo entre o lóstrego (luz) e o trono (son). A velocidade do son é de aproximadamente 332 m/s (depende das condicións do tempo). A velocidade da luz é tan elevada (~ 300.000 km/s) que o tempo que tarda en chegar pode ser ignorado nesta aproximación. Polo tanto, a treboada estará a 1 km de distancia por cada 3 segundos que pasen entre o lóstrego e o trono.

{{bottomLinkPreText}} {{bottomLinkText}}
Treboada
Listen to this article

This browser is not supported by Wikiwand :(
Wikiwand requires a browser with modern capabilities in order to provide you with the best reading experience.
Please download and use one of the following browsers:

This article was just edited, click to reload
This article has been deleted on Wikipedia (Why?)

Back to homepage

Please click Add in the dialog above
Please click Allow in the top-left corner,
then click Install Now in the dialog
Please click Open in the download dialog,
then click Install
Please click the "Downloads" icon in the Safari toolbar, open the first download in the list,
then click Install
{{::$root.activation.text}}

Install Wikiwand

Install on Chrome Install on Firefox
Don't forget to rate us

Tell your friends about Wikiwand!

Gmail Facebook Twitter Link

Enjoying Wikiwand?

Tell your friends and spread the love:
Share on Gmail Share on Facebook Share on Twitter Share on Buffer

Our magic isn't perfect

You can help our automatic cover photo selection by reporting an unsuitable photo.

This photo is visually disturbing This photo is not a good choice

Thank you for helping!


Your input will affect cover photo selection, along with input from other users.

X

Get ready for Wikiwand 2.0 🎉! the new version arrives on September 1st! Don't want to wait?