For faster navigation, this Iframe is preloading the Wikiwand page for Torre da Lanzada.

Torre da Lanzada

Torre da Lanzada
ConcelloSanxenxo
ProvinciaPontevedra
Comunidade
autónoma
Galicia
Coordenadas42°25′46″N 8°52′37″O / 42.429554, -8.876999Coordenadas: 42°25′46″N 8°52′37″O / 42.429554, -8.876999
Estilo arquitectónico
Estilo orixinal- (románico, século X)
Estilo actual(románico, restaurada)
Estado actualruínas consolidadas, visita libre
Véxase tamén
Castelos de Galicia
editar datos en Wikidata ]

A Torre da Lanzada, é o resto dunha torre-castelo de orixe medieval construída polos meiriños de Iria Flavia no Salnés para a defensa das terras da arquidiocese de Santiago de Compostela dos ataques normandos na Alta e na Baixa Idade Media.

Situación

[editar | editar a fonte]

A torre érguese na marxe sur da praia da Lanzada, na parroquia de Noalla (Sanxenxo), á beira da ermida da Nosa Señora da Lanzada e do castro do mesmo nome.

É o último vestixio dun castelo datado no século X (arredor do ano 960) construído sobre os restos dun antigo faro fenicio ou romano. Foi mandado construír por Sisnando II para defensa de Compostela contra os ataques viquingos e normandos. Servía de avanzada defensiva ao lado doutras fortalezas da mitra compostelá e como primeiro contacto contra posíbeis inimigos, transmitindo sinais de perigo ás outras torres defensivas que marcaban a ría de Arousa, coma as torres de Cambados e as torres de Oeste en Catoira. O sistema defensivo consistía en facer fogueiras na torre que eran vistas dende a Torre de San Sadurniño (Cambados), que alertaban á súa vez á de Catoira, e así até Santiago de Compostela.

No ano 1121, coincidindo co acordo de paz da raíña Dona Urraca co bispo Diego Xelmírez, decídese que ao segundo se lle deberán entregar a primeira das fortalezas do Castelo Honesto e o da Lanzada; pouco tempo despois sofre un ataque de piratas mouros que sucederan aos normandos como ameaza nas costas galegas. O castelo tamén aparece citado en documentos do século XIII.

En 1467 é sitiada polos irmandiños, que a conquistan atacándoa dende o mar. Trala derrota dos principais xefes irmandiños, Afonso de Lanzós e Pedro Osorio, o castelo da Lanzada convértese no último bastión dos sublevados e nas mesmas ruínas da fortaleza destruída por eles mesmos, resistiron até que, esgotadas todas as posibilidades de defensa, foron capturados. Tras estes feitos o castelo ficou abandonado.

Situación actual

[editar | editar a fonte]

Do antigo castelo hoxe só quedan a ermida e unha das torres semiderruída. A torre actual é de planta cuadrangular con muros de cachotaría-cantaría de pedra de gra non moi conformada, agás nos encontros dos muros. Hai algúns anos fixéronse obras neste recinto histórico que afectaron gravemente á súa integridade, perdéndose os vestixios que restaban da súa muralla e tapándose cunha nova a antiga ponte de comunicación co castelo que orixinalmente fora levadiza.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
{{bottomLinkPreText}} {{bottomLinkText}}
Torre da Lanzada
Listen to this article

This browser is not supported by Wikiwand :(
Wikiwand requires a browser with modern capabilities in order to provide you with the best reading experience.
Please download and use one of the following browsers:

This article was just edited, click to reload
This article has been deleted on Wikipedia (Why?)

Back to homepage

Please click Add in the dialog above
Please click Allow in the top-left corner,
then click Install Now in the dialog
Please click Open in the download dialog,
then click Install
Please click the "Downloads" icon in the Safari toolbar, open the first download in the list,
then click Install
{{::$root.activation.text}}

Install Wikiwand

Install on Chrome Install on Firefox
Don't forget to rate us

Tell your friends about Wikiwand!

Gmail Facebook Twitter Link

Enjoying Wikiwand?

Tell your friends and spread the love:
Share on Gmail Share on Facebook Share on Twitter Share on Buffer

Our magic isn't perfect

You can help our automatic cover photo selection by reporting an unsuitable photo.

This photo is visually disturbing This photo is not a good choice

Thank you for helping!


Your input will affect cover photo selection, along with input from other users.

X

Get ready for Wikiwand 2.0 🎉! the new version arrives on September 1st! Don't want to wait?