For faster navigation, this Iframe is preloading the Wikiwand page for Castelo de Tebra.

Castelo de Tebra

Castelo de Tebra
ben de interese cultural
ConcelloTomiño
ProvinciaPontevedra
Comunidade
autónoma
Galicia
Coordenadas42°02′10″N 8°44′43″O / 42.0361, -8.74528Coordenadas: 42°02′10″N 8°44′43″O / 42.0361, -8.74528
Estilo arquitectónico
Estilo orixinal? (século XIII)
Estilo actualmestura (século XVI)
Estado actualVivenda particular non visitábel
Véxase tamén
Castelos de Galicia
editar datos en Wikidata ]

O castelo de Tebra ou torre de Tebra é un castelo medieval situado no lugar do Outeiro da parroquia de Santa María de Tebra, no concello de Tomiño, no val do Tebra afluente do río Miño.

Coñécese a súa existencia dende os anos 1211 e 1217 e no ano 1353 autorízase a reedificación dun castelo no lugar de Samuelle.

No ano 1345 pertencía a Alonso Gómez Churruchao. No ano 1468 Pedro Álvarez de Soutomaior, Pedro Madruga, apoderouse do castelo que tivo que volver a levantar no ano 1477, pero entre os anos 1481 e 1486 Fernando de Acuña, Xustiza Maior do Reino de Galicia, derrubouno de novo.

No ano 1506 a Real Audiencia de Galicia manda entregar os restos da fortaleza e a súa xurisdición á familia dos Suárez de Deza. Deste xeito no ano 1508, por sentenza da Real Chancelería de Valladolid, toma posesión do val de Tebra Álvaro Suárez de Deza, conde de Camiña, Meriño do Val de Tebra en 1508. Testou e fundou o morgado de Tebra en 1566 e no ano 1532 conseguiu a autorización da Raíña Xoana para reconstruílo como pazo-fortaleza.

Descrición

[editar | editar a fonte]

Só se conserva a torre da homenaxe, que na actualidade forma parte dun pazo.

A torre de estilo renacentista ten planta cadrada e está feita de perpiaños de granito. Remátase cun ameado voado apoiado en ménsulas. Nas súas esquinas sitúanse garitóns voados sobre unha base cónica. Adórnase con bolas semellantes ás das torres de Xunqueiras (A Coruña) e os Púlpitos (Cáceres).

Os lados da torre miden ao redor duns 8 metros, e o grosor medio dos seus muros é de 1,5 metros aproximadamente. No seu lado sur pódese contemplar o escudo de armas dos Suárez de Deza.

Na actualidade a torre consta de catro pisos: planta baixa e tres alturas. Conserva na súa planta alta as xanelas rematadas en forma de arco conopial. Destaca o amplo miradoiro, unha galería con arcos semicirculares, un torreón alto e estreito, a cheminea da cociña e unha capela.

Unha pequena muralla pecha o recinto, ao que se accede por unha porta de arco de medio punto ou por unha escaleira.

Situación actual

[editar | editar a fonte]

Na actualidade é unha propiedade privada non visitable.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
{{bottomLinkPreText}} {{bottomLinkText}}
Castelo de Tebra
Listen to this article

This browser is not supported by Wikiwand :(
Wikiwand requires a browser with modern capabilities in order to provide you with the best reading experience.
Please download and use one of the following browsers:

This article was just edited, click to reload
This article has been deleted on Wikipedia (Why?)

Back to homepage

Please click Add in the dialog above
Please click Allow in the top-left corner,
then click Install Now in the dialog
Please click Open in the download dialog,
then click Install
Please click the "Downloads" icon in the Safari toolbar, open the first download in the list,
then click Install
{{::$root.activation.text}}

Install Wikiwand

Install on Chrome Install on Firefox
Don't forget to rate us

Tell your friends about Wikiwand!

Gmail Facebook Twitter Link

Enjoying Wikiwand?

Tell your friends and spread the love:
Share on Gmail Share on Facebook Share on Twitter Share on Buffer

Our magic isn't perfect

You can help our automatic cover photo selection by reporting an unsuitable photo.

This photo is visually disturbing This photo is not a good choice

Thank you for helping!


Your input will affect cover photo selection, along with input from other users.

X

Get ready for Wikiwand 2.0 🎉! the new version arrives on September 1st! Don't want to wait?