For faster navigation, this Iframe is preloading the Wikiwand page for Tileiro de folla grande.

Tileiro de folla grande

Tileira de folla grande

Tilia platyphyllos: vista xeral
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Malvales
Familia: Malvaceae
Subfamilia: Tilioideae
Xénero: Tilia
Especie: Tileiro de folla grande
Scop.

O tileiro de folla grande[1] (Tilia platyphyllos),o tileiro común, é unha especie arbórea pertencente á familia das tiliáceas, moi habitual nos bosques de Europa. En Galiza só aparece coma ornamental.

Descrición

[editar | editar a fonte]

Árbore caducifolia de copa de forma piramidal, co toro de casca cinsenta, gretada lonxitudinalmente, e que pode acadar grande altura (uns 30m). Pólas e xemas de cor avermellada. Follas de 6–12 cm de lonxitude, de forma orbicular-ovada, dentada e punteadas, face verde botella e parte do envés algo esvaecido, rematan nun longo e evidente pico. Flores miúdas de 5 pétalos brancas ou amarelentas moi recendentes. Reúnense en feixes de entre 2 e 7 collidos por un longo rabiño que pendura dunha especie de folliña a xeito de lingüeta. Esta folliña (bráctea) é moi rechamangueira e característica, un tanto fibrosa e de cor verde pálida. Froito ovalado, moi viloso e con 5 costelas que resaltan, polo menos cando maduro. Contén de 1 a 2 sementes. Madura a finais do verán ou polo outono. A casca é cinsenta, lisa en exemplares novos e rachada ao longo nos máis idosos. Ramiñas de cor parda avermellada ou verdosas, ao principio e aveludadas. Florea a final de primavera e no verán.[2]

As flores son moi pequenas mais moi recendentes
Follas e froitos de T. platyphyllos
Casca en exemplar novo de T. platyphyllos

Citoloxía

[editar | editar a fonte]

Especie bastante esixente en humidade, pode medrar en solos calcarios ou silíceos. Chega a formar mouteiras monoespecíficas. fragas de abas rochosas, foces e cavorcos. Medra espallado nas fragas caducifolias onde adoita aparecer na compaña de carballos(caxigos, veriños etc), piñeiros, abeleiras, faias, pradairos, capudres e freixos.

Distribución

[editar | editar a fonte]

Atópase espallado por gran parte de Europa, especialmente polo centro e sur, chegando até o oeste de Asia. Na Península Ibérica aparece nos Pireneos, no Cordal Cantábrico e no Sistema Ibérico.[4] Non chega aos montes galegos.

Sinónimos

[editar | editar a fonte]
  • Tilia officinarum Crantz
  • Tilia platyphyllos subsp. platyphyllos Scop.
  • Tilia platyphyllos var. grandibracteata Sennen
  • Tilia platyphyllos var. longepedunculata Sennen
  • Tilia valdepubens Sennen
  1. Nome vulgar galego favorito en Termos Esenciais de Botánica, Comisión de Normalización Lingüística da Escola Politécnica Superior de Lugo, Universidade de Santiago de Compostela, 2002
  2. Barbadillo Salgado, J.L. (2001). Árboles y Arbustos del Pirineo. Huesca:Pirineo. ISBN 84-87997-85-6. 
  3. Tilia en Flora Ibérica
  4. Galán Cela, P.; Gamarra Gamarra R., García Viñas J.I. (2003). Árboles y Arbustos de la Península Ibérica e Islas Baleares. Madrid:Jaguar. ISBN 84-95537-50-8. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]
{{bottomLinkPreText}} {{bottomLinkText}}
Tileiro de folla grande
Listen to this article

This browser is not supported by Wikiwand :(
Wikiwand requires a browser with modern capabilities in order to provide you with the best reading experience.
Please download and use one of the following browsers:

This article was just edited, click to reload
This article has been deleted on Wikipedia (Why?)

Back to homepage

Please click Add in the dialog above
Please click Allow in the top-left corner,
then click Install Now in the dialog
Please click Open in the download dialog,
then click Install
Please click the "Downloads" icon in the Safari toolbar, open the first download in the list,
then click Install
{{::$root.activation.text}}

Install Wikiwand

Install on Chrome Install on Firefox
Don't forget to rate us

Tell your friends about Wikiwand!

Gmail Facebook Twitter Link

Enjoying Wikiwand?

Tell your friends and spread the love:
Share on Gmail Share on Facebook Share on Twitter Share on Buffer

Our magic isn't perfect

You can help our automatic cover photo selection by reporting an unsuitable photo.

This photo is visually disturbing This photo is not a good choice

Thank you for helping!


Your input will affect cover photo selection, along with input from other users.

X

Get ready for Wikiwand 2.0 🎉! the new version arrives on September 1st! Don't want to wait?