Silvio Berlusconi
Silvio Berlusconi, nado o 29 de setembro de 1936 en Milán e finado ibídem o 12 de xuño de 2023,[1] foi un empresario e político italiano, líder do partido Il Popolo della Libertà.
Foi o presidente do consello de ministros de Italia entre 1994 e 1995, dende o 11 de xuño de 2001 ata o 17 de maio de 2006, e desde 2008 a 2011.
Líder de Forza Italia e magnate dos medios de telecomunicación (presidiu o grupo Mediaset). Foi tamén o presidente do equipo italiano AC Milán. Estivo casado con Veronica Lario.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Verdú, Daniel (12 de xuño de 2023). "Muere Silvio Berlusconi, el hombre que definió la Italia del siglo XXI ". elpais.com (en castelán). Consultado o 12 de xuño de 2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Silvio Berlusconi |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web de Forza Italia Arquivado 21 de setembro de 2013 en Wayback Machine. (en italiano)
- Biografía da Fundación CIDOB Arquivado 06 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine. (en castelán)
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
Text is available under the CC BY-SA 4.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.