For faster navigation, this Iframe is preloading the Wikiwand page for Relampo do Catatumbo.

Relampo do Catatumbo

Lóstrego do Catatumbo pola noite

O raio, lóstrego ou relampo de Catatumbo (en castelán Relámpago del Catatumbo)[1] é un fenómeno atmosférico que se dá en Venezuela. Desenvólvese exclusivamente nunha zona situada sobre a desembocadura do río Catatumbo na súa desembocadura no lago de Maracaibo, no estado Zulia. Os frecuentes e poderosos raios sobre esta área relativamente pequena considéranse o maior xerador de ozono troposférico do mundo,[2] é dicir, o ozono que non enche a ozonosfera estratosférica.[3]

Frecuencia

[editar | editar a fonte]

Orixínase a partir dunha masa de nubes de tormenta que crea un arco de máis de 5 km de altura, durante unha media de 140-160 noites ao ano, 10 horas ao día e até 280 veces á hora. Grazas a esa frecuencia de até cinco relampos por minuto, era un faro natural, chamado Faro de los navegantes ou Faro de Maracaibo.[4]

Atópase no lago de Maracaibo e arredores, normalmente nunha zona de páramo formada onde o río Catatumbo desemboca no lago.[5]

Parón de 2010

[editar | editar a fonte]

Despois de aparecer continuamente durante séculos, o raio cesou de xaneiro a abril de 2010 ao parecer debido á seca.[6] Isto provocou o temor de que puidese extinguirse definitivamente.[7] O fenómeno reapareceu despois duns meses.[8][4]

Récord en 2014

[editar | editar a fonte]

O espectáculo natural recibiu de parte de Guinnes WR en xaneiro do ano 2014 a certificación que o recoñece como o lugar de maior concentración de lóstregos do mundo, producindo 1176000 relampos ao ano, equivalendo a 250 por km2 ao ano, superando por 92 relampos por km2 á rexión de Kifuka, na República Democrática do Congo.[9]

Lugar e mecanismo de formación

[editar | editar a fonte]

Os relampos do Catatumbo adoitan desenvolverse entre as coordenadas 8°30′N 71°0′O / 8.500, -71.000 e 9°45′N 73°0′O / 9.750, -73.000. As treboadas (e os raios asociados) probablemente sexan o resultado dos ventos que sopran polo lago de Maracaibo e as chairas pantanosas circundantes. Estas masas de aire atópanse inevitabelmente coas cordilleiras altas dos Andes, a Serra de Perijá (3.750 m) e a Serra Nevada de Mérida, que rodean a chaira por tres lados. A calor e a humidade recollidas nas terras baixas crean cargas eléctricas e, cando as masas de aire se desestabilizan na dorsal da montaña, producen actividade treboenta practicamente continua.[6] O fenómeno caracterízase por caer relampos case continuos, principalmente dentro das nubes, que se producen dentro dunha gran formación de nubes vertical que forma un longo arco eléctrico entre 2 e 10 km de altura (ou máis). Os raios adoitan comezar unha hora despois do solpor.

Solicitude de inclusión na Lista de Patrimonio Natural da UNESCO

[editar | editar a fonte]

A rexión de Maracaibo no estado Zulia foi proclamada pola NASA como "Capital Mundial do Raio" e foi proposta como "Patrimonio Natural da Humanidade", en base á súa alta espectacularidade, á súa historia como Faro de navegantes, ao excepcional valor científico e ao seu papel como rexenerador de ozono. En 2005 foi aprobada na Asemblea Nacional de Venezuela o inicio das xestións, retomadas en 2021 despois dos recoñecementos da NASA e do Guinnes WR.[10]

  1. "Catatumbo, everlasting storm". www.fogonazos.es (en inglés). 
  2. "Fire in the sky". meteogroup.co.uk (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 23 de xuño de 2008. Consultado o 30 de abril de 2022. 
  3. "aug2010". wvlightning.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 10 de marzo de 2012. Consultado o 30 de abril de 2022. 
  4. 4,0 4,1 Aragón, Heraldo de. "El rayo que no cesa". heraldo.es (en castelán). Consultado o 2022-04-30. 
  5. "Catatumbo lighting". Realtravel.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2011. Consultado o 30 de abril de 2022. 
  6. 6,0 6,1 "Catatumbo". wondermondo.com (en inglés). 
  7. "Venezuela lightning; El-niño" (en inglés). 5 marzo 2010. 
  8. "Venezuela's-mysterious-Catatumbo-lightning-phenomenon-vanishes-months-reappears". abcnews.go.com/International/ (en inglés). 
  9. "El faro natural del planeta está en Venezuela, es el Relámpago del Catatumbo". Entorno Turístico (en castelán). 2016-10-31. Consultado o 2022-04-30. 
  10. "El Relámpago del Catatumbo y la Capital Mundial de los Relámpagos". Tiempo.com ; Meteored (en castelán). 2021-03-04. Consultado o 2022-04-30. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]
{{bottomLinkPreText}} {{bottomLinkText}}
Relampo do Catatumbo
Listen to this article

This browser is not supported by Wikiwand :(
Wikiwand requires a browser with modern capabilities in order to provide you with the best reading experience.
Please download and use one of the following browsers:

This article was just edited, click to reload
This article has been deleted on Wikipedia (Why?)

Back to homepage

Please click Add in the dialog above
Please click Allow in the top-left corner,
then click Install Now in the dialog
Please click Open in the download dialog,
then click Install
Please click the "Downloads" icon in the Safari toolbar, open the first download in the list,
then click Install
{{::$root.activation.text}}

Install Wikiwand

Install on Chrome Install on Firefox
Don't forget to rate us

Tell your friends about Wikiwand!

Gmail Facebook Twitter Link

Enjoying Wikiwand?

Tell your friends and spread the love:
Share on Gmail Share on Facebook Share on Twitter Share on Buffer

Our magic isn't perfect

You can help our automatic cover photo selection by reporting an unsuitable photo.

This photo is visually disturbing This photo is not a good choice

Thank you for helping!


Your input will affect cover photo selection, along with input from other users.

X

Get ready for Wikiwand 2.0 🎉! the new version arrives on September 1st! Don't want to wait?