For faster navigation, this Iframe is preloading the Wikiwand page for Rúa do Conde de Torrecedeira (Vigo).

Rúa do Conde de Torrecedeira (Vigo)

Coordenadas: 42°13′52″N 8°43′57″O / 42.231166673563, -8.732375222506

rúa de Torrecedeira
Placa da rúa de Torrecedeira.
Dimensións
Lonxitude1,4 km
Localización
Iniciorúa Santa Marta
Finpraza Eugenio Fadrique
LocalidadeVigo
Código postal36202 36208

A rúa do Conde de Torrecedeira é unha vía urbana da cidade de Vigo. É unha das rúas que percorren paralelas á liña costeira da urbe. Comeza na rúa de Santa Marta, e finaliza na praza da Industria. Durante o seu percorrido sitúanse lugares chave da cidade como o campus homónimo, onde se localizan as facultades de Comercio e Enxeñaría Industrial da Universidade de Vigo, ou o parque de Camilo José Cela.

Recibe o seu nome de Manuel Bárcena Franco, o I Conde de Torrecedeira, un magnate anglo-vigués do século XIX.[1]

Urbanismo

[editar | editar a fonte]
Edificio Sede da Universidade de Vigo, na rúa conde de Torrecedeira.

A rúa de Torrecedeira ten unha lonxitude de 1,4 quilómetros. Consta de dous carrís, un en cada sentido. Comeza na rúa de Santa Ana, e discorre seguindo a liña costeira da cidade, comunicando o centro da cidade e o barrio do Cura coa praza de Eugenio Fadrique, popularmente coñecida coma praza da Industria.

Durante o seu percorrido, atravesa diferentes rúas, a meirande parte delas pequenas escadas ou calellas que comunican co Berbés, dado o desnivel de varios metros con respecto ao mar en poucos metros.

Na rúa de Torrecedeira atópase o segundo campus en importancia que ten a Universidade de Vigo na cidade olívica despois do Campus de Lagoas-Marcosende. Nel atópase a Facultade de Comercio e a Escola Técnica de Enxeñaría Industrial. Destaca o edificio Sede Cidade, construído por Jenaro de la Fuente e que alberga o rexistro da Universidade de Vigo, e onde se imparten as enxeñarías de Química Industrial, Tecnoloxías Industriais, Mecánica e Electrónica Industrial e Automática.[2]

Ao longo do percorrido da rúa tamén se atopa o parque de Camilo José Cela. Trátase dunha zona verde de 7.

000 metros cadrados e construída por Agustín Arca.[3] Durante o século XXI a rúa foi obxecto de diferentes humanizacións. En 2009 foi unha das primeiras vías en humanizarse, co gallo dos fondos do Plan E do Ministerio de Fomento para facer fronte daquela á crise sobrevida por aquel entón. Inaugurouna o Ministro de Fomento José Blanco en decembro de 2009 e tivo un custo de 3,5 millóns de euros. A humanización consistiu na ampliación de beirarrúas e a mellora da rede de abastecemento, mais non se modificaron os carrís ou os espazos de aparcadoiro.[4]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Mosquera, Javier. "O conde de Torrecedeira, personalidade chave para a cidade.". Faro de Vigo. Consultado o 2 de agosto de 2024. 
  2. "Sede Cidade". Universidad de Vigo. Consultado o 2 de agosto de 2024. 
  3. "Parque Camilo José Cela". Turismo de Galicia. Consultado o 2 de agosto de 2024. 
  4. "Torrecedeira, unha rúa emblemática.". Atlántico Diario. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
{{bottomLinkPreText}} {{bottomLinkText}}
Rúa do Conde de Torrecedeira (Vigo)
Listen to this article

This browser is not supported by Wikiwand :(
Wikiwand requires a browser with modern capabilities in order to provide you with the best reading experience.
Please download and use one of the following browsers:

This article was just edited, click to reload
This article has been deleted on Wikipedia (Why?)

Back to homepage

Please click Add in the dialog above
Please click Allow in the top-left corner,
then click Install Now in the dialog
Please click Open in the download dialog,
then click Install
Please click the "Downloads" icon in the Safari toolbar, open the first download in the list,
then click Install
{{::$root.activation.text}}

Install Wikiwand

Install on Chrome Install on Firefox
Don't forget to rate us

Tell your friends about Wikiwand!

Gmail Facebook Twitter Link

Enjoying Wikiwand?

Tell your friends and spread the love:
Share on Gmail Share on Facebook Share on Twitter Share on Buffer

Our magic isn't perfect

You can help our automatic cover photo selection by reporting an unsuitable photo.

This photo is visually disturbing This photo is not a good choice

Thank you for helping!


Your input will affect cover photo selection, along with input from other users.

X

Get ready for Wikiwand 2.0 🎉! the new version arrives on September 1st! Don't want to wait?