For faster navigation, this Iframe is preloading the Wikiwand page for Polisoma.

Polisoma

Un polisoma ou polirribosoma é un conxunto de ribosomas que están unidos a un mesmo ARNm, e o están traducindo simultaneamente todos eles.

Existen tanto en eucariotas coma en procariotas. Poden aparecer libres no citosol, unidos ao citoesqueleto ou unidos a membranas (os ribosomas do retículo endoplasmático rugoso tamén poden formar polisomas). En micorscopía poden aparecer como agrupacións, ter forma liñal ou forma de rosetas circulares ou espiraladas.[1]

Os ARN mensaxeiros de células procariotas e eucariotas poden ser traducidos simultaneamente por moitos ribosomas, orixinando rapidamente moitas copias dunha mesma proteína. Unha vez que un primeiro ribosoma se afasta do sitio de iniciación da tradución (codón de iniciación), outro pode unirse ao ARNm e iniciar a síntese dunha nova copia desa cadea polipeptídica. A separación entre os ribosomas dun polisoma é de aproximadamente 100-200 nucleótidos [2], xa que os impedimentos estéricos imposibilitan que se encontren máis preto. Por tanto, a pesar de estaren traducindo a mesma secuencia, cada ribosoma está sintetizando un punto diferente da proteína, e os ribosomas que están máis preto do codón de iniciación levan sintetizada unha fracción menor da proteína cós que están chegando ao codón de finalización. Cando chegan ao final do ARNm saen do polirribosoma.

Foron descubertos e caracterizados por Jonathan Warner, Paul Knopf, e Alex Rich en 1963.[3]

  1. Harvey Lodish (1999). "4.5. Stepwise Formation of Proteins on Ribosomes". En Scientific American Books. Molecular cell biology. New York. ISBN 0-7167-3136-3. ISBN 0-7167-3136-3. [1]
  2. Cooper, Geoffrey M. ; Hausman, Robert E. (2011). "Capítulo 8: Síntesis de proteínas, procesamiento y regulación". En Marbán. La Célula (5ª ed.). ISBN 9788471018113. Consultado o 29 de junio de 2010.  [2]
  3. Warner JR, Knopf PM, Rich A (1963). "A multiple ribosomal structure in protein synthesis". Proc. Natl. Acad. Sci. U.S.A. 49: 122–129. Bibcode:1963PNAS...49..122W. PMC 300639. PMID 13998950. doi:10.1073/pnas.49.1.122.  Summary Arquivado 22 de outubro de 2020 en Wayback Machine.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
{{bottomLinkPreText}} {{bottomLinkText}}
Polisoma
Listen to this article

This browser is not supported by Wikiwand :(
Wikiwand requires a browser with modern capabilities in order to provide you with the best reading experience.
Please download and use one of the following browsers:

This article was just edited, click to reload
This article has been deleted on Wikipedia (Why?)

Back to homepage

Please click Add in the dialog above
Please click Allow in the top-left corner,
then click Install Now in the dialog
Please click Open in the download dialog,
then click Install
Please click the "Downloads" icon in the Safari toolbar, open the first download in the list,
then click Install
{{::$root.activation.text}}

Install Wikiwand

Install on Chrome Install on Firefox
Don't forget to rate us

Tell your friends about Wikiwand!

Gmail Facebook Twitter Link

Enjoying Wikiwand?

Tell your friends and spread the love:
Share on Gmail Share on Facebook Share on Twitter Share on Buffer

Our magic isn't perfect

You can help our automatic cover photo selection by reporting an unsuitable photo.

This photo is visually disturbing This photo is not a good choice

Thank you for helping!


Your input will affect cover photo selection, along with input from other users.

X

Get ready for Wikiwand 2.0 🎉! the new version arrives on September 1st! Don't want to wait?