For faster navigation, this Iframe is preloading the Wikiwand page for Plasma sanguíneo.

Plasma sanguíneo

O plasma sanguíneo supón o 55% do volume do sangue total. O 45% restante corresponde aos elementos figurados (celulares).
Tubos con sangue e EDTA. O da esquerda está sedimentado e o sobrenadante é o plasma. O segundo ten as células sanguíneas aínda en suspensión.

O plasma sanguíneo é o compoñente líquido do sangue de cor amarelada no que están en suspensión as células sanguíneas. Por tanto, non contén células, pero si moitas substancias orgánicas e inorgánicas en disolución. O plasma supón o 55% do volume sanguíneo total.[1] É a parte intravascular (dentro dos vasos) do fluído extracelular do corpo (todos os fluídos que están fóra das células). Está composto principalmente de auga (ata o 95% do volume do plasma), e contén en disolución proteínas (6-8%) (por exemplo, albuminas, globulinas, e fibrinóxeno),[2] glicosa, factores de coagulación, electrólitos (Na+, Ca2+, Mg2+, HCO3-, Cl- etc.), hormonas, e dióxido de carbono.

O plasma serve como medio de transporte de produtos de excreción, nutrientes, gases, hormonas e como reserva de proteínas. Xoga un papel vital no efecto osmótico intravascular que mantén os electrólitos en niveis equilibrados. Protexe o corpo de infeccións (contén proteínas do sistema do complemento e anticorpos) e doutros trastornos sanguíneos.[3]

O plasma sanguíneo obtense por centrifugación (fraccionamento do sangue) a partir do sangue completo con anticoagulante engadido. As células sedimentan no fondo do tubo de centrifugación e no sobrenadante queda o plasma.[4] A densidade do plasma é de aproximadamente 1,025 g/mL.[5]

O soro sanguíneo é plasma sanguíneo que carece de factores de coagulación.[4]

A plasmaférese é unha terapia médica na que se extrae o plasma, trátase e reintégrase ao corpo.

O fluído corporal simulado (SBF) é un plasma sanguíneo sintético consistente nunha solución con similar concentración iónica á do plasma sanguíneo humano. Utilízase normalmente para a modificación superficial de implantes metálicos, e máis recentemente na introdución de xenes alleos nas células.

Composición

[editar | editar a fonte]
Concentración en masa dos constituíntes do plasma sanguíneo.

O plasma sanguíneo está composto en máis do 91% do seu volume de auga, e contén unha gran variedade de solutos. Entre eles están :

  1. Solutos minerais : oligoelementos e ións disoltos. A concentración total dos ións é un factor importante para o mantemento do equilibrio osmótico do sangue. Certos ións teñen tamén un efecto tampón que contribúe, xunto coas proteínas plasmátcias, a manter o pH do sangue arterial entre 7,35 e 7,45 en humanos.
    En mmol/L : Na+ (140), Cl- (105), K+ (5), PO43- (4), Ca2+ (2), Mg2+ (1), SO42- (0,2).
  2. Gases respiratorios (principalmente CO2, xa que a maior parte do O2 está nos eritrocitos).
  3. Solutos orgánicos. Hai dúas grandes clases destes solutos no plasma:
  • Substancias en tránsito : nutrientes (lípidos, glícidos, aminoácidos), residuos metabólicos (urea, ácido úrico, bilirrubina), e hormonas.
  • Proteínas plasmáticas (60 a 80 g/L) : en total no plasma hai unhas 300 proteínas diferentes. As máis abondosas son: albumina (+ do 50 %), anticorpos (= inmunoglobulinas: 20 %, esencialmente as IgG, e tamén IgA e IgM), fibrinóxeno (5 %, coagulación), alfa 1 antitripsina (4 %), alfa 2 macroglobulina (4 %), transferrina (3 %), lipoproteínas (HDL e LDL, principalmente: 8 %). Outras proteínas menos representadas poden ter tamén funcións moi importantes para o organismo. En xeral, as proteínas exercen un efecto tampón que contribúe a manter o pH, a equilibrar a presión osmótica e oncótica e a darlle ao sangue a súa viscosidade; neste papel a proteína maioritaria albumina é a máis importante.
    Ademais, cada tipo de proteína plasmática exerce unhas funcións específicas. Varias proteínas transportan substancias como a transferrina (transporta ferro), a ceruloplasmina (cobre), as lipoproteínas (lípidos), e a albumina (transporta hormonas, ácidos graxos, bilirrubina, Ca2+, e ten sitios para a fixación de fármacos). Outras interveñen na defensa inmunitaria humoral, como as inmunoglobulinas (IgG, 70%, IgA, 20%, IgM, 5 %) e as proteínas do complemento. Outras interveñen na coagulación do sangue (factores de coagulación, que forman unha fervenza que orixina a formación de coágulos de fibrina).
  1. Dennis O'Neil (1999). "Blood Components". Palomar College. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2013. Consultado o 23 de maio de 2014. 
  2. Tuskegee University (May 29, 2013). "Chapter 9 BLOOD". tuskegee.edu. Arquivado dende o orixinal o 28 de decembro de 2013. Consultado o 23 de maio de 2014. 
  3. "Ways to Keep Your Blood Plasma Healthy". Arquivado dende o orixinal o 01 de novembro de 2013. Consultado o November 10, 2011. 
  4. 4,0 4,1 Maton, Anthea; Jean Hopkins; Charles William McLaughlin; Susan Johnson; Maryanna Quon Warner; David LaHart; Jill D. Wright (1993). Human Biology and Health. Englewood Cliffs, New Jersey, USA: Prentice Hall. ISBN 0-13-981176-1. 
  5. The Physics Factbook – Density of Blood

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
  • Fraccionamento do plasma sanguíneo

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
{{bottomLinkPreText}} {{bottomLinkText}}
Plasma sanguíneo
Listen to this article

This browser is not supported by Wikiwand :(
Wikiwand requires a browser with modern capabilities in order to provide you with the best reading experience.
Please download and use one of the following browsers:

This article was just edited, click to reload
This article has been deleted on Wikipedia (Why?)

Back to homepage

Please click Add in the dialog above
Please click Allow in the top-left corner,
then click Install Now in the dialog
Please click Open in the download dialog,
then click Install
Please click the "Downloads" icon in the Safari toolbar, open the first download in the list,
then click Install
{{::$root.activation.text}}

Install Wikiwand

Install on Chrome Install on Firefox
Don't forget to rate us

Tell your friends about Wikiwand!

Gmail Facebook Twitter Link

Enjoying Wikiwand?

Tell your friends and spread the love:
Share on Gmail Share on Facebook Share on Twitter Share on Buffer

Our magic isn't perfect

You can help our automatic cover photo selection by reporting an unsuitable photo.

This photo is visually disturbing This photo is not a good choice

Thank you for helping!


Your input will affect cover photo selection, along with input from other users.

X

Get ready for Wikiwand 2.0 🎉! the new version arrives on September 1st! Don't want to wait?