For faster navigation, this Iframe is preloading the Wikiwand page for Musicoloxía.

Musicoloxía

Pintura de instrumentos de finais do século XVIII da escola de Zlatá Koruna.

A musicoloxía é o estudo científico ou académico de todos os fenómenos relacionados coa música, como as súas bases físicas, a súa historia e a súa relación co ser humano e a sociedade. As súas orientacións son moi diversas, fan énfase en diferentes áreas de traballo, obxectos de estudo e problemas de investigación. A musicoloxía definiuse e desenvolveuse de maneira moi diferente segundo as diversas tradicións nacionais. Por exemplo, na academia inglesa, a teoría da música non pertence á musicoloxía; ambas ensínanse en departamentos universitarios diferentes e posúen asociacións e revistas específicas.

Campos da musicoloxía

[editar | editar a fonte]

A musicoloxía na historia

[editar | editar a fonte]

A historia da música é un subcampo da musicoloxía que estuda como se desenvolveu a música ó longo do tempo. Este campo tamén é chamado ás veces musicoloxía histórica. En teoría, a historia da música pode referirse ó estudo da historia de calquera tipo de xénero musical (por exemplo a historia da música india ou a historia do rock). Na práctica, a historia da música áchase directamente relacionada co estudo da música clásica europea.

As ferramentas para abastecer a historia da música inclúen o estudo de manuscritos, estudo de traballos de compositores (ás veces realizando crítica textual), estudo das biografías de compositores e músicos, iconografía, estudo da relación entre a palabra e a música ou entre a música e a sociedade. O uso da análise musical para conseguir estas metas é a miúdo unha parte da historia da música, aínda que a análise “pura” ou o desenvolvemento de ferramentas novas da análise da música é máis probable que se inclúa no campo da teoría da música.

Na maior parte de Occidente, a historia da música ensínanos xeralmente que existe cronoloxicamente un equilibrio no repertorio (a través de audicións), o estudo e a análise destes traballos, os detalles biográficos e culturais da música e os músicos, e o escribir sobre música, habitualmente a través da crítica musical.

Etnomusicoloxía

[editar | editar a fonte]

A etnomusicoloxía é o estudo da música no seu contexto cultural. Pode ser considerado a antropoloxía da música. Sempre se considera dentro da etnomusicoloxía toda aquela música que non estea dentro de occidente. Jeff Todd Titon denominouno o estudo da "xente que fai música". A etnomusicoloxía pode incluír tamén o estudo da música clásica occidental dende unha perspectiva antropolóxica e frecuentemente, no canto de observar á música cunha cultura, observa a música como un reflexo da cultura.

Despois de estudar publicacións previas, os etnomusicólogos observan a música in situ nos lugares onde se dan (pero non sempre). Este traballo de campo pode implicar a gravación e transcrición da música nos seus lugares orixinarios, entrevistas cos músicos autóctonos e aprender a realizarse dentro dese estilo musical (chamado biomusicalidade).

Teoría da música

[editar | editar a fonte]

A teoría da música é un campo de estudo que describe os elementos da música e inclúe o desenvolvemento e o uso dos métodos para compoñer e analizar a música a través da notación musical e, en ocasións, do son musical en si mesmo. Xeralmente a teoría pode incluír calquera opinión, crenza ou concepto sobre a música (Boretz, 1995).

{{bottomLinkPreText}} {{bottomLinkText}}
Musicoloxía
Listen to this article

This browser is not supported by Wikiwand :(
Wikiwand requires a browser with modern capabilities in order to provide you with the best reading experience.
Please download and use one of the following browsers:

This article was just edited, click to reload
This article has been deleted on Wikipedia (Why?)

Back to homepage

Please click Add in the dialog above
Please click Allow in the top-left corner,
then click Install Now in the dialog
Please click Open in the download dialog,
then click Install
Please click the "Downloads" icon in the Safari toolbar, open the first download in the list,
then click Install
{{::$root.activation.text}}

Install Wikiwand

Install on Chrome Install on Firefox
Don't forget to rate us

Tell your friends about Wikiwand!

Gmail Facebook Twitter Link

Enjoying Wikiwand?

Tell your friends and spread the love:
Share on Gmail Share on Facebook Share on Twitter Share on Buffer

Our magic isn't perfect

You can help our automatic cover photo selection by reporting an unsuitable photo.

This photo is visually disturbing This photo is not a good choice

Thank you for helping!


Your input will affect cover photo selection, along with input from other users.

X

Get ready for Wikiwand 2.0 🎉! the new version arrives on September 1st! Don't want to wait?