For faster navigation, this Iframe is preloading the Wikiwand page for Mudéxar.

Mudéxar

Teruel (Aragón - España): Torre da Catedral, un dos dez monumentos mudéxar de Aragón que están catalogados coma Patrimonio da Humanidade.
Estilo mudéxar no Mosteiro de Guadalupe en Cáceres (Estremadura - España).
Claustro mudéxar da Igrexa de San Pedro, Teruel - España.

Mudéxar[1] é un termo que deriva da verba árabe مدجّن [mudaÿÿan] que significa "doméstico" ou "domesticado" e que se utiliza para designar aos musulmáns que ficaron en territorio conquistado polos cristiáns, e baixo o seu control político, durante o proceso de avance dos reinos cristiáns cara ao sur (denominado Reconquista), que se desenvolveu ao longo da Idade Media na Península Ibérica.

Ao principio permitíuselles seguir practicando o islam, empregar a súa lingua e manter os seus costumes. Organizábanse en comunidades denominadas alxamas ou mourarías con diversos graos de autogoberno, segundo as condicións de rendición, ou de subordinación: no caso de Baleares, a total escravitude, noutros casos, a vinculación en condicións de servidume feudal. En Valencia existían os denominados mouros paliers (protexidos do rei) e outros de menor grao de protección (decimati e quintati).[2]

Na súa gran maioría, de condición social humilde, eran campesiños cunha especial vinculación á agricultura de regadío (hortas e veigas, socalcos nas ladeiras) ou artesáns especializados (albanelaría, oficios téxtiles -cordobáns, sedas-). Co tempo, as condicións de convivencia e tolerancia fóronse endurecendo, restrinxindo os contactos sociais e económicos entre comunidades; á tradicional separación das buxarías (cortadorías ou carnizarías) (baseada no especial método de sacrificio) engadíuselle a prohibición de contactos profesionais e casamentos mixtos.

As revoltas mudéxares foron numerosas a partir do século XIII, e provocaron o despoboamento dalgunhas zonas (Val do Guadalquivir, Norte de Alacant), aínda que se mantiveron noutras, especialmente no Levante, tanto castelán (Murcia), coma aragonés (resto do reino de Valencia -Dénia, Xàtiva, Segorbe-, e incluso no val do Ebro -Borja, Tarazona, Huesca, Teruel, Zaragoza, Calatayud-). A finais da Idade Media representaban o 11 por cento da poboación da Coroa de Aragón [Cómpre referencia].

A Guerra de Granada (1482-1492) proporcionou a definitiva ampliación do concepto de mudéxares a todos os musulmáns peninsulares. En principio as condicións da rendición permitíalles a súa continuidade e o exercicio da relixión islámica, porén, o incumprimento das condicións pactadas por parte dos cristiáns orixinou os primeiros conflitos. A partir da revolta del Albaicín e a dos mudéxares granadinos en 1499, polo decreto de 1502 foron obrigados a se converter ao cristianismo, pasando así a denominarse mouriscos, que malia isto seguiron cos seus costumes diferenciados e o exercicio clandestino da súa relixión. A rebelión das Alpujarras (1568) levou á dispersión dos granadinos polo interior de Castela (non así os de Levante), e a imposibilidade de integración e a desconfianza á súa connivencia cos piratas bérberes e o Imperio turco levou á decisión da expulsión dos mouriscos en 1609, aínda que os seus efectos reais foron escasos.[3]

Arte mudéxar

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Arte mudéxar.
Fonte colonial La Corona ou La Pila, construída no século XVI en Chiapas (México), única nas Américas deste estilo.

A arte mudéxar, desenvolvida particularmente en arquitectura, consistiu na aplicación aos edificios cristiáns de influencias de estilo hispano-musulmán por mor da albanelaría de tradición andalusí. É un fenómeno autóctono e exclusivamente hispánico, que se manifestou tanto en elementos arquitectónicos estruturais como decorativos (arco de ferradura, artesoados) e na preferencia polo uso de certos materiais (xeso, ladrillo -simple ou vitrificado en azulexos-, madeira -vista nos artesoados- etc.) Aínda que en Galicia si houbo certos asentamentos mouriscos, especialmente trala expulsión doutros territorios hispánicos até Galicia por parte dos Reis Católicos, a arte mudéxar non chegou a se plasmar no territorio. Tampouco hai pegadas en Asturias e Cantabria.

Desde o século XIX desenvolveuse unha arquitectura historicista denominada neomudéxar.

  1. Nome da arte en galego en Vocabulario ortográfico da lingua galega, A Coruña, Real Academia Galega / Instituto da Lingua Galega, 2004
  2. Artola, Miguel Diccionario temático de la Enciclopedia de Historia de España, Madrid: Alianza
  3. "... tornaron cantos mouriscos saíran, pola boa vontade coa que xeralmente os reciben todos os naturais e os encobren os Xustizas", O conde de Salazar -responsábel das expulsións-, en Carta a Filipe III con data do 8 de agosto de 1615.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
{{bottomLinkPreText}} {{bottomLinkText}}
Mudéxar
Listen to this article

This browser is not supported by Wikiwand :(
Wikiwand requires a browser with modern capabilities in order to provide you with the best reading experience.
Please download and use one of the following browsers:

This article was just edited, click to reload
This article has been deleted on Wikipedia (Why?)

Back to homepage

Please click Add in the dialog above
Please click Allow in the top-left corner,
then click Install Now in the dialog
Please click Open in the download dialog,
then click Install
Please click the "Downloads" icon in the Safari toolbar, open the first download in the list,
then click Install
{{::$root.activation.text}}

Install Wikiwand

Install on Chrome Install on Firefox
Don't forget to rate us

Tell your friends about Wikiwand!

Gmail Facebook Twitter Link

Enjoying Wikiwand?

Tell your friends and spread the love:
Share on Gmail Share on Facebook Share on Twitter Share on Buffer

Our magic isn't perfect

You can help our automatic cover photo selection by reporting an unsuitable photo.

This photo is visually disturbing This photo is not a good choice

Thank you for helping!


Your input will affect cover photo selection, along with input from other users.

X

Get ready for Wikiwand 2.0 🎉! the new version arrives on September 1st! Don't want to wait?