Liga ASOBAL 2011/12
Tipo | Liga ASOBAL |
---|---|
Deporte | balonmán |
Organizador | Liga ASOBAL |
Número de participantes | 16 |
Localización e Datas | |
País | España |
Período de tempo | tempada 2011-2012 |
Número de edición | 54 |
Competición | |
Primeiro posto | FC Barcelona |
Datos estatísticos | |
Partidos | 240 |
A Liga ASOBAL 2011/12 foi a 61ª edición da liga española de balonmán, a 22ª coa denominación Asobal. Este ano o torneo tivo o mesmo sistema de competición das últimas tempadas, con 16 equipos e 30 xornadas. Unha das novidades máis salientables desta tempada foi o retorno á elite do conxunto galego do Academia Octavio, despois dunha tempada na División de Honra Prata. Outra novidade foi a primeira participación do Obearagón BM Huesca na máxima categoría do balonmán español na súa historia. Por outra banda, o BM Ciudad Real deixou a súa cidade de orixe, mudándose dende Cidade Real a Madrid, rebautizándose como BM Atlético de Madrid.
Equipos
[editar | editar a fonte]Equipo | Adestrador | Cidade | Pavillón | Capacidade | Marca | Patrocinador |
---|---|---|---|---|---|---|
Alser Puerto Sagunto | Alberto Estornell | Porto de Sagunto | Pavillón Municipal Porto de Sagunto | 2.500 | Bemiser | Alser |
AMAYA Sport San Antonio | Juanto Apezetxea | Pamplona | Pavillón Universitario de Navarra | 3.000 | Astore | AMAYA Sport |
BM Antequera | Antonio Ortiz | Antequera | Municipal Fernando Argüelles | 2.575 | Hummel | |
BM Atlético de Madrid | Talant Dujshebaev | Madrid | Palacio de Vistalegre | 15.000 | Kempa | |
BM Torrevieja | Manolo Laguna | Torrevieja | Polideportivo Infanta Cristina | 4.500 | Rasán | |
Caja3 BM Aragón | Mariano Ortega | Zaragoza | Pavillón Príncipe Felipe | 12.000 | Kempa | Caja3 |
Cuatro Rayas Valladolid | Juan Carlos Pastor | Valladolid | Polideportivo Huerta del Rey | 3.502 | Hummel | Cuatro Rayas |
Cuenca 2016 | "Zupo" Equisoain | Cuenca | Municipal El Sargal | 1.900 | Elements | |
FC Barcelona Intersport | Xavi Pascual | Barcelona | Palau Blaugrana | 7.500 | Nike | Intersport |
Fraikin BM Granollers | Manolo Cadenas | Granollers | Palau d'Esports de Granollers | 5.685 | Kempa | Fraikin |
Helvetia Anaitasuna | Aitor Etxaburu | Pamplona | Pavillón Anaitasuna | 3.500 | Salming | Helvetia Seguros |
Naturhouse La Rioja | Javier "Jota" González | Logroño | Palacio dos Deportes | 3.851 | Mercury | Naturhouse |
Obearagón BM Huesca | José Francisco Nolasco | Huesca | Municipal de Huesca | 5.500 | Rasán | Obearagón |
Academia Octavio | Enrique Domínguez | Vigo | Complexo Deportivo das Travesas | 3.500 | Salming | |
Quabit BM Guadalajara | Fernando Bolea | Guadalaxara | Multiúsos de Guadalaxara | 5.894 | Rasán | Quabit |
Reale Ademar León | Isidoro Martínez | León | Palacio Municipal de Deportes | 6.000 | Kukri | Reale - Feve |
Clasificación
[editar | editar a fonte]A liga rematou co título de campión en mans do FC Barcelona Intersport, que xa fora campión na anterior edición da Liga ASOBAL. Foi o 19º campionato de liga para o club catalán. Como campión, acadou a praza para disputar a edición 2012/13 da Liga de Campións da EHF, competición na que estará acompañado polo BM Atlético de Madrid e polo Reale Ademar León, segundo e terceiro clasificados na táboa. Os equipos que remataron a liga en cuarta e quinta posición (Cuatro Rayas Valladolid e Caja3 BM Aragón) acadaron unha praza para competir na edición 2012/13 da nova competición europea, chamada Copa de Europa da EHF, que fusiona a Recopa de Europa e a Copa EHF. Por último, descenderon de categoría automaticamente os dous últimos equipos da táboa, BM Antequera e Alser Puerto Sagunto. A clasificación da Liga Asobal 2011-12 rematou do seguinte xeito:[1]
|
|
Actualizado: 4 de xuño de 2012
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Clasificación, resultados e xornadas da Liga Asobal 2011-12 (en castelán)
- ↑ Resultados de la última jornada, plazas para competiciones europeas y descenso, información da páxima oficial da Liga ASOBAL. (en castelán)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]
|
Text is available under the CC BY-SA 4.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.