For faster navigation, this Iframe is preloading the Wikiwand page for Conversa usuario:Autopistero20502020.

Conversa usuario:Autopistero20502020

Dámosche a benvida á Galipedia, Autopistero20502020!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface, como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto das persoas que editamos na Galipedia na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outra persoa. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Estevo(aei)fálame aquí 1 de xullo de 2023 ás 17:36 (UTC)[responder]

Ola, Estevo:
Moitas grazas, é a miña primeira vez aquí no Wikipedia galego, xa que son usuario de Wikipedia castelán, pero son galego nativo e de lingua materna de orixe.
Un saúdo. Autopistero20502020 (conversa) 1 de xullo de 2023 ás 17:39 (UTC)[responder]

Estradas de Galicia sen imaxes

[editar a fonte]

Ola! Moitas grazas polo teu traballo coas estradas galegas! Hoxe creei Categoría:Estradas de Galicia sen imaxes, polo que non cómpre que lles engadas aos artigos a Categoría:Xeografía de Galicia sen imaxes e mais Categoría:Artigos de Galicia sen imaxes. Intentarei ir fotografando as que me coincidan :) Un saúdo!! --Estevo(aei)fálame aquí 11 de abril de 2024 ás 21:46 (UTC)[responder]

Ola, Estevo:
De nada, aínda non terminei o meu traballo, o que debo de completar todas as estradas da Xunta de Galicia, a primaria, primaria complementaria e secundaria de todas as provincias.
Tamén o traballei en OpenStreetMap pola mellora da transparencia vinculado o Wikimedia. Ben, a maioría destas estradas da Xunta de Galicia non teñen imaxes, nin fotos, aínda que entendo que iso vai encher moitos novos artigos no futuro, porque debo de facelo aos poucos o meu traballo.
Hai algunhas localidades que aínda non están creados os artigos, polo que deixei de forma provisional ás parroquias. Ademais, vou estudar a mellorar as categorías das estradas para dividir ás 4 provincias que lle corresponde.
Moitas grazas e moitos saúdos!! Autopistero20502020 (conversa) 11 de abril de 2024 ás 22:11 (UTC)[responder]
Respecto ás localidades, están xa todas creadas en Wikidata, e o compañeiro @Breogan2008: está a traballar nos artigos dos Lugares de Galicia, polo que se queres podes ir poñendo as ligazóns aínda que queden en vermello. Respecto ás categorías, sería fabuloso aquelar por provincias. Se tes activada en preferencias a ferramenta "Cat-a-lot" pode servirche de axuda. Se podo axudar nalgunha outra cousa, faimo saber. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 11 de abril de 2024 ás 22:39 (UTC)[responder]
Ola de novo:
De acordo, grazas, tereino en conta.
Saúdos. Autopistero20502020 (conversa) 12 de abril de 2024 ás 05:39 (UTC)[responder]
Ola, @Estevo:
Finalicei os novos artigos de todas as estradas da rede secundaria da Xunta de Galicia e pronto empezarei os novos da rede primaria complementaria, aos poucos.
Saúdos. Autopistero20502020 (conversa) 19 de abril de 2024 ás 15:43 (UTC)[responder]
Vaia traballazo, que marabilla. Aproveito para comentarche: para engadir imaxes nos artigos, busco de dúas formas; dunha banda, na commons:Category:Roads in Galicia (Spain), e doutra banda, coa ferramenta WikiShootMe. Tamén sumei algunha que tiña no disco duro e que no seu momento non subira, e algunhas outras que estou a fotografar estes días; creei a commons:Category:Kilometer 0 signs in Galicia (Spain), e @Beninho: aconselloume que engadise nesta categoría ((Geogroup|level=2)) para poder ver as imaxes da mesma nun mapa. Seguimos traballando! Saúdos!! --Estevo(aei)fálame aquí 19 de abril de 2024 ás 15:58 (UTC)[responder]
Ola de novo:
Moi interesante que tes moitas fotos gardadas na túa PC, parecía que tes unha gran colección fotográfica das estradas galegas, xD!! Polo menos que cando teña tempo libre para axudarche a revisar as imaxes que subiron aquí en Wikipedia que poida encadrar con calquera estrada galega.
Sigo co meu e saúdos. Autopistero20502020 (conversa) 19 de abril de 2024 ás 17:56 (UTC)[responder]
Ola, @Estevo:
Finalicei os novos artigos de todas as estradas da rede primaria complementaria da Xunta de Galicia e pronto empezarei os novos da rede primaria básica, aos poucos.
Saúdos. Autopistero20502020 (conversa) 28 de abril de 2024 ás 19:51 (UTC)[responder]
Ola, @Estevo:
Finalicei os novos artigos de todas as estradas da rede primaria básica da Xunta de Galicia e revisarei aos artigos das vías rápidas, corredores galegos, autovías e autoestradas de peaxe para ampliar e mellorar, aos poucos.
Saúdos. Autopistero20502020 (conversa) 3 de maio de 2024 ás 16:07 (UTC)[responder]
Ola! Vaia marabilla de traballo. Fixen a subpáxina de traballo Usuario:Estevoaei/estradas, que toma información de Wikidata, para ver a base de datos de estradas que pasan por Galicia. Quería ir matizando algunhas cousas: os lugares onde están (por exemplo, na AC-105 indicar en Wikidata que se sitúa na unidade administrativa As Pontes de García Rodríguez, máis concreto ca o xenérico Galicia); indicar nos artigos se son tramos vellos de estrada (pasa bastante coas nacionais e coas antigas comarcais) e revisar na toponimia dos lugares os enlaces coas estradas (especialmente en lugares chamados O Empalme, A Caseta etcétera). Un saúdo, e mil grazas polo teu traballo! --Estevo(aei)fálame aquí 4 de maio de 2024 ás 07:49 (UTC)[responder]
Ola de novo:
Ben, no caso de que se queres saber das estradas que lle cambiaron antes do ano 2003 (ver esta lista), xa o puxen neste seguinte anexo (en castelán), que aparece a ID anterior ou antigo. O tema dos lugares dependendo de cada estrada que poida ser unha longa estrada de moitos quilómetros que atravesa uns cuantos concellos, xa que o puxen en cada artigo (concellos que atravesa). A unidade administrativa que refires sobre os lugares, ten que ser de Galicia porque xestiona a Xunta de Galicia a través da nova Consellería de Vivendas e Planificación de Infraestruturas. A rede de estradas non pode xestionar polos concellos, sabes que segundo a lei das estradas de Galicia, administra pola Xunta de Galicia.
En cando o tema de indicar se é un antigo tramo da estrada nacional ou comarcal, habería que revisar da lista do ano 2003, para comprobar e incluír nos artigos (algúns xa están postos, pero creo que lle faltan noutros artigos por falta de tempo, que teño moito traballo, e en cando poida, fareino). Doutra banda, todos os novos artigos que o creei son provisionais, porque quero ampliar máis información, incluíndo a historia coas referencias (é un tema moi complicado porque require moita investigación nas hemerotecas das prensas galegas e notas de prensa da Xunta de Galicia e iso dálle moito tempo). Cando poida, imos ampliar información.
De todas as formas, irei revisado o que queda pendente das autovías, autoestradas, vías para automóbiles e corredores.
Saúdos. Autopistero20502020 (conversa) 4 de maio de 2024 ás 08:12 (UTC)[responder]

Categoría e control de autoridades

[editar a fonte]

Ola meu! O primeiro parabéns polo teu traballo, estás a ser de grande axuda co teu esforzo facendo e mellorando os artigos de lugares. Coméntoche unha cousa, nas últimas páxinas que estás a crear fáltache por engadir a categoría e o control de autoridades. Funos poñendo eu, pero dígocho para ver se o estás copiando dalgún artigo ao que lle falte e así non ter que ir eu atrás poñéndoo. Saúdos e a seguir compañeiro. Breogan2008 (conversa) 9 de maio de 2024 ás 10:10 (UTC)[responder]

Ola, @Breogan2008:
É verdade, foi un descoido!! Xa o copiei para os próximos artigos dos lugares, pídolle as miñas desculpas!!
Grazas por avisarme e saúdos. Autopistero20502020 (conversa) 9 de maio de 2024 ás 10:16 (UTC)[responder]

Artigos de lugares

[editar a fonte]

Bo día!

Nos artigos de lugares adóitase incluír ((ORDENAR:)) para que aparezan nas categorías en orde alfabética excluíndo os artigos. Igual ca, por exemplo, en Modelo:Lp Corme Porto aparecen os lugares sen ter en conta o artigo (A Atalaia, O Caramanchón, As Forcadas, O Gafote etc., e non A Atalaia, As Forcadas, As Regadiñas, O Caramanchón etc.), este criterio -que emprega tamén o Nomenclátor- é útil para atopar os lugares. Pero se non se pon ((ORDENAR:)) aparecen desordenados, como podes ver en Categoría:Lugares de Ponteceso. Podes botarlle un ollo ao historial do artigo As Regadiñas, Corme Porto, Ponteceso, onde xa o incluín. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 20 de maio de 2024 ás 10:16 (UTC)[responder]

Ola, @Estevo:
Uf, se me avisases moito máis antes, xa tería que estar ordenado os lugares, polo que terminei de revisar e creado uns cuantos artigos novos dos lugares "baleiros" das 3 comarcas de Santiago de Compostela, A Coruña e Ferrol (por orde). Bo, o que o teu refires é ordenar só o nome dos lugares sen os artigos determinados como "O", "Os", "A" e "As", é así?
Saúdos. Autopistero20502020 (conversa) 20 de maio de 2024 ás 10:30 (UTC)[responder]
Ola de novo:
Xa o ordenei todos os lugares do concello de Ponteceso. Tamén quería comentar outra cousa, en cando me fixei a algúns artigos que creo que lle puxeron mal (por exemplo: "ORDENAR:Pazos, Ameixenda") e iso non é válido, verdade? Co que corrixín, quitado as parroquias e deixar só o lugar para ordenar ben na lista dos lugares dentro da categoría. Confirmarme se esta todo ben correcto para seguir creado os novos artigos con "ORDENAR".
Grazas de novo e saúdos. Autopistero20502020 (conversa) 20 de maio de 2024 ás 10:49 (UTC)[responder]
Efectivamente, hai algúns artigos mal ordenados, que inclúen o nome da parroquia dentro de ((ORDENAR:)). Simplemente debe ir o nome do lugar sen o artigo, como estás facendo. Mil grazas! --Estevo(aei)fálame aquí 20 de maio de 2024 ás 10:59 (UTC)[responder]
Ola de novo:
De acordo, iso corrixireille en cando sigo creado os novos artigos.
Saúdos. Autopistero20502020 (conversa) 20 de maio de 2024 ás 12:23 (UTC)[responder]

Páxinas de homónimos

[editar a fonte]

Ola, Autopistero. Hai anos comecei a organizar as páxinas de homónimos, dándolles un mesmo formato. Podes velo en Usuario:Estevoaei/topónimos. Non ten sentido organizar por provincias, senón que se emprega a orde alfabética dos concellos. Ademais, no caso de Abelleira de Abaixo, A Barqueira, Cerdido é redundante poñer ligazóns a tres páxinas de homónimos, pois xa existe unha páxina de homónimos que coincide co nome do lugar, e desde a propia páxina de homónimos xa se enlaza coas outras páxinas. Un saúdo. --Estevo(aei)fálame aquí 17 de xuño de 2024 ás 13:15 (UTC)[responder]

Ola, @Estevo:
De acordo, é que hai moitas cousas complicadas, porque o caso de Outeiro, ten máis de 255 lugares e ten que organizar por 4 provincias que non ten sentido seguir sen saber as provincias. Son moitas páxinas dentro da páxina de homónimos de Outeiro. Hai que sabelo para atopar o lugar por cada provincia corresponde e non por cada concello. Hai palabras moi repetidas e poida que a xente que busca información confunda algo. Non é o único caso, porque hai outros lugares como Monte, Aldea, Piñeiro, etc. como mínimo, 50 lugares nunha páxina de homónimos.
Ben, en cando o asunto da páxina dun lugar que non debe de poñer 3 páxinas de homónimos e só debemos de poñer unha que logo dentro dela, está as outras páxinas de homónimos, iso vouno a revisar de novo para corrixir algúns lugares. Outra cousa, a dúbida é que teño que poñer o lugar (ou parroquia ou concello) da Rúa (por exemplo), só existe a páxina de homónimos "Rúa (homónimos)", pero na páxina da Rúa, había que poñer ((Outros homónimos|Rúa (homónimos)|Rúa)) ou había que poñer ((Outros homónimos|Rúa (homónimos)|A Rúa))?, é polo articulo determinado. Non se se ten que coincidir o nome da páxina de homónimos sen ou co articulo determinado ao artigo.
Xa me dirás o asunto de Outeiro, grazas e saúdos. Autopistero20502020 (conversa) 17 de xuño de 2024 ás 13:45 (UTC)[responder]

estradas comarcais

[editar a fonte]

Ola!

Estiven vendo na Wikipedia en castelán o Anexo:Carreteras Comarcales de España, e coido que a situación é a seguinte: das antigas estradas comarcais de Galicia, hai artigo na Wikipedia en galego da C-531, C-533, C-540, C-546, C-547 e C-550. Anímaste a crear os artigos das estradas C-532, C-535, C-536, C-541, C-542, C-543, C-545, C-549, C-551, C-552 e C-555?

Xa me contarás. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 14 de agosto de 2024 ás 08:28 (UTC)[responder]

Ola, @Estevo:
Iso sería un reto e estudareino antes de crear, para ver se poida obter máis información destas antigas estradas comarcais. Nun principio, farei o básico para crear os novos artigos, porque fai falta ter máis información para ter unha mellor transparencia e iso vai dependendo de que teña tempo dispoñible. De todas as formas, mirareino, porque no anexo en castelán das estradas comarcais non creou estes artigos, pero farémolo nós os novos artigos dentro de Wikipedia galego.
Saúdos. Autopistero20502020 (conversa) 14 de agosto de 2024 ás 16:16 (UTC)[responder]
Ola de novo:
Xa terminei a seguinte lista, de forma basicamente:
Quédame o resto que é o outro plan de estradas para investigar un pouco máis.
Doutra banda, o que comentaches sobre a C-537, iso non forma parte da antiga estrada comarcal en Galiza, senón, en Estremadura, entre Badaxoz e Mérida por Montijo (actual estrada EX-209).
Saúdos. Autopistero20502020 (conversa) 14 de agosto de 2024 ás 21:54 (UTC)[responder]
Ola, @Estevo:
Tamén creei outros 4 artigos que non mencionaras:
Sigo as outras 3 estradas comarcais pendentes de crear artigos e saúdos. Autopistero20502020 (conversa) 15 de agosto de 2024 ás 11:11 (UTC)[responder]
Ola de novo:
Xa revisei todo, as estradas comarcais C-549, C-551 e C-555 son inexistentes, porque tiven que consultar a un experto das estradas galegas e déronme este mapa do ano 1960 e a lista das estradas co decreto do ano 2003.
Por agora, iso é todo. Xa tes todas as antigas estradas comarcais de toda Galiza.
Saúdos. Autopistero20502020 (conversa) 15 de agosto de 2024 ás 18:18 (UTC)[responder]
{{bottomLinkPreText}} {{bottomLinkText}}
Conversa usuario:Autopistero20502020
Listen to this article

This browser is not supported by Wikiwand :(
Wikiwand requires a browser with modern capabilities in order to provide you with the best reading experience.
Please download and use one of the following browsers:

This article was just edited, click to reload
This article has been deleted on Wikipedia (Why?)

Back to homepage

Please click Add in the dialog above
Please click Allow in the top-left corner,
then click Install Now in the dialog
Please click Open in the download dialog,
then click Install
Please click the "Downloads" icon in the Safari toolbar, open the first download in the list,
then click Install
{{::$root.activation.text}}

Install Wikiwand

Install on Chrome Install on Firefox
Don't forget to rate us

Tell your friends about Wikiwand!

Gmail Facebook Twitter Link

Enjoying Wikiwand?

Tell your friends and spread the love:
Share on Gmail Share on Facebook Share on Twitter Share on Buffer

Our magic isn't perfect

You can help our automatic cover photo selection by reporting an unsuitable photo.

This photo is visually disturbing This photo is not a good choice

Thank you for helping!


Your input will affect cover photo selection, along with input from other users.

X

Get ready for Wikiwand 2.0 🎉! the new version arrives on September 1st! Don't want to wait?