For faster navigation, this Iframe is preloading the Wikiwand page for
Usuario:Beninho.
Usuario:Beninho
Esta é unha páxina de usuario da Wikipedia. Isto non é un artigo enciclopédico. Se accedeu a esta páxina a través dun sitio diferente á Wikipedia, poida que estea vendo un sitio espello. Teña en conta que é posible que esta páxina non estea actualizada e o usuario ao que pertence esta páxina pode non ter ningunha afiliciación persoal con outro sitio que non sexa a Wikipedia. A versión orixinal desta páxina atópase en http://gl.wikipedia.org/wiki/Usuario:Beninho.
Nacín un 12 de setembro de hai 45 anos en Marín. Estudei o grao superior de técnico de son na Coruña, maxisterio por educación primaria en Pontevedra e o Grao de Publicidade e Relacións Públicas tamén en Pontevedra, aínda un ano paseino na cidade sueca de Karlstad de Erasmus. Despois pasei varios anos entre Gotland e Galiza e no presente estou novamente en Suecia coa intención de quedar. Como bo emigrante fixen un pouco de todo: servir comida, lavar pratos, afumar carne, facer pizzas, limpar váteres, coidar anciáns e nenos e ser substituto en colexios. Agora mesmo son profesor de español no colexio de Roma, no centro de Gotland.
Comecei a colaborar na Galipedia o día 11 de marzo de 2006 cunha pequeniña edición en música, e ese mesmo día comecei co meu primeiro artigo, o da banda de rock alternativoA Perfect Circle. E así, aos poucos, fun entrando neste marabilloso proxecto. Interésanme sobre todo os temas relacionados coa música (máis concretamente co rock actual) e coa astronomía. Tamén me interesa a historia, a mitoloxía, a ciencia ficción e a aviación.
Estoume centrando polo de agora en artigos relacionados con bandas de rock, sobre todo de rock alternativo de finais dos 70 ata a actualidade. Polo de agora case todo son traducións das wikipedias en inglés, portugués e castelán, aínda que xa hai algunha que outra achega propia. Quero completar os artigos das seguintes bandas e crear os relacionados: Usuario:Beninho/Bandas
Sempre me gustou sacar fotos e alá polo ano 2006 comecei a subir algunha imaxe tirada cunha cámara compacta, en xeral de moi mala calidade. En 2012 merquei a miña cámara reflex e fixen algún cursiño de fotografía. No mes de novembro de 2020 cheguei ás 6 000 imaxes en Commons.
Gústame coller o coche de cando en vez para axudar no proxecto das fotos das parroquias galegas e fotografar igrexas, lavadoiros, cruceiros ou muíños. Tamén me gusta a música en directo e cando me deixan meter a cámara aproveito para conseguir algunha imaxe. Ademais son visitante habitual dos aeroportos onde fago "spotting" de avións dende 2013. Recentemente, dende que ando por Suecia, gústame tamén fotografar paxaros e coches antigos.
Aquí tedes unha escolma das miñas imaxes favoritas ou tamén podedes premer nas imaxes de abaixo para ir aos distintos apartados.
This browser is not supported by Wikiwand :( Wikiwand requires a browser with modern capabilities in order to provide you with the best reading experience. Please download and use one of the following browsers:
Your input will affect cover photo selection, along with input from other users.
X
Get ready for Wikiwand 2.0 🎉! the new version arrives on September 1st! Don't want to wait?
Oh no, there's been an error
Please help us solve this error by emailing us at support@wikiwand.com
Let us know what you've done that caused this error, what browser you're using, and whether you have any special extensions/add-ons installed.
Thank you!