Conversa usuaria:FlorenciaBalverde
Benvida á Galipedia, FlorenciaBalverde!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
|
Boa estadía e bo traballo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 29 de setembro de 2015 ás 10:39 (UTC)
Recoñecemento cando se traduce doutra Wikipedia
[editar a fonte]Ola FlorenciaBalverde.
Por favor, ten en conta que os textos da Wikipedia, en tódalas linguas, publícanse baixo CC-BY-SA, e entre os requirimentos desta licenza está o recoñecemento. Isto quere dicir que cando se traen, traducíndoos, contidos doutras wikipedias, cómpre recoñecer a súa orixe/autoría.
Na Wikipedia en galego adoitamos facelo dunha das seguintes dúas maneiras:
- A maneira máis doada, e empregada, é deixar constancia no cadro Resumo. Exemplos:
- →
- → Esta achega é unha tradución do artigo da Wikipedia en castelán: [[:es:Cristóbal Colón]]
- → Este artigo contén material procedente dos artigos das Wikipedias en inglés e portugués: [[:en:Europa]] e [[:pt:Europa]]
- → A primeira edición deste artigo procede da tradución e adaptación do artigo homónimo da Wikipedia en lingua_que_sexa
- → Tradución da versión http://pt.wikipedia.org/w/index.php?title=Albert_Einstein&oldid=11330571 do artigo da Wikipedia en portugués
- Alternativamente, tamén se pode facer constar na páxina de conversa do artigo, por exemplo empregando o modelo ((Traducido de)).
Moitas grazas, un saúdo e a seguir!☣Banjo tell me 17 de outubro de 2015 ás 22:30 (UTC)
Interwikis
[editar a fonte]Ola FlorenciaBalverde.
Cando crees un artigo, lembra engadir o interwiki do artigo que acabas de crear no Wikidata.
Para iso, vai a ese mesmo artigo noutra lingua.
Un saúdo e a seguir!☣Banjo tell me 17 de outubro de 2015 ás 22:30 (UTC)
Axudas ortográficas
[editar a fonte]Ola FlorenciaBalverde. Asemella que tes algunha dificultade coa ortografía.
Se queres, podes botar man das seguintes ferramentas:
- O corrector ortográfico en liña de galego do Seminario de Lingüística Informática da Universidade de Vigo.
- O corrector ortográfico de Firefox do Proxecto Trasno.
- O revisor ortográfico da Galipedia: activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → Ortografía: Activar o revisor ortográfico (para empregalo é imprescindible acceder ao sistema como usuario rexistrado).
Tes máis axuda en: como mellorar a ortografía.
Moitas grazas, un saúdo e a seguir! ☣Banjo tell me 17 de outubro de 2015 ás 22:30 (UTC)
Referencias en contribucións recentes
[editar a fonte]Ola, FlorenciaBalverde. Algunhas das contribucións que realizaches non teñen fontes ou referencias, necesarias para cumprir coa política de verificabilidade da Galipedia. Debido a isto, incluíronse os marcadores ((Sen referencias)) e/ou ((Cómpre referencia)) ou ben foron modificadas ou retiradas dos artigos.
Para engadir referencias nun artigo, tes que incluír <ref>referencia</ref> despois da información, poñendo no lugar de referencia a cita da fonte ou ligazón de onde sacaches a información, cos parámetros de modelos como ((Cita libro)) ou ((Cita web)). Tamén podes utilizar a ferramenta para citar dispoñíbel na Galipedia; para iso segue os seguintes pasos:
Antes de retirar o marcador, asegúrate de incluír as referencias no artigo ou artigos.
Moitas grazas, un saúdo e a seguir! ☣Banjo tell me 17 de outubro de 2015 ás 22:30 (UTC)
Benvido á Wikipedia. Aínda que convidamos a todo o mundo a que contribúa na Wikipedia, por favor non retires os marcadores de atención colocados nos artigos sen que o que se indica neles quede solucionado antes. Segue as ligazóns indicadas nos mesmos para obter máis información sobre as cuestións anotadas en cada marcador e cómo solucionalas e bótalle unha ollada á páxina de benvida para aprender máis sobre como colaborar nesta enciclopedia. Grazas. ☣Banjo tell me 17 de outubro de 2015 ás 22:40 (UTC)
Por favor, non retires os marcadores de atención colocados nos artigos sen que o que se indica neles quede solucionado antes sen dar un motivo fundamentado para a devandita eliminación no resumo de edición ou na páxina de conversa do artigo. Semella que a edición que fixeches non foi construtiva e alguén a reverteu. Por favor, usa a zona de probas se o que queres é experimentar con edicións de proba. Grazas. ☣Banjo tell me 17 de outubro de 2015 ás 22:47 (UTC)
Por favor, non retire os marcadores de atención colocados nos artigos sen que o que se indica neles quede solucionado antes. Teña en conta que unha reiteración neste comportamento considérase prexudicial para o funcionamento da wiki e pode dar lugar a que se lle aplique un bloqueo. ☣Banjo tell me 17 de outubro de 2015 ás 22:53 (UTC)
Este é o único aviso que recibirá para deter as súas edicións destrutivas. Se volve vandalizar a Wikipedia de novo, pode ser bloqueada mesmo sen máis avisos. ☣Banjo tell me 17 de outubro de 2015 ás 23:18 (UTC)
Text is available under the CC BY-SA 4.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.