For faster navigation, this Iframe is preloading the Wikiwand page for Wikidata.

Wikidata

Wikidata
Logo
AcrónimoWD, ВД e ВЗ
Tipoproxecto de contido de Wikimedia, wiki semántica, wiki with script conversion, sitio de MediaWiki, base de coñecementos, base de datos en liña, grafo de coñecemento, crowdsourced project, self-depicting entity e conteúdo aberto
Data de fundación29 de outubro de 2012
Fundador(es)Denny Vrandečić, Markus Krötzsch e Fundación Wikimedia
Nomeado en referencia aWiki e dato
Eventos/Actividadesaniversario, QID milestone, aniversario e apresentação
PremiosOpen Data Award e Open Publishing Awards
Na rede
https://wikidata.org/
Facebook: Wikidata Twitter: wikidata Telegram: wikidatachat LinkedIn: wikidata-wf GitHub: Wikidata Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

O Wikidata é unha base de datos editada de forma colaborativa, parte da Fundación Wikimedia, co obxectivo de proporcionar unha fonte común para certos tipos de datos, como datas de nacemento, que poden utilizar proxectos da Wikimedia como a Wikipedia.[1] Isto é semellante á forma na que a Wikimedia Commons proporciona almacenamento para ficheiros multimedia e acceso a estes ficheiros en tódolos proxectos da Wikimedia.

Historia do desenvolvemento

[editar | editar a fonte]

Wikidata lanzouse o 30 de outubro de 2012 e foi o primeiro novo proxecto da Fundación Wikimedia dende 2006.[2]

A creación do proxecto foi financiada por doazóns do Instituto Allen para a Intelixencia Artificial, a Fundación Gordon e Betty Moore e Google Inc., sumando en total 1,3 millóns de euros.[3][4] O desenvolvemento inicial do proxecto está a ser supervisado por Wikimedia Deutschland e dividiuse en tres fases:

  1. Centralizar as ligazóns interlingüísticas, as ligazóns entre os artigos sobre o mesmo tema en diferentes linguas.
  2. Proporcionar un lugar central para a información das caixas de información de tódalas wikipedias.
  3. Crear e actualizar listas de artigos baseados en datos do Wikidata.

A primeira fase lanzouse o 30 de outubro de 2012. Isto permitiu que se creasen elementos e que puidesen encherse con información básica; unha etiqueta (un nome ou título), un pseudónimo (un nome alternativo á etiqueta), unha descrición e as ligazóns interlingüísticas cara aos artigos da Wikipedia. Cada elemento ten un identificador único precedido da letra Q, por exemplo Q7163 é o elemento para política. Isto permite que a etiqueta, o pseudónimo e a descrición poidan ser traducidos sen favorecer a ningunha lingua en particular.

O 14 de xaneiro de 2013, a Wikipedia en húngaro foi a primeira Wikipedia en utilizar as ligazóns interlingüísticas do Wikidata.[5] Esta funcionalidade foi despois estendida ás versións hebrea e italiana o 30 de xaneiro[6] e á versión inglesa o 11 de febreiro.[6] O cambio afectou ao resto de wikipedias dende o día 6 de marzo de 2013.[7]

Os primeiros aspectos da segunda fase puxéronse en marcha o 4 de febreiro de 2013, introducindo pares de claves e valores (coñecidos como afirmacións) en diferentes entradas do Wikidata. Inicialmente, os valores estaban limitados a dous tipos de datos (elementos e imaxes da Wikimedia Commons), aos que seguiron outros tipos de datos como coordenadas e datas. O 6 de marzo de 2013 introduciuse un novo tipo de datos: as cadeas de caracteres.[8] A posibilidade de acceder a estes datos dende a Wikipedia como parte da fase 2 hase implantar progresivamente en varias edicións da Wikipedia. As primeiras once wikipedias en incluír estas características téñenas activas dende o 27 de marzo de 2013.[9]

  1. "Data Revolution for Wikipedia". Wikimedia Deutschland. 30 de marzo de 2012. Arquivado dende o orixinal o 23 de outubro de 2012. Consultado o 11 de setembro de 2012. 
  2. Wikidata
  3. Dickinson, Boonsri (30 de marzo de 2012). "Paul Allen Invests In A Massive Project To Make Wikipedia Better". Business Insider. Arquivado dende o orixinal o 11 de setembro de 2012. Consultado o 11 de setembro de 2012. 
  4. Perez, Sarah (30 de marzo de 2012). "Wikipedia’s Next Big Thing: Wikidata, A Machine-Readable, User-Editable Database Funded By Google, Paul Allen And Others". TechCrunch. Arquivado dende o orixinal o 05 de outubro de 2012. Consultado o 11 de setembro de 2012. 
  5. Pintscher, Lydia (14 de xaneiro de 2013). "First steps of Wikidata in the Hungarian Wikipedia". Wikimedia Deutschland. Arquivado dende o orixinal o 14 de decembro de 2015. Consultado o 15 de xaneiro de 2013. 
  6. 6,0 6,1 Pintscher, Lydia. "Wikidata coming to the next two Wikipedias". Wikimedia Deutschland. Arquivado dende o orixinal o 04 de outubro de 2018. Consultado o 31 de xaneiro de 2013. 
  7. Pintscher, Lydia (13 de febreiro de 2013). "Wikidata live on the English Wikipedia". Wikimedia Deutschland. Arquivado dende o orixinal o 11 de xaneiro de 2019. Consultado o 15 de febreiro de 2013. 
  8. Pintscher, Lydia. "Wikidata/Status updates/2013 03 01". Wikimedia Meta-Wiki. Wikimedia Foundation. Arquivado dende o orixinal o 12 de abril de 2013. Consultado o 3 de marzo de 2013. 
  9. Pintscher, Lydia (27 de marzo de 2013). "You can have all the data!". Wikimedia Deutschland. Arquivado dende o orixinal o 29 de marzo de 2013. Consultado o 28 de marzo de 2013. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
{{bottomLinkPreText}} {{bottomLinkText}}
Wikidata
Listen to this article

This browser is not supported by Wikiwand :(
Wikiwand requires a browser with modern capabilities in order to provide you with the best reading experience.
Please download and use one of the following browsers:

This article was just edited, click to reload
This article has been deleted on Wikipedia (Why?)

Back to homepage

Please click Add in the dialog above
Please click Allow in the top-left corner,
then click Install Now in the dialog
Please click Open in the download dialog,
then click Install
Please click the "Downloads" icon in the Safari toolbar, open the first download in the list,
then click Install
{{::$root.activation.text}}

Install Wikiwand

Install on Chrome Install on Firefox
Don't forget to rate us

Tell your friends about Wikiwand!

Gmail Facebook Twitter Link

Enjoying Wikiwand?

Tell your friends and spread the love:
Share on Gmail Share on Facebook Share on Twitter Share on Buffer

Our magic isn't perfect

You can help our automatic cover photo selection by reporting an unsuitable photo.

This photo is visually disturbing This photo is not a good choice

Thank you for helping!


Your input will affect cover photo selection, along with input from other users.

X

Get ready for Wikiwand 2.0 🎉! the new version arrives on September 1st! Don't want to wait?