Cladoxénese
En bioloxía evolutiva, a cladoxénese é un mecanismo de especiación polo que dunha poboación xorden dúas poboacións diferentes e reprodutivamente illadas. Contrasta co proceso denominado anaxénese.
A anaxénese implica a transformación gradual dunha liñaxe evolutiva en tanto que a cladoxénese produce diversificación ou ramificación. A cladoxénese foi a forma máis habitual de formación das especies. A diferenciación dunha especie en dúas especies diferentes require dous procesos indispensables:
- a diverxencia xenética e
- o illamento reprodutor.
Sen as dúas condicións é evidente que nunca se poderían orixinar dúas especies distintas a partir dunha única poboación. Hai dúas propostas de especiación que conseguen ambos os efectos de maneiras distintas: a especiación alopátrida e a especiación simpátrida.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazón externa
[editar | editar a fonte]- Diagrama da Universidade de Newfoundland coas dúas formas de especiaciónArquivado 27 de agosto de 2006 en Wayback Machine.
Evolución | ||
---|---|---|
Xenética de poboacións | ||
Desenvolvemento | ||
Tempo e modos | ||
Especiación | ||
Historia | ||
Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
Text is available under the CC BY-SA 4.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.