For faster navigation, this Iframe is preloading the Wikiwand page for Cicindélidos.

Cicindélidos

Cicindélidos
Rango fósil: Aptiano-Recente

Lophyra sp en Tanzania
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Coleoptera
Suborde: Adephaga
Superfamilia: Caraboidea
Familia: Cicindelidae
Latreille, 1802
Tribos[1]
  • Cicindelini
  • Collyridini
  • Manticorini (incluíndo Amblycheila)
  • Megacephalini
  • Oxycheilini
  • Ctenostomatini
Sinonimia
  • Cicindelinae Latreille, 1802

Os cicindélidos (Cicindelidae) son unha familia de escaravellos, coñecidos polos seus agresivos hábitos predadores e gran velocidade ao correr, que antes eran tratados como unha subfamilia de carábidos co nome Cicindelinae. A especie máis rápida coñecida deste grupo é Rivacindela hudsoni, que pode correr a unha velocidade de 9 km/h ou aproximadamente 125 lonxitudes corporais por segundo.[2] En 2005, coñecíanse unhas 2600 especies e subespecies, coa maior diversidade na rexión Oriental (Indomalaia), seguido pola rexión Neotropical.[3] Aínda que historicamene foron tratados como sufamilia dos Carabidae, varios estudos feitos desde 2020 indicaron que deberían ser tratados como unha familia, que é un grupo irmán dos Carabidae dentro de Adephaga.[4]

Descrición

[editar | editar a fonte]

Adoitan ter grandes ollos protuberantes, patas longas e delgadas e grandes mandíbulas curvadas. Todos son predadores, tanto os adultos coma as larvas. O xénero Cicindela ten unha distribución cosmopolita. Outros xéneros ben coecidos son Tetracha, Omus, Amblycheila e Manticora. Aínda que membros do xénero Cicindela adoitan ser diúrnos e poden saír ao exterior nos días máis calorosos, Tetracha, Omus, Amblycheila e Manticora son todos nocturnos. Tanto Cicindela coma Tetracha son con frecuencia de rechamantes cores, mentres que os outros xéneros mencionados son normalmente de cor uniformemente negra. Os do xénero Manticora son os de maior tamaño da subfamilia e viven principalmente nas rexións secas do sur de África.[Cómpre referencia]

As larvas viven en buratos cilíndricos de ata 1 metro de profundidade. Teñen cabezas grandes, son xibosas e usan as xibas para voltearse para atrás co propósito de capturar insectos presa que vagan polo chan. Os veloces adultos corren tralas súas presas e son extremadamente rápidos en voo, os seus tempos de reacción son da mesma orde que os das moscas domésticas comúns. Algúns destes escaravellos son arbóreos nos trópicos, mais a maioría corren pola superficie do chan. Viven nas beiras de mares e lagos, en dunas areosas, arredor de lagos secos e en bancos de arxila ou camiños de bosques, gustando especialmente das superficies areosas.[5]

Son considerados boas especies indicadoras e foron usados en estudos ecolóxicos sobre biodiversidade. Varias especies de avespas parasitas non aladas do xénero Methocha (familia Thynnidae), poñen os seus ovos sobre as larvas de varias Cicindela spp., como Cicindela dorsalis.[6]

Adaptacións

[editar | editar a fonte]

Realizan unha forma pouco común de persecución na cal alternativamente aceleran moi rápido cara á presa e despois paran e reoriéntanse visualmente. Isto pode deberse a que mentres corren, o seu rápido movemento fai que o seu sistema visual non procese axeitadamente as imaxes.[2] Para evitaren obstáculos mentres corren manteñen as antenas ríxidas e dirixidas cara a adiante para percibir mecanicamente a súa contorna.[7]

Rexistro fósil

[editar | editar a fonte]

O fósil máis antigo deste grupo de escaravellos atopado é Cretotetracha grandis, da formación Yixian de Mongolia Interior, China, que data de inicios do Cretáceo, hai 125 millóns de anos. A maioría dos fósiles atopados estaban en lutitas grises ou amarelas.[8] Características que identifican Cretotetracha como un Cicindelinae son as súas longas mandíbulas con forma de lúa crecente, dentes simples dispostos ao longo da superficie interna da mandíbula, antenas que se unen á cabeza entre a base das mandíbulas e os ollos. A mandíbula esquerda é de aproximadamente 3,3 mm e a dereita duns 4,2 mm de longo. Teñen unha forma corporal longa de aproximadamente 8,1 mm na que os ollos e a cabeza combinados son máis anchos que o tórax, e patas longas corredoras.[8] Fósiles do Mesozoico xa coñecidos previamente deste grupo de escaravellos describíronse na formación Crato, de hai uns 113 millóns de anos[8] e o fósil Oxycheilopsis cretacicus da formación Santana, de hai 112 millóns de anos,[9] ambos no Brasil.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

O grupo foi tratado ou como unha familia (Cicindelidae) ou como subfamilia (Cicindelinae)[10] dentro de Carabidae, pero desde 2020 hai evidencias crecentes de que é mellor tratala como unha familia separada, irmá de Carabidae. Moitos xéneros son o resultado da división do gran xénero Cicindela en varios menores, e moitos foron descritos polo entomólgo alemán Walther Horn.[4][11][1]

  • Abroscelis Hope, 1838
  • Amblycheila Say, 1829
  • Aniara Hope, 1838
  • Antennaria Dokhtouroff, 1883
  • Apteroessa Hope, 1838
  • Archidela Rivalier, 1963
  • Baloghiella Mandl, 1981
  • Bennigsenium W. Horn, 1897
  • Brasiella Rivalier, 1954
  • Caledonica Chaudoir, 1860
  • Caledonomorpha W. Horn, 1897
  • Callidema Guerin-Meneville, 1843
  • Callytron Gistl, 1848
  • Calomera Motschulsky, 1862
  • Calyptoglossa Jeannel, 1946
  • Cenothyla Rivalier, 1969
  • Cephalota Dokhtouroff, 1883
  • Chaetodera Jeannel, 1946
  • Cheilonycha Lacordaire, 1843
  • Cheiloxya Guerin-Meneville, 1855
  • Cicindela Linnaeus, 1758
  • Collyris Fabricius, 1801
  • Cratohaerea Chaudoir, 1850
  • Cretotetracha Zhao et al., 2019
  • Ctenostoma Klug, 1821
  • Cylindera Westwood, 1831
  • Darlingtonica Cassola, 1986
  • Derocrania Chaudoir, 1860
  • Diastrophella Rivalier, 1957
  • Dilatotarsa Dokhtouroff, 1882
  • Distipsidera Westwood, 1837
  • Dromica Dejean, 1826
  • Dromicoida Werner, 1995
  • Dromochorus Guerin-Meneville, 1845
  • Ellipsoptera Dokhtouroff, 1883
  • Enantiola Rivalier, 1961
  • Eunota Rivalier, 1954
  • Euprosopus Dejean, 1825
  • Euryarthron Guerin-Meneville, 1849
  • Eurymorpha Hope, 1838
  • Euzona Rivalier, 1963
  • Grammognatha Motschulsky, 1850
  • Grandopronotalia W. Horn, 1936
  • Guineica Rivalier, 1963
  • Habrodera Motschulsky, 1862
  • Habroscelimorpha Dokhtouroff, 1883
  • Heptodonta Hope, 1838
  • Hypaetha Leconte, 1860
  • Hujia Song, Jarzembowski e Xiao, 2022
  • Iresia Dejean, 1831
  • Jansenia Chaudoir, 1865
  • Langea W. Horn, 1901
  • Leptognatha Rivalier, 1963
  • Lophyra Motschulsky, 1859
  • Macfarlandia Sumlin, 1981
  • Manautea Deuve, 2006
  • Mantica Kolbe, 1896
  • Manticora Fabricius, 1781
  • Megacephala Latreille, 1802
  • Megalomma Westwood, 1842
  • Metriocheila Thomson, 1857
  • Micromentignatha Sumlin, 1981
  • Microthylax Rivalier, 1954
  • Myriochila Motschulsky, 1862
  • Naviauxella Cassola, 1988
  • Neochila Basilewsky, 1953
  • Neocicindela Rivalier, 1963
  • Neocollyris W. Horn, 1901
  • Neolaphyra Bedel, 1895
  • Nickerlea W. Horn, 1899
  • Notospira Rivalier, 1961
  • Odontocheila Laporte, 1834
  • Omus Eschscholtz, 1829
  • Opilidia Rivalier, 1954
  • Opisthencentrus W. Horn, 1893
  • Orthocindela Rivalier, 1972
  • Oxycheila Dejean, 1825
  • Oxycheilopsis Cassola & Werner, 2004
  • Oxygonia Mannerheim, 1837
  • Oxygoniola W. Horn, 1892
  • Paraphysodeutera J. Moravec, 2002
  • Pentacomia Bates, 1872
  • Peridexia Chaudoir, 1860
  • Phaeoxantha Chaudoir, 1850
  • Phyllodroma Lacordaire, 1843
  • Physodeutera Lacordaire, 1843
  • Picnochile Motschulsky, 1856
  • Platychile Macleay, 1825
  • Pogonostoma Klug, 1835
  • Polyrhanis Rivalier, 1963
  • Pometon Fleutiaux, 1899
  • Prepusa Chaudoir, 1850
  • Probstia Cassola, 2002
  • Pronyssa Bates, 1874
  • Pronyssiformia W. Horn, 1929
  • Prothyma Hope, 1838
  • Prothymidia Rivalier, 1957
  • Protocollyris Mandl, 1975
  • Pseudotetracha Fleutiaux, 1894
  • Pseudoxycheila Guerin-Meneville, 1839
  • Rhysopleura Sloane, 1906
  • Rhytidophaena Bates, 1891
  • Rivacindela Nidek, 1973
  • Ronhuberia J. Moravec & Kudrna, 2002
  • Salpingophora Rivalier, 1950
  • Socotrana Cassola & Wranik, 1998
  • Stenocosmia Rivalier, 1965
  • Sumlinia Cassola & Werner, 2001
  • Tetracha Hope, 1838
  • Therates Latreille, 1816
  • Thopeutica Schaum, 1861
  • Tricondyla Latreille, 1822
  • Vata Fauvel, 1903
  • Waltherhornia Olsoufieff, 1934
  1. 1,0 1,1 Duran, Daniel P.; Gough, Harlan M. (2020). "Validation of tiger beetles as distinct family (Coleoptera: Cicindelidae), review and reclassification of tribal relationships". Systematic Entomology (en inglés): syen.12440. ISSN 0307-6970. doi:10.1111/syen.12440. 
  2. 2,0 2,1 Friedlander, Blaine (1998-01-16). "Cornell News, 16 de xaneiro de 1998 When tiger beetles chase prey at high speeds they go blind temporarily, Cornell entomologists learn". News.cornell.edu. Consultado o 2020-10-26. 
  3. Pearson, D.L. & F. Cassola, 2005
  4. 4,0 4,1 Vasilikopoulos, Alexandros; Balke, Michael; Kukowka, Sandra; Pflug, James M.; Martin, Sebastian; Meusemann, Karen; Hendrich, Lars; Mayer, Christoph; Maddison, David R.; Niehuis, Oliver; Beutel, Rolf G.; Misof, Bernhard (outubro de 2021). "Phylogenomic analyses clarify the pattern of evolution of Adephaga (Coleoptera) and highlight phylogenetic artefacts due to model misspecification and excessive data trimming". Systematic Entomology (en inglés) 46 (4): 991–1018. ISSN 0307-6970. doi:10.1111/syen.12508. 
  5. Werner, K. 2000
  6. Burdick, D.J. e Wasbauer, M.S. (1959). "Biology of Methocha californica Westwood (Hymenoptera: Tiphiidae)." Wasmann Jour. Biol. 17:75-88. Department of Environmental Conservation
  7. "Blinded by speed, tiger beetles use antennae to 'see' while running". ScienceDaily (en inglés). Consultado o 2020-10-26. 
  8. 8,0 8,1 8,2 Zhao, Xiangdong; Zhao, Xianye; Chen, Lei; Wang, Bo (2019). "The earliest tiger beetle from the Lower Cretaceous of China (Coleoptera: Cicindelinae)". Cretaceous Research 94: 147–151. doi:10.1016/j.cretres.2018.10.019. 
  9. Gough, Harlan M.; Duran, Daniel P.; Kawahara, Akito Y.; Toussaint, Emmanuel F.A. (2018). "A comprehensive molecular phylogeny of tiger beetles (Coleoptera, Carabidae, Cicindelinae)". Systematic Entomology 44 (2): 1–17. doi:10.1111/syen.12324. 
  10. Gough, Harlan M.; Duran, Daniel P.; Kawahara, Akito Y.; Toussaint, Emmanuel F.A. (2019). "A comprehensive molecular phylogeny of tiger beetles (Coleoptera, Carabidae, Cicindelinae): Molecular phylogeny of Cicindelinae". Systematic Entomology (en inglés) 44 (2): 305–321. doi:10.1111/syen.12324. 
  11. Baca, Stephen M.; Gustafson, Grey T.; Alexander, Alana M.; Gough, Harlan M.; Toussaint, Emmanuel F. A. (outubro de 2021). "Integrative phylogenomics reveals a Permian origin of Adephaga beetles". Systematic Entomology (en inglés) 46 (4): 968–990. ISSN 0307-6970. doi:10.1111/syen.12506. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • "Further new country records of African Tiger Beetles with some taxonomical note (Coleoptera, Cicindelidae)" by Peter Schüle. Entomologia Africana 15(2), 2010.
  • The Tiger beetles of Africa by Karl Werner, Taita Publishers 2000.
  • "A Quantitative Analysis of Species Descriptions of Tiger Beetles (Coleoptera Cicindelidae), from 1758 to 2004, and Notes about Related Developments in Biodiversity Studies" by D.L. Pearson and F. Cassola. The Coleopterists Bulletin Vol 59, no. 2, xuño de 2005.
  • Tiger Beetles of Alberta: Killers on the Clay, Stalkers on the Sand by John Acorn. University of Alberta Press, 2001.
  • Tiger Beetles: The Evolution, Ecology, and Diversity of the Cicindelids by David L. Pearson and Alfried P. Vogler. Cornell University Press, 2001.
  • A Field Guide to the Tiger Beetles of the United States and Canada by David L. Pearson, C. Barry Knisley and Charles J. Kazilek. Oxford University Press, 2005.
  • The Beetles of the World, volume 13 Arquivado 2010-08-05 en Wayback Machine., volume 15 Arquivado 2010-08-05 en Wayback Machine., volume 18 Arquivado 2010-10-06 en Wayback Machine., and 20 volume 20 by Karl Werner, Sciences Nat, Venette, 1991, 1992, 1993 & 1995.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
{{bottomLinkPreText}} {{bottomLinkText}}
Cicindélidos
Listen to this article

This browser is not supported by Wikiwand :(
Wikiwand requires a browser with modern capabilities in order to provide you with the best reading experience.
Please download and use one of the following browsers:

This article was just edited, click to reload
This article has been deleted on Wikipedia (Why?)

Back to homepage

Please click Add in the dialog above
Please click Allow in the top-left corner,
then click Install Now in the dialog
Please click Open in the download dialog,
then click Install
Please click the "Downloads" icon in the Safari toolbar, open the first download in the list,
then click Install
{{::$root.activation.text}}

Install Wikiwand

Install on Chrome Install on Firefox
Don't forget to rate us

Tell your friends about Wikiwand!

Gmail Facebook Twitter Link

Enjoying Wikiwand?

Tell your friends and spread the love:
Share on Gmail Share on Facebook Share on Twitter Share on Buffer

Our magic isn't perfect

You can help our automatic cover photo selection by reporting an unsuitable photo.

This photo is visually disturbing This photo is not a good choice

Thank you for helping!


Your input will affect cover photo selection, along with input from other users.

X

Get ready for Wikiwand 2.0 🎉! the new version arrives on September 1st! Don't want to wait?