For faster navigation, this Iframe is preloading the Wikiwand page for Neoxeno.

Neoxeno

< | Eón Fanerozoico |  

Paleozoico

Mesozoico

Cenozoico

O Neoxeno é un período superior do Terciario. Tradicionalmente definiuse como un período que agrupa o Mioceno e máis o Plioceno, pero unha proposta recente da Comisión Internacional de Estratigrafía (ISC) pretendía engadir as épocas do Plistoceno e Holoceno, continuando ata o presente.

Está separado do Paleoxeno pola fase sávica do pregamento alpino, que é a fase de máxima actividade. Iníciase coa desaparición das numulitas. Os fósiles máis característicos deste período son moluscos, microforaminíferos, mamíferos etc. Ó final do Neóxeno prodúcese a separación do mar Mediterráneo occidental e oriental. En América emerxe a franxa centroamericana, que pon en comunicación América do Norte con América do Sur. O clima sofre un notable arrefecemento. As principais formacións neoxenas de España están nas depresións dos ríos Guadalquivir e Ebro. A cunca do Vallés-Penedés é especialmente rica en mamíferos fósiles deste período.

O clima do Neoxeno era menos cálido e máis húmido que en tempos pretéritos, o que permitiu o desenvolvemento da vexetación con árbores fagais de follas planas e caducas, como as Quercus e as Fagus. A aparición de grandes pradarías proporcionaba o pasto adecuado ós grandes mamíferos proboscideos, como o Deinotherium e o Gomphotherium (mastodonte).

Diorama representando a fauna do Mioceno.

O clima do Mioceno era máis fresco que o da época precedente. No hemisferio norte, grandes áreas antes cubertas por espesos bosques convertéronse en grandes pradarías. No hemisferio sur xa se establecera un sistema circumplanetario de correntes oceánicas, que illaba a Antártida das correntes máis cálidas do resto do mundo. Isto favoreceu á desaparición dun gran casquete de xeo antártico. O continente antártico viuse sometido a unha primeira fase de glaciación. Este feito tivo como efecto inmediato un descenso do nivel dos océanos e, como consecuencia, o mar Mediterráneo deixou de estar comunicado co océano Atlántico, abrindo unha nova comunicación entre as faunas terrestres de Europa, África e Asia.

O Mediterráneo quedou reducido a uns poucos lagos salinos que deron lugar a depósitos de evaporitas. Dende o fondo do mar desecado, relevos como as Baleares ou Córsega e Sardeña aparecían como extraordinarias cordilleiras en medio dun deserto salino.

Paisaxe idealizada do Plioceno, con elefantes, hipopótamos e cabalos. Xilografía de Riou.

O inicio do Plioceno comporta un importante cambio climático. As temperaturas medias anuais subiron de novo, situándose entre 3 e 10 °C por riba das actuais. Por última vez na historia a Antártida viuse de novo libre de xeo e desenvolveuse unha vexetación de tipo temperado-subtropical. Como consecuencia, o nivel do mar subiu cerca de 60 metros.

Hai uns 2,5 millóns de anos produciuse un novo arrefecemento a nivel global. Este cambio foi moito máis importante que os anteriores, xa que con el se iniciou o ciclo de períodos alternantes glaciar-interglaciar que caracteriza dende entón ó noso planeta.

Xeotectónica

[editar | editar a fonte]

A elevación das grandes cordilleiras montañosas que comezara durante o Oligoceno seguiu adiante acabando de formar os Alpes en Europa, o Himalaia en Asia e as cadeas montañosas no continente americano. Estes sucesos correspóndense coa última fase da oroxenia alpina, fase Rodánica.

Os sedimentos producidos pola erosión destes sistemas depositáronse en cuncas mariñas pouco profundas, para terminar converténdose na localización de ricos depósitos petrolíferos en California, Romanía e a costa leste do mar Caspio.

Norteamérica e Suramérica uníronse formando o Istmo de Panamá. A placa africana colisionou con Asia e unha incipiente dorsal abriu o mar Vermello e o golfo de Adén a vez que se produciu o conato de apertura de África oriental na dorsal dos Grandes Lagos. Non existía o estreito de Xibraltar como tal, un conxunto de arco illas bordeadas por arrecifes de coral estendíanse entre o norte de África e a Península Ibérica. No oeste de Norteamérica, a subdución da placa tectónica do Pacífico contribuíu á elevación de Serra Nevada e da cordilleira volcánica das Cascadas. Nesta época configurouse o istmo de Panamá. En Europa, os Alpes continuaron a súa ascensión polo movemento da tectónica de placas. Ó final do Mioceno, a colisión das placas africana e ibérica formara o sistema bético-rifeño e cortara a comunicación entre o Mediterráneo e no Atlántico. Ó iniciarse o Plioceno tivo lugar o afundimento do eixe da cadea montañosa Atlas-Bética, formándose a fosa que actualmente separa a Península Ibérica de Marrocos.

A vida no Neoxeno

[editar | editar a fonte]
Diorama representando a fauna do Mioceno.

Aparecen as gramíneas,que favoreceron o crecemento e desenvolvemento dos herbívoros. A fauna do Mioceno contempla a aparición do mastodonte, igual que o mapache e a donicela. Durante esta época, os grandes simios vivían en Asia e no sur de Europa.

Desaparecen os marsupiais en Norteamérica e Europa, mentres que en Australia e Suramérica seguen desenvolvéndose debido ó illamento xeográfico. Nestes continentes non se desenvolveron nin roedores nin primates.

Este período é considerado por moitos zoólogos como o clímax da “idade dos mamíferos”.

Esta época caracterízase pola abundancia de grandes mamíferos, a maioría dos cales aínda perviven. Prodúcese a evolución dun grupo de primates, os homínidos, con diversas especies, dende os Australopitecinos ó Homo habilis e ó Homo erectus, consideradas antepasados directos do Homo sapiens.

Predominan as fanerógamas, aínda que coexisten con bosques de coníferas. Desenvólvense bosques de caducifolias a medida que se acentúan os cambios estacionais. Neste momento detéctase en Eurasia unha importante regresión das masas boscosas e a expansión das pradarías de gramíneas.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]
{{bottomLinkPreText}} {{bottomLinkText}}
Neoxeno
Listen to this article

This browser is not supported by Wikiwand :(
Wikiwand requires a browser with modern capabilities in order to provide you with the best reading experience.
Please download and use one of the following browsers:

This article was just edited, click to reload
This article has been deleted on Wikipedia (Why?)

Back to homepage

Please click Add in the dialog above
Please click Allow in the top-left corner,
then click Install Now in the dialog
Please click Open in the download dialog,
then click Install
Please click the "Downloads" icon in the Safari toolbar, open the first download in the list,
then click Install
{{::$root.activation.text}}

Install Wikiwand

Install on Chrome Install on Firefox
Don't forget to rate us

Tell your friends about Wikiwand!

Gmail Facebook Twitter Link

Enjoying Wikiwand?

Tell your friends and spread the love:
Share on Gmail Share on Facebook Share on Twitter Share on Buffer

Our magic isn't perfect

You can help our automatic cover photo selection by reporting an unsuitable photo.

This photo is visually disturbing This photo is not a good choice

Thank you for helping!


Your input will affect cover photo selection, along with input from other users.

X

Get ready for Wikiwand 2.0 🎉! the new version arrives on September 1st! Don't want to wait?