For faster navigation, this Iframe is preloading the Wikiwand page for Borgoña.

Borgoña

Modelo:Xeografía políticaBorgoña
Bourgogne (fr) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Nomeado en referencia aBurgundios Editar o valor em Wikidata
Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 47°00′N 4°30′L / 47, 4.5Coordenadas: 47°00′N 4°30′L / 47, 4.5
EstadoFrancia
Divisións administrativasFrancia Metropolitana
RexiónsBorgoña-Franco Condado Editar o valor em Wikidata
CapitalDijon Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación1.642.687 (2013) Editar o valor em Wikidata (52,01 hab./km²)
Xeografía
Superficie31.582 km² Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Creación4 de xuño de 1960 Editar o valor em Wikidata
Disolución31 de decembro de 2015 Editar o valor em Wikidata
Sucedido porBorgoña-Franco Condado Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2FR-D Editar o valor em Wikidata
Código NUTSFRC1 Editar o valor em Wikidata
INSEE region code (en) Traducir26 Editar o valor em Wikidata

Borgoña[1][2][3] (francés: Bourgogne, en borgoñón: Bregogne) é unha rexión administrativa da Francia, situada ao leste do país e que agrupa aos departamentos de Yonne, Côte-d'Or, Nièvre e Saona e Loira.

Habitada en tempos por celtas, galos, romanos e galo-romanos, e varios pobos xermánicos, de entre os cales os máis importantes foron os burgundios (de onde deriva o seu nome actual, a través dunha forma medieval Burgundia), os eduos e os francos. Convén, porén, distinguir entre Burgundia e Borgoña. Burgundia é o nome dun reino xermánico que durou até o ano 534, mentres que Borgoña aplícase a unha provincia do reino dos francos que ocupaba aproximadamente o mesmo territorio que Burgundia, polo que este mesmo nome é o utilizado para denominar á rexión de Francia na actualidade.

Templo adicado ao Deus romano Xano

Os burgundios eran un dos pobos xermánicos que encheron o baleiro de poder deixado tras a caída do Imperio Romano de Occidente. En 411, cruzaron o Rin e estableceron un reino en Worms. No medio das loitas entre romanos e hunos, o reino burgundio ocupou as terras nas que hoxe se atopan as fronteiras de Suíza, Francia e Italia. En 534, os francos derrotaron a Gundemaro, o último rei burgundio, e anexaron o seu territorio.

Durante a Idade Media, Borgoña foi a sede dalgúns dos máis importantes mosteiros, entre eles Cluny, Citeaux e Vézelay. A comezos do século XV a Borgoña era unha das máis importantes provincias semi-independentes do Reino de Francia. Encóntrase na zona oriental do país e parte dela xacía fóra das fronteiras francesas, o denominado Franche-Comté, ou Condado Libre. O ducado tamén incluía Artois, Flandres e o Brabante, nas actuais Bélxica e Países Baixos.

Borgoña foi unha provincia de Francia até 1790. É hoxe unha rexión administrativa de Francia, englobando os departamentos de Côte-d'Or, Nièvre, Saône-et-Loire e Yonne.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Ao norte, a baixa Borgoña é unha rexión de chairas sedimentarias: engloba o Sénonais agrícola e a rexión de Othe forestal, que domina os vales do Yonne e do Armançon. Ao leste, as rexións do Saône corresponden a chairas de afundimento cubertas de pradarías e campos (trigo, millo, cultivo de hortalizas).

No centro, as mesetas borgoñoas, calcarias, inclínanse cara ao noroeste, mais descenden bruscamente cara ao sueste. Comprenden o Auxerrois, plataforma pedregosa onde se estableceu a vide (Chablis), o Tonnerrois, de altitude máis baixa, o Châtillonais, rexión pobre onde a agricultura coñece dificultades, a encrucillada dijonesa e a Côte-d'Or, última pendente abrupta da montaña, que alberga un dos viñedos máis famosos de Francia.

O Morvan, antigo macizo forestal, está rodeado de chairas arxilosas onde se practica a gandaría, cortadas pola depresión da Dheune-Bourbince. Ao sur finalmente, o Mâconnais, rexión de policultivo, gandaría e viñedo, descansa nas primeiras estribas do Macizo Central. O punto máis alto da rexión é o Haut-Folin, con 901 msnm no Morvan.

Panorama do Morvan

Demografía

[editar | editar a fonte]
Praza do Miroir en Dijon

Borgoña conta con 1 628 837 habitantes e unha densidade de 52 hab/km2, o que é unha das densidades máis baixas de Francia. Ademais a poboación de Borgoña está moi desigualmente repartida, concentrándose preto das grandes vías de comunicación, mentres que o Morvan (zona montañosa do oeste da rexión) está practicamente despoboado. Actualmente, Borgoña está menos poboada que en 1881.

Dende 1990, o desequilibrio demográfico acentuouse entre Borgoña e as rexións dominantes que a rodean (Illa de Francia e Ródano-Alpes). En tanto que estas dúas experimentan uns fortes crecementos demográficos, Borgoña cae no estancamento e envellecemento, dado que a rexión atrae máis aos xubilados que aos mozos.

Economía

[editar | editar a fonte]
Viñedos da Haute Côte des Nuits

A agricultura borgoñoa é dinámica, poderosa e moi especializada: cereais (trigo e cebada no Yonne e no Côte-d'Or), aceite, gandaría bovina (Charolais, Morvan, Nivernais), viticultura cos viños borgoñóns(Côte de Beaune, Nuite, Hautes-Côtes, Côte Chalonnaise, Mâconnais, Beaujolais).

A industria, que se desenvolveu desde o século XIX (carbón de Montceau-míneslles, siderurxia do Creusot, minas da Machine), coñeceu un novo auxe despois de 1945, particularmente no val do Saône (Mâcon, Chalon-sur-Saône), Dijon e o departamento de Yonne. En cambio, o norte da rexión, pobre en grandes empresas, viu como se instalaban industrias menos pesadas, máis diversificadas e menos vulnerables: química, industria farmacéutica, electrónica, transformación do plástico, papelaría, industrias mecánicas e de automóbiles e industrias agro-alimentarias.

Finalmente, o comercio exterior e o turismo (gastronomía, historia, cultura, turismo verde no parque natural do Morvan) proporcionan á rexión importantes recursos complementarios.

Administración

[editar | editar a fonte]
Dijon, capital de Borgoña

O presidente do Consello Rexional de Borgoña é o socialista François Patriat, que ocupa este cargo dende as eleccións rexionais de 2004. A coalición progresista que encabeza François Patriat estaba formada polo Partido Socialista, o Partido Comunista Francés, Os Verdes e o Partido Radical de Esquerda. Esta coalición obtivo o 52,49% dos votos emitidos na segunda volta e 37 dos 57 escanos en xogo.

Esta lista foi a máis votada en tódalas circunscricións electorais. O mellor resultado conseguiuno no departamento de Nièvre co 58,22% dos votos emitidos. Por contra, o peor resultado foi o conseguido no departamento de Yonne con só o 44,62%.

A lista do presidente saínte, Jean-Pierre Soisson, da conservadora UMP, obtivo un 32,14% dos votos e 14 escanos. A candidatura do ultraconservador Fronte Nacional foi a menos votada na segunda volta cun 15,37% dos votos e 6 escanos. A Unión pola Democracia Francesa, que obtivera un 12,98% dos votos na primeira volta das eleccións, retirouse da segunda volta sen dar ningunha recomendación de voto.

División administrativas

[editar | editar a fonte]

A rexión de Borgoña está dividida en catro departamentos, quince distritos, 174 cantóns e 2.045 concellos. Os catro departamentos da rexión son (entre paréntese número de habitantes):

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para borgoñón.
  2. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, ed. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). p. 112. ISBN 84-8158-266-2. 
  3. López Martínez, María Cruz (2005). Gran dicionario século 21 da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1442. ISBN 9788482893419. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
{{bottomLinkPreText}} {{bottomLinkText}}
Borgoña
Listen to this article

This browser is not supported by Wikiwand :(
Wikiwand requires a browser with modern capabilities in order to provide you with the best reading experience.
Please download and use one of the following browsers:

This article was just edited, click to reload
This article has been deleted on Wikipedia (Why?)

Back to homepage

Please click Add in the dialog above
Please click Allow in the top-left corner,
then click Install Now in the dialog
Please click Open in the download dialog,
then click Install
Please click the "Downloads" icon in the Safari toolbar, open the first download in the list,
then click Install
{{::$root.activation.text}}

Install Wikiwand

Install on Chrome Install on Firefox
Don't forget to rate us

Tell your friends about Wikiwand!

Gmail Facebook Twitter Link

Enjoying Wikiwand?

Tell your friends and spread the love:
Share on Gmail Share on Facebook Share on Twitter Share on Buffer

Our magic isn't perfect

You can help our automatic cover photo selection by reporting an unsuitable photo.

This photo is visually disturbing This photo is not a good choice

Thank you for helping!


Your input will affect cover photo selection, along with input from other users.

X

Get ready for Wikiwand 2.0 🎉! the new version arrives on September 1st! Don't want to wait?