Ana Maria Machado
Ana Maria Machado falando en Río de Xaneiro en 2017 | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de decembro de 1941 Río de Xaneiro |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Brasileira |
Formación profesional | Licenciada en Filoloxía |
Educación | Universidade Federal do Rio de Janeiro |
Director de tese | Michel Arrivé (pt) |
Actividade | |
Campo de traballo | Filoloxía románica, Literatura infantil, literatura fantástica, actividade literaria, libraría, xornalismo e pintura |
Ocupación | Escritora, xornalista e pintora |
Período de actividade | 1969 - |
Empregador | Pontifícia Universidade Católica do Rio de Janeiro (pt) Universidade Federal do Río de Xaneiro |
Membro de | |
Xénero artístico | Literatura infantil e xuvenil, realismo máxico |
Lingua | Portugués |
Premios | |
Véxase o texto | |
Páxina web | anamariamachado.com.br |
Lista
|
Ana Maria Machado, nada no Río de Xaneiro o 24 de decembro de 1941, é unha xornalista, profesora, pintora e escritora brasileira.[1]
Xunto con Lygia Bojunga Nunes, Ruth Rocha e Eva Furnari, é unha das principais expoñentes da nova onda da literatura infantil brasileira.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formada en Letras na Universidade do Brasil, Ana Maria Machado estudou despois na Universidade Federal do Rio de Janeiro (UFRJ) e na Pontifícia Universidade Católica do Rio de Janeiro (PUC-RJ). Como xornalista, traballou durante máis de dez anos na Rádio Jornal do Brasil. En 1978 gañaou o Prêmio Jabuti de Literatura. Foi unha das fundadoras, en 1980, da primeira libraría infantil no Brasil, a Malasartes (en Río de Xaneiro), que existe até hoxe. Nesa década publicou máis de corenta libros, e en 1981 recibiu o Premio Casa de las Américas polo libro De Olho nas penas.
O recoñecemento mundial das obras de Ana Maria Machado aconteceu no 2000, cando obtivo o Premio Hans Christian Andersen, o máis importante premio de literatura infantil.[3] No mesmo ano foi condecorada coa Orde do Mérito Cultural. En 2010 recibiu un Premio Príncipe Claus, dos Países Baixos, e, en 20013, o brasileiro Premio Passo Fundo Zaffari e Bourbon de Literatura.
O 19 de xullo de 2011 nunha entrevista declarou que xa vendera, en todas as traducións, uns 19 milóns de exemplares das súas publicacións.[4]
Machado actúa intensivamente na promoción da lectura e no fomento do libro.
Academia Brasileira de Letras
[editar | editar a fonte]Ana María Machado é a sexta ocupante da cadeira 1 da Academia Brasileira de Letras (ABL), cuxo patrono é o poeta Adelino Fontoura. Foi elixida o 24 de abril de 2003, sucedendo a Evandro Lins e Silva, e recibida o 29 de agosto de 2003 polo académico Tarcísio Padilha.
O 8 de decembro de 2011 foi elixida presidenta da Academia Brasileira de Letras para o bienio 2012-2013.[5]
Principais obras
[editar | editar a fonte]Entre outros libros, son da súa autoría:
Literatura infantoxuvenil
[editar | editar a fonte]- Uma Vontade Louca
- Amigo É Comigo
- Isso Ninguém Me Tira
- Bento que Bento é o Frade
- Bisa Bia, Bisa Bel (novela), 1981
- De olho nas penas
- Do outro mundo
- O canto da praça
- Bem do seu tamanho
- Tudo ao mesmo tempo agora
- O Que É?
- Dandinha danda
- Abrindo Caminho
- Alguns Medos e Seus Segredos
- Era Uma Vez Três
- O Gato do Mato e o Cachorro do Morro
- Menina Bonita do Laço de Fita
- Conto de Fadas
- O mistério da ilha
- Amigos Secretos
- De carta em carta
- Quem manda na minha boca sou eu!!
- O domador de monstros
- História Meio ao Contrário
Literatura para adultos
[editar | editar a fonte]- Alice e Ulisses, (novela), 1984
- Aos Quatro Ventos, (novela), 1993
- A Audácia dessa Mulher, (novela), 1999
- Canteiros de Saturno, (novela), 1991
- Como e Por Que Ler os Clássicos Universais desde Cedo, (libro teórico), 2002
- Contra Corrente, (colectánea de artigos), 1999
- Democracia, (colectánea de artigos), 1983
- Esta Força Estranha, (biografía), 1998
- O Mar Nunca Transborda, (novela), 1995
- Para Sempre, (novela), 2001
- Recado do Nome, (tese de doutoramento), 1976
- Texturas - sobre Leituras e Escritos, (colectánea de artigos), 2001
- Tropical Sol da Liberdade, (novela), 1988
- Um Mapa Todo Seu, 2015
Predecesor: Evandro Lins e Silva |
Academia Brasileira de Letras Sexta académica da cadeira 1 2003 - actualidade |
Sucesor: — |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Câmara do Livro. "Ana Maria Machado". Arquivado dende o orixinal o 25 de xaneiro de 2013. Consultado o 2 de outubro de 2018.
- ↑ "Ruth Rocha". Enciclopédia Escolar Britannica (en portugués). Britannica Escola Online. Arquivado dende o orixinal o 14 de abril de 2016. Consultado o 1 de outubro de 2018.
- ↑ EducaRede, Fundação Telefônica. "Ana Maria Machado, Biografia". Arquivado dende o orixinal o 17 de novembro de 2010. Consultado o 2 de outubro de 2018.
- ↑ Programa do Jô. "Ana Maria Machado". Consultado o 2 de outubro de 2018.
- ↑ "Ana Maria Machado, Escritora brasileira". E-Biografias. 24 de xaneiro de 2012. Consultado o 2 de outubro de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ana Maria Machado |
- Páxina oficial da escritoraArquivado 04 de agosto de 2020 en Wayback Machine..
- Perfil no sítio oficial da Academia Brasileira de Letras.
- A fada das letras, Revista Veja.
- Obra de Ana Maria Machado surpreende a própria autora, Editora Ática.
- Entrevista en World Literature Today (en inglés).
Text is available under the CC BY-SA 4.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.