Champiñón
Champiñóns (xénero Agaricus) | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Fungo dos lameiros (A. campestris) | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Especie tipo | |||||||||||||||
'Agaricus campestris (fungo dos lameiros) L.:Fr. | |||||||||||||||
Especie | |||||||||||||||
|
Os champiñóns (do francés champignon, procedente do latín vulgar campiniolus, derivado de campania ‘do campo’)[1] chamados formalmente agáricos[2] e tamén chamados cogordas[3] son fungos do xénero Agaricus. O máis coñecido é o champiñón común Agaricus bisporus.
Trátase dun cogomelo de cor branca, co sombreiro redondo, que cando chega á súa madurez esténdese, pero sempre co bordo cara a dentro. As láminas son brancas en principio, pasando a rosadas e despois marróns. É comestíbel, e se ten as láminas de cor marrón, é mellor quitarllas.
Especies (selección)
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Especies do xénero Agaricus.
En Galiza existen varias especies bravas coma o fungo dos lameiros ou fungo pequeno das febras (Agaricus campestris), a bóla de neve (Agaricus arvensis) ou a bóla de neve dos bosques (Agaricus silvicola). A maioría dos champiñóns son comestíbeis. Especies tóxicas como Agaricus xanthoderma caracterízanse por un cambio de cor en amarelo cromo cando se cortan. Algunhas especies salientábeis deste xénero son:
- Sección: Agaricus
- Agaricus campestris (fungo dos lameiros)
- Agaricus bisporus (champiñón común)
- Agaricus bitorquis (cogomelo das rapadoiras)
- Sección: Sanguinolenti
- Agaricus silvaticus (fungo das febras)
- Agaricus langei
- Sección: Minores
- Agaricus semotus
- Agaricus comtulus
- Sección: Arvenses
- Agaricus arvensis (bóla de neve)
- Agaricus silvicola (bóla de neve dos bosques)
- Agaricus augustus
- Sección: Xanthodermatei (champiñón fedorento)
- Agaricus xanthoderma
- Agaricus placomyces
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Champiñón". Portal das Palabras. Consultado o 22 de outubro.
- ↑ Nome recomendado para o xénero polo Gran dicionario Xerais de lingua galega, Vigo, Xerais, 2009
Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para agárico. - ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cogorda.
Terminoloxía | |
---|---|
Especies | Agaricales (Agaricus: bóla de neve, champiñón común, fungo dos lameiros), Amanita (amanita branca, amanita dos Césares, cacaforra da morte, cacaforra dourada, francesiña, rebentabois), Boletus, cantarela, carallán, cerrote, cogomelo dos lamigueiros, cornizó, feixó do demo, fungato, matacandil, mildio, netorra, níscaro, oídio, pé azul, peido de lobo, pleuroto, ratiño, tortullo, trufa |
Taxonomía e recursos |
Text is available under the CC BY-SA 4.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.