For faster navigation, this Iframe is preloading the Wikiwand page for Viaxe ao centro da Terra.

Viaxe ao centro da Terra

Viaxe ao centro da Terra
Ilustración de Édouard Riou empregada no interior e na portada da edición orixinal.
Título orixinalVoyage au centre de la Terre
Autor/aJules Verne
Ilustrador/aÉdouard Riou
OrixeFrancia
Linguafrancés
Xénero(s)Novela, ciencia ficción
EditorialHetzel
Data de pub.1864
TraduciónValentín Arias
editar datos en Wikidata ]

Viaxe ao centro da Terra (en francés: Voyage au centre de la Terre) é unha novela de ficción científica escrita polo autor francés Jules Verne (1828-1905) e publicada no ano 1894. Considerada unha das súas mellores novelas, concédese máis peso á aventura e á imaxinación do que á verosimilitude e á divulgación científica.

Personaxes

[editar | editar a fonte]

Otto Lidenbrock, experto xeólogo e profesor de mineraloxía no Johannaeum de Hamburgo. Home de gran reputación no mundo científico e académico, é de carácter impetuoso e sitúa o seu compromiso coa ciencia mesmo por riba da súa propia vida. Porén, responde con amor e compaixón cando as adversidades da viaxe golpean ao seu sobriño.

Axel, sobriño do profesor, partilla con el casa e ocupación. Malia ser un axudante cualificado e disposto, o seu amor xuvenil e apaixonado pola afillada do profesor, así como o desexo de levar unha vida convencional e cómoda, constitúe un contrapunto á personalidade do seu tío. Porén, ao longo da novela irá virando cara a unha persoa máis madura e curiosa.

Hans Bjelke, cazador islandés que será o guía na viaxe. É unha persoa extremadamente hábil, leal e de poucas palabras. O seu traballo, a súa afouteza e as súas capacidades serán decisivas á hora de levar a bo termo a expedición.

Arne Saknussemm, sabio islandés do século XVI, primitivo explorador do mundo soterrado. É o autor do pergameo que dá as instrucións precisas para a viaxe ao inframundo.

Grauben, afillada do profesor e namorada de Axel. Xunto con Marta, a ama de chaves, o seu padriño, e o seu namorado constitúen o núcleo que mora na casa de Königstrasse, no barrio máis antigo de Hamburgo.

Argumento

[editar | editar a fonte]

Dentro dun manuscrito islandés que pertenceu a Arne Saknussemm, Otto Lidenbrock atopa un pergameo cifrado que contén a clave para realizaren unha viaxe ao centro da terra, tal e como o propio Saknussem fixera séculos atrás. O profesor Lidenbrock, Axel e mais o seu guía Hans, comezan no monte islandés Sneffels un descenso que percorrera a codia terrestre até o centro do globo. Con todo, non acadarán o seu obxectivo, pois ao tentaren eliminar un obstáculo cunha explosión, son expulsados nunha arroiada, saíndo á superficie da terra pola boca do volcán Stromboli, na illa siciliana do mesmo nome.

Edición galega

[editar | editar a fonte]

A tradución galega é obra de Valentín Arias, e foi publicada por vez primeira na colección Xabarín de Edicións Xerais de Galicia no ano 1985.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
{{bottomLinkPreText}} {{bottomLinkText}}
Viaxe ao centro da Terra
Listen to this article

This browser is not supported by Wikiwand :(
Wikiwand requires a browser with modern capabilities in order to provide you with the best reading experience.
Please download and use one of the following browsers:

This article was just edited, click to reload
This article has been deleted on Wikipedia (Why?)

Back to homepage

Please click Add in the dialog above
Please click Allow in the top-left corner,
then click Install Now in the dialog
Please click Open in the download dialog,
then click Install
Please click the "Downloads" icon in the Safari toolbar, open the first download in the list,
then click Install
{{::$root.activation.text}}

Install Wikiwand

Install on Chrome Install on Firefox
Don't forget to rate us

Tell your friends about Wikiwand!

Gmail Facebook Twitter Link

Enjoying Wikiwand?

Tell your friends and spread the love:
Share on Gmail Share on Facebook Share on Twitter Share on Buffer

Our magic isn't perfect

You can help our automatic cover photo selection by reporting an unsuitable photo.

This photo is visually disturbing This photo is not a good choice

Thank you for helping!


Your input will affect cover photo selection, along with input from other users.

X

Get ready for Wikiwand 2.0 🎉! the new version arrives on September 1st! Don't want to wait?