For faster navigation, this Iframe is preloading the Wikiwand page for Valle de Cuelgamuros.

Valle de Cuelgamuros

Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente.

Coordenadas: 40°38′29″N 04°09′26″O / 40.64139, -4.15722

Vista do monumento dende a chaira central

O Valle de Cuelgamuros, anteriormente Valle de los Caídos, é un monumento funerario situado na serra de Guadarrama, no municipio de San Lorenzo de El Escorial, na Comunidade de Madrid. Foi construído por prisioneiros republicanos da guerra civil española entre os anos 1940 e 1958. Nel están enterrados uns 40.000 combatentes dos dous bandos da guerra civil (a partir da década dos 50, xa que anteriormente só eran enterrados os afíns ao réxime franquista), moitos deles trasladados dende outros puntos de España, onde tiveron lugar as batallas máis importantes da guerra. Tamén se atopan os restos mortais do falanxista José Antonio Primo de Rivera. Na basílica de Santa Cruz estivo sepultado o ditador Francisco Franco, trasladado ó cemiterio do Pardo na capital madrileña o 24 de outubro de 2019[1].

O complexo consta dunha abadía beneditina, unha basílica de 262 metros de lonxitude escavada na roca, varias construcións monolíticas e por enriba de todo unha cruz cristiá de 150 metros de altura.

Aínda que o monumento foi concibido teoricamente para honrar os mortos tanto franquistas como republicanos, en realidade ten unha clara apoloxía franquista. O monumento ten a inscrición Caídos por Dios y por España (Caídos por Deus e por España) e abondosa simboloxía do réxime. A súa construción foi anunciada por Francisco Franco o día 1 de abril de 1939, o mesmo no que acabou a guerra.

A orixe dos enterrados no Valle de los Caídos é incerta. Aínda que existen arquivos con aproximadamente a metade dos defuntos, descoñécese a identidade dos outros. Foron recollidos de moitos campos de batalla como os de Brunete, Grado, Gandesa, Teruel e a Batalla do Ebro, entre moitos outros.

Para a súa construción utilizáronse presos políticos, aos que prometeron unha redención de pena a cambio de traballo e un pequeno salario. Non obstante, moitos deles morreron na súa construción debido á falta de medios técnicos e á pouca seguridade.

Durante moitos anos foi lugar de reunión cada 20 de novembro de varios grupos de falanxistas e nostálxicos da ditadura.

O 12 de maio de 2017 o pleno do Congreso dos Deputados aprobou a proposta de exhumar os restos de Franco e trasladar os de José Antonio Primo de Rivera a un lugar menos destacado como desenvolvemento da Lei de memoria histórica.[2]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
{{bottomLinkPreText}} {{bottomLinkText}}
Valle de Cuelgamuros
Listen to this article

This browser is not supported by Wikiwand :(
Wikiwand requires a browser with modern capabilities in order to provide you with the best reading experience.
Please download and use one of the following browsers:

This article was just edited, click to reload
This article has been deleted on Wikipedia (Why?)

Back to homepage

Please click Add in the dialog above
Please click Allow in the top-left corner,
then click Install Now in the dialog
Please click Open in the download dialog,
then click Install
Please click the "Downloads" icon in the Safari toolbar, open the first download in the list,
then click Install
{{::$root.activation.text}}

Install Wikiwand

Install on Chrome Install on Firefox
Don't forget to rate us

Tell your friends about Wikiwand!

Gmail Facebook Twitter Link

Enjoying Wikiwand?

Tell your friends and spread the love:
Share on Gmail Share on Facebook Share on Twitter Share on Buffer

Our magic isn't perfect

You can help our automatic cover photo selection by reporting an unsuitable photo.

This photo is visually disturbing This photo is not a good choice

Thank you for helping!


Your input will affect cover photo selection, along with input from other users.

X

Get ready for Wikiwand 2.0 🎉! the new version arrives on September 1st! Don't want to wait?