Usuario:Elisardojm/EuTraduzoNaCasa
Unha nova actividade que podemos facer neste tempo de confinamento é traducir artigos de calidade doutras Wikipedias.
A Galipedia ten unha ferramenta que fai que esta tarefa sexa moi doada, ten integrado un tradutor automático e ti o único que tes que facer é amañar os erros que comete o tradutor.
Con esta actividade aprenderemos cousas novas da Wikipedia e axudaremos a que a Galipedia medre con contidos que xa foron revisados por moitos usuarios. O que se di "un dous por un".
Na Wikipedia en castelán os artigos bos e de calidade atópanse en Wikipedia:Artículos destacados e en Wikipedia:Artículos buenos, e entre eles atópanse artigos de tódalas temáticas e campos.
E non te preocupes polo formato e os erros de formato que dea o artigo, ti esfórzate en revisar a tradución, publica o artigo, e despois apúntao na parte de abaixo desta páxina. Eu irei amañando os erros de formato e engadindo os modelos que falten, así é o traballo en equipo
E por suposto, se queres mellorar o artigo por ti mesmo, podes seguir traballando nel así que estea na Galipedia.
Podes preguntar as dúbidas que teñas na miña páxina de conversa ou na Taberna da Galipedia.
Moitas grazas pola túa colaboración e ánimo, que facendo cousas o tempo de confinamento pasa máis rápido.
1. Vai á Wikipedia en castelán e busca un artigo bo nesta lista ou un artigo de calidade nestoutra. Asegúrate que non existe na Galipedia, para iso vai ó artigo e revisa se nas ligazóns de lingua (nas ligazóns da parte da esquerda da páxina) aparece o galego, se non aparece é que aínda non existe e podes anotar o seu nome.
5. Traduce o teu artigo usando o Tradutor de Contidos, é o máis doado do mundo..., e publícao na Galipedia!
Apunta aquí o nome do artigo que traduciches para que o vaiamos revisando.
Só tes que premer no botón de abaixo e na páxina que aparece escribir o título do teu artigo. Despois tes que premer no botón de "Publicar os cambios". Con iso xa quedará gardado nesta páxina.
Moitas grazas pola túa colaboración!!
Tvrđa
Bezhin lug
Hannah Arendt XustoRguez (conversa) 25 de abril de 2020 ás 00:52 (UTC)
Text is available under the CC BY-SA 4.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.