For faster navigation, this Iframe is preloading the Wikiwand page for Torres de delay.

Torres de delay

Este artigo ou sección precisa revisión por alguén que saiba deste tema. Se ten eses coñecementos mellore este artigo. (Desde marzo de 2012.)
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2015.)

As torres de delay ou torres de reforzo son unha serie de altofalantes que se colocan en grandes recintos para reforzar o sistema principal de son nestes lugares, xa que debido á distancia o son vaise esvaecendo e non chega con claridade a todo o espazo. Ademais compensan o retardo do son producido por esa distancia debido á velocidade á que se transmiten as ondas sonoras.

A partir do ano 2000 comezouse a estandarizar o uso do arranxo line array así que foron pasando os anos, descubriuse como o arranxo máis practico e con mellores resultados para realización de eventos audiovisuais de mediano e gran formato en exteriores (campos de fútbol, festivais, etc) ou espazos interiores amplos. A gran versatilidade destes sistemas fixo que en poucos anos todas as empresas de alugamento de equipos e as grandes xiras substituíran os seus sistemas por un line array dalgunha das numerosas compañías que o fabrican.

Ante a necesidade de cubrir cada vez máis distancia de audiencia, as compañías comezaron a desenvolver sistemas ou arranxos que nos permitiran cubrir as necesidades actuais. Combinando estes sistemas (line array) xunto cos procesadores que temos dispoñibles no mercado podemos crear sistemas dunha gran versatilidade e cubrir necesidades técnicas máis complexas.

A día de hoxe nos grandes festivais ou nas xiras dos artistas globais precisamos cubrir máis de 100 metros de audiencia ao longo e 60 metros de ancho. Polo que se fai imprescindible, para contar cun equipo que responda en todo o recinto ás necesidades requiridas, a instalacións dunhas "axudas" que son denominadas torres de delay estas permitirannos cubrir toda a zona de audiencia sen que a presión sonora sufra sombras ou zonas nas que non escoitamos ben.

Cálculo da torre de delay

[editar | editar a fonte]

O son viaxa a unha velocidade particular, o son viaxa extremadamente rápido pero non sempre a mesma velocidade, por iso é bo que usemos medios técnicos especialmente pensados e deseñados para calcular esta cuestión, Smart Live por exemplo.

A ecuación para calcular a velocidade do son é:[1]

Asúmese como regra xeral que a velocidade do son é de 344 m/s. Como sabemos que perdemos 6 decibelios cada vez que dobramos a distancia, precisamos calcular ben o delay das torres para que toda a audiencia teña a presión buscada. Para calcular o delay correcto temos que usar a seguinte ecuación:[1]

Onde V é o tempo de delay, x é a distancia entre a fonte sonora é a colocación da torre de delay e t é a velocidade do son. Ao facer isto correctamente, conseguimos sincronizar a fonte sonora (PA) coa torre de delay, pero esta situación provoca que ao noso cerebro non lle resulte crible que o son provén do escenario, polo que debemos engadir un pouco máis de delay (entre 5 e 10 milisegundos) para que o arranxo pareza natural e non resulte incomprensible (no que se refire ao plano sonoro).

  1. 1,0 1,1 "How to Calculate a Delay Tower" (en inglés). Consultado o 27 de maio de 2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Este artigo ou categoría carece de ligazóns interlingüísticas. Engádellas premendo na opción "Engadir ligazóns" da columna da esquerda e escribindo o código de lingua e mais o nome correspondente a este artigo ou categoría nesa lingua. Logo diso retira o modelo ((Seniw)) da páxina.Colabora connosco neste artigo e noutros en condicións semellantes para que a Galipedia mellore e medre.

Falta algunha imaxe que ilustre o artigo
 Este artigo non contén imaxes. Pode axudar cargando imaxes, na Galipedia ou na Wikimedia Commons, relacionadas co contido do artigo, ou incluíndo unha xa existente.
 Debe ter en conta as políticas de uso de imaxes e o respecto polos dereitos de autoría.

{{bottomLinkPreText}} {{bottomLinkText}}
Torres de delay
Listen to this article

This browser is not supported by Wikiwand :(
Wikiwand requires a browser with modern capabilities in order to provide you with the best reading experience.
Please download and use one of the following browsers:

This article was just edited, click to reload
This article has been deleted on Wikipedia (Why?)

Back to homepage

Please click Add in the dialog above
Please click Allow in the top-left corner,
then click Install Now in the dialog
Please click Open in the download dialog,
then click Install
Please click the "Downloads" icon in the Safari toolbar, open the first download in the list,
then click Install
{{::$root.activation.text}}

Install Wikiwand

Install on Chrome Install on Firefox
Don't forget to rate us

Tell your friends about Wikiwand!

Gmail Facebook Twitter Link

Enjoying Wikiwand?

Tell your friends and spread the love:
Share on Gmail Share on Facebook Share on Twitter Share on Buffer

Our magic isn't perfect

You can help our automatic cover photo selection by reporting an unsuitable photo.

This photo is visually disturbing This photo is not a good choice

Thank you for helping!


Your input will affect cover photo selection, along with input from other users.

X

Get ready for Wikiwand 2.0 🎉! the new version arrives on September 1st! Don't want to wait?