Titoniano
Eixe vertical: millóns de anos.
O Titoniano é unha división da escala temporal xeolóxica, a última idade ou piso do período Xurásico. Esténdese desde 150,8 até 145,5 millóns de anos atrás, aproximadamente. O Titoniano sucede ao Kimmeridxiano e precede ao Berriasiano, do Cretáceo inferior.
Os dinosauros, plesiosauros e ictiosauros dominan o planeta.
O nome provén da mitoloxía grega. Titono foi o fillo de Laomedonte de Troia. Namorouse de Eos, a deusa grega do amencer e empregouse na estratigrafía porque esta etapa, o Titoniano, é o albor do Cretáceo.
É equivalente ao período Postlandiano de Inglaterra.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Cranio de Allosaurus.
-
Fósil de coral (Gyrodendron lobatum).
Text is available under the CC BY-SA 4.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.