For faster navigation, this Iframe is preloading the Wikiwand page for Terra de Montes.

Terra de Montes

Para a comarca actual, véxase Comarca de Tabeirós - Terra de Montes

A Terra de Montes é unha comarca histórica galega situada entre as actuais provincias de Pontevedra e Ourense. Pertencen a esta comarca os concellos de Cerdedo (hoxe integrado no de Cerdedo-Cotobade) e Forcarei, na provincia de Pontevedra, e mais Beariz, na provincia de Ourense. Ademais destes tres concellos, a comarca está integrada tamén pola parroquia de Sabucedo na Estrada, Morillas e Montes en Campo Lameiro, Caroi no antigo concello de Cotobade, A Barcia do Seixo na Lama e Santa María de Zobra no concello de Lalín.[1] Non ten recoñecemento legal ou xurídico.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

A bisbarra ten unha extesión de 375 km2 e debe o seu nome á orografía montañosa do territorio, no que destacan serras e picos de até 1000 m de altitude, como o monte Seixo, o outeiro do Couto, Marcofán, a serra do Cando, a serra do Candán, a serra do Suído e os Montes do Testeiro. Estas montañas acubillan os manaciais de varios ríos importantes: o Lérez, o Umia, o Deza e o Verdugo.

A primeira referencia documental da Terra de Montes é de mediados do século X, para designar unha extensa parroquia da diocese de Iria Flavia. En 1115, a raíña Urraca doa a metade deste territorio á igrexa de Santiago. A outra metade é doada polo rei Fernando II en 1176, completando a totalidade de “terra illa, qua dicitur Montes” (“daquela terra, que se denomina Montes”). Aparece así a denominación de Terra de Montes, que pasa de ser reguengo a converterse nun arciprestado da diocese compostelá.

Con todo, os abades do mosteiro de Carboeiro primeiramente e do mosteiro de San Martiño Pinario despois, opóñense á xurisdición civil e criminal do arcebispado nos coutos de Folgoso, de Ventoxo e de Tomonde. Tamén o abade do Mosteiro de Aciveiro, fundado en 1135, quereleouse, no seu caso, pola xurisdición das encomendas de Aciveiro (Aciveiro, Pereira, Dúas Igrexas, A Madanela de Montes, Beariz e couto de Vilar). Finalmente, nos derradeiros anos do século XVI e nos iniciais do seguinte, os arcebispos composteláns impuxeron a súa forza e poderío, exercendo en diante o goberno sobre a xurisdición de Montes, composta por 23 parroquias e mailos lugares de Medelo, A Laxa, O Coto (Caroi), Bugarín (San Isidro de Montes) e Porto Martín (Zobra). Na esfera eclesiástica, o goberno arcebispal ampliábase ás 26 parroquias do arciprestado de Montes.

A sede do poder señorial na época medieval era a fortaleza de Castro, na actual parroquia de San Miguel de Presqueiras, destruída en 1466 pola irmandade de Pontevedra na guerra Irmandiña e reconstruída polo arcebispo Alonso II de Fonseca. Finalmente será abandonada na década de 1590, con ocasión do traslado definitivo da residencia do xuíz-meiriño, nomeado polo arcebispo compostelán, a Soutelo de Montes, onde desde entón se celebran as audiencias xudiciais.

O goberno arcebispal manterase en Soutelo de Montes ata o século XIX. Sucesivamente, en fases de goberno liberal en 1811 e 1823, decretouse a abolición dos señoríos xurisdicionais, aínda que debe esperarse ata 1837, coa “Nova Planta dos Concellos Constitucionais desta provincia” para a división deste territorio entre os municipios de Forcarei, Cerdedo e Beariz[2].

Poboación

[editar | editar a fonte]

A poboación desta comarca histórica está repartida entre os seguintes concellos e parroquias:

Concello / Parroquia Poboación (2019)
Cerdedo 1580
Forcarei 3388
Beariz 971
Sabucedo 33
Morillas 47
Montes 134
Caroi 109
A Barcia do Seixo 239
Zobra 111
Total 6612
  1. Antonio Rodríguez Fraiz. "Amigos da Terra de Montes". Arquivado dende o orixinal o 08 de marzo de 2016. Consultado o 17 de agosto de 2015. 
  2. "Terra de Montes – Amigos do Mosteiro de Aciveiro e Terra de Montes" (en castelán). Consultado o 2020-05-21. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Fernández Cortizo, C.: La Tierra de Montes en el siglo XVIII. Estructura demográfica y sistema familiar en una sociedad rural. Tese de doutoramento (inédita).
{{bottomLinkPreText}} {{bottomLinkText}}
Terra de Montes
Listen to this article

This browser is not supported by Wikiwand :(
Wikiwand requires a browser with modern capabilities in order to provide you with the best reading experience.
Please download and use one of the following browsers:

This article was just edited, click to reload
This article has been deleted on Wikipedia (Why?)

Back to homepage

Please click Add in the dialog above
Please click Allow in the top-left corner,
then click Install Now in the dialog
Please click Open in the download dialog,
then click Install
Please click the "Downloads" icon in the Safari toolbar, open the first download in the list,
then click Install
{{::$root.activation.text}}

Install Wikiwand

Install on Chrome Install on Firefox
Don't forget to rate us

Tell your friends about Wikiwand!

Gmail Facebook Twitter Link

Enjoying Wikiwand?

Tell your friends and spread the love:
Share on Gmail Share on Facebook Share on Twitter Share on Buffer

Our magic isn't perfect

You can help our automatic cover photo selection by reporting an unsuitable photo.

This photo is visually disturbing This photo is not a good choice

Thank you for helping!


Your input will affect cover photo selection, along with input from other users.

X

Get ready for Wikiwand 2.0 🎉! the new version arrives on September 1st! Don't want to wait?