For faster navigation, this Iframe is preloading the Wikiwand page for Soiuz (nave).

Soiuz (nave)

Soiuz 19 en órbita vista dende o Apollo ASTP
Soiuz TMA-6 achegándose á Estación Espacial Internacional en 2005

A nave espacial Soiuz (en ruso: Союз, "unión") é un modelo de nave espacial tripulable que forma parte do programa espacial Soiuz da Unión Soviética. A nave Soiuz pode levar unha tripulación de ata tres membros e lánzase polo vehículo de lanzamento Soiuz. Este vehículo de lanzamento foi empregado para enviar ao espazo varias misións externas ao programa Soiuz, incluíndo misións científicas da Axencia Espacial Europea (ESA) como a sonda Mars Express.

O programa Soiuz foi creado por Sergei Koroliov, deseñador principal do programa espacial soviético durante a carreira espacial. No seu primeiro voo tripulado, Soiuz 1 (abril de 1967), a nave estrelouse contra o chan despois da reentrada, falecendo o seu único tripulante, Vladimir Komarov. Serviu para transportar tripulacións ás estacións espaciais Saliut, Mir e ISS. A Soiuz foi deseñada tamén para misións tripuladas á Lúa no marco dos programas Zond e N1/L3.

Dende 1980 emprégase un modelo perfeccionado chamado Soiuz T e dende 1986 o modelo Soiuz TM, deseñado inicialmente durante a construción e utilización da estación espacial Mir. En 2002 foi introducida a variante Soiuz TMA, empregada por Rusia para transportar astronautas ata a ISS, servindo ademais como vehículo de emerxencia para a estación. En 2010 introduciuse unha nova variante, a Soiuz TMA-M.

A Soiuz foi empregada como base para o deseño da familia de naves automáticas Progress.

O foguete Soiuz ou R-7 é o máis lonxevo, máis adaptable e con máis éxito da historia da astronáutica; proba disto é o seu índice de confiabilidade do 97,5% en máis de 1700 lanzamentos dende a súa creación.[1]

Os rusos deseñaron o modelo máis novo, o foguete Soiuz 2, que tivo o seu primeiro lanzamento o 8 de novembro de 2004, e a posta en órbita dun satélite o 27 de decembro de 2006.

O deseño básico da Soiuz permaneceu sen alteración dende os anos sesenta. O vehículo consiste en tres partes:

  • Módulo orbital (en ruso, бытовой отсек, БО): ten unha forma case esférica e sitúase na parte dianteira do vehículo. Contén a maior parte do equipo preciso para a supervivencia da tripulación ata o seu regreso á Terra ou acoplamento a unha estación espacial. Na maior parte das misións ía equipado cun sistema de acoplamento. O módulo orbital abandónase no espazo xusto antes da reentrada e destrúese na atmosfera.
  • Cápsula da tripulación (en ruso, спускаемый аппарат, СА): é a única parte do vehículo que regresa á Terra, polo que vai equipada cun escudo térmico e dous paracaídas, un primario e outro de emerxencia. Ten forma de campá e no seu interior poden ir ata tres tripulantes equipados con traxes de presión Sokol (dende a misión Soiuz 11, en 1971). Durante a aterraxe, o escudo térmico despréndese para poder empregar unha serie de retrofoguetes de combustible sólido situados na base da cápsula que frean o impacto co chan.
  • Módulo de servizo (en ruso, приборно-агрегатный отсек, ПАО): con forma cilíndrica, é a sección onde se localizan os motores orbitais, os tanques de combustible (ácido nítrico e hidracina) e outros equipamentos. Tras frear a nave para volver á Terra, sepárase da cápsula e é destruído na atmosfera.

Características técnicas (Soiuz TMA)

[editar | editar a fonte]
  • Masa: 7200 kg
  • Lonxitude: 6,98 m
  • Diámetro: 2,2-2,72 m
  • Envergadura (con paneis solares): 10,7 m
  • Tripulación: 3 persoas
  • Capacidade de permanencia no espazo: seis meses (acoplada a unha estación espacial) ou 14 días de voo autónomo

Módulo orbital (A)

[editar | editar a fonte]
  • 1 Mecanismo de acoplamento
  • 2, 4 Antena radar Kurs de encontro
  • 3 Antena de transmisión de televisión
  • 5 Cámara
  • 6 Trapela

Módulo de descenso (B)

[editar | editar a fonte]
  • 7 Compartimento de paracaídas
  • 8 Periscopio
  • 9 Portela
  • 11 Escudo térmico

Módulo de servizo (C)

[editar | editar a fonte]
  • 10, 18 Motores de control de actitude
  • 12 Sensores de terra
  • 13 Sensor solar
  • 14 Punto de fixación do panel solar
  • 15 Sensor térmico
  • 16 Antena Kurs
  • 17 Propulsión principal
  • 19 Antena de comunicación
  • 20 Depósito de combustible
  • 21 Tanque de osíxeno
  1. Dondo, Rodolfo (2 de marzo de 2007). "Soyuz-2: Los Zemiorka del Siglo XXI". Espacial.org (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 17 de agosto de 2018. Consultado o 6 de febreiro de 2017. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
{{bottomLinkPreText}} {{bottomLinkText}}
Soiuz (nave)
Listen to this article

This browser is not supported by Wikiwand :(
Wikiwand requires a browser with modern capabilities in order to provide you with the best reading experience.
Please download and use one of the following browsers:

This article was just edited, click to reload
This article has been deleted on Wikipedia (Why?)

Back to homepage

Please click Add in the dialog above
Please click Allow in the top-left corner,
then click Install Now in the dialog
Please click Open in the download dialog,
then click Install
Please click the "Downloads" icon in the Safari toolbar, open the first download in the list,
then click Install
{{::$root.activation.text}}

Install Wikiwand

Install on Chrome Install on Firefox
Don't forget to rate us

Tell your friends about Wikiwand!

Gmail Facebook Twitter Link

Enjoying Wikiwand?

Tell your friends and spread the love:
Share on Gmail Share on Facebook Share on Twitter Share on Buffer

Our magic isn't perfect

You can help our automatic cover photo selection by reporting an unsuitable photo.

This photo is visually disturbing This photo is not a good choice

Thank you for helping!


Your input will affect cover photo selection, along with input from other users.

X

Get ready for Wikiwand 2.0 🎉! the new version arrives on September 1st! Don't want to wait?