For faster navigation, this Iframe is preloading the Wikiwand page for Sínfilos.

Sínfilos

Sínfilos
Symphyla

Scutigerella immaculata

Sínfilo de especie descoñecida
Sínfilo de especie descoñecida

Clasificación científica
Reino: Animalia
Subreino: Eumetazoa
Superfilo: Ecdysozoa
Filo: Arthropoda
Subfilo: Myriapoda
Clase: Symphyla
Ryder, 1880
Familias
  • Scutigerellidae
  • Scolopendrellidae

A dos sínfilos (Symphyla) é unha clase artrópodos mandibulados do subfilo dos miriápodos, similares aos insectos nalgúns aspectos, pero con moitos caracteres que os diferencian destes.

De pequeno tamaño (de 0,5 a 8 mm de lonxitude), habitan en lugares húmidos. Coñécense entre 160[1] e 200[2] especies.

Son de corpo brando e posúen 12 pares de patas.

Diferéncianse doutros miriápodos por presentaren un segundo par de maxilas fusionadas nun labio complexo (o que, por outra parte, aseméllaos a algúns insectos primitivos).

Características

[editar | editar a fonte]

Os sínfilos son de cor branca, aspecto fráxil e delicado, co corpo constituído, como nos demás miriápodos, por dous tagmas ou rexións: cabeza e tronco.

A cabeza posúe un par de antenas, un par de órganos de Tömösvary, un par de mandíbulas e dous pares de maxilas, o segundo deles coas maxilas fusionadas entre si para formaren un labio. Na cabeza desembocan tamén os espiráculos (un par) das traqueas.

O tronco presenta de 15 a 22 placas tergais, estando os esternitos moi reducidos. Posúen 12 pares de patas de catro artellos, aínda que, ao naceren, contan tan só con seis pares.

O tronco termina nun par de fierias, unhas estruturas cónicas que segregan seda. Os gonóporos (poros xenitais) desembocan no terceiro segmento.

Carecen de ollos, e as súas longas antenas sérvenlles como órganos dos sentidos. Presentan varias características que os asemellan aos insectos máis primitivos, como o labio dormado poa fusión do segun dos par de maxilas, un número idéntico de segmentos na cabeza e certas características das patas.[3]

Bioloxía e ecoloxía

[editar | editar a fonte]

Os sínfilos son dioicos (é dicir, teñen os sexos separados). A fecundación é externa; as crías nacen con seis pares de patas e en sucesivas mudas van engadindo novos segmentos ao tronco.[4]

Habitan en lugares húmidos, como o interior do solo, a follaxe caída, o humus, nos musgos, baixo pedras, en troncos podres, covas, etc. Son saprófagos ou herbívoros; estes útimos poden seren daniños para a agricultura.[5]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Descrición

[editar | editar a fonte]

A clase foi descrita por primeira vez en 1880 polo zoólogo e embriólogo estadounidense John A. Ryder.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O nome científico Symphyla (substantivo neutro plural) está formado polos elementos do latín científico sym- e -phyla, tirados do elemento do grego antigo συν- syn-, derivado do adverbio σύν sýn, 'xuntos', e da voz grega φυλή phylḗ, 'tribo', 'grupo', respectivamente, facendo alusión ás caracerísticas compartidas por estes miriápodos cos insectos.[6]

Clasificación

[editar | editar a fonte]

Segundo o NCBI e outras bases de datos zoolóxicas, a clase divídese en dúas familias que comprenden os tres xéneros que se indican.[7]

Clase Symphyla

  • Familia Scolopendrellidae
    • Xénero Symphylella
  • Familia Scutigerellidae
    • Xénero Hanseniella
    • Xénero Scutigerella
  1. Brusca, R. C. & Brusca, G. J. (2005): Invertebrados, 2ª edición. Madrid: McGraw-Hill-Interamericana. ISBN 0-87893-097-3.
  2. Chapman, A. D. (2009): Numbers of Living Species in Australia and the World, 2nd edition. Australian Biodiversity Information Services ISBN 978-0-6425-6861-8.
  3. C. Gillott (2005). Entomology, 3rd Edition. Springer Verlag. ISBN 1-4020-3182-3. 
  4. "Garden Symphylans". Integrated Pest Management on Peppermint-IPMP3.0. Oregon State University. Arquivado dende o orixinal o 03-08-2007. Consultado o 23-03-2017. 
  5. Barrientos, J. A. (ed.) (2004): Curso práctico de entomología. Alicante: Asociación Española de Entomología. ISBN 84-490-2383-1.
  6. Symphyla no Merriam-Webster Dictionary.
  7. Symphyla no NCBI.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Barber, A. D. (2009): "Littoral myriapods. A review". Soil Organisms 81 (3): 735-760.
  • Brusca, R. C. & G. J. Brusca (2005): Invertebrados. 2ª ed. Madrid: McGraw-Hill Interamericana de España. ISBN 978-84-486-0246-8.
  • Edwards, C. A. (1990): "Symphyla" en: Daniel L. Dindal, ed. Biology Guide. Nova York: John Wiley & Sons. ISBN 978-0-4710-4551-9, pp. 891–910.
  • Rupppert, E. E.; R. S. Fox & R. D. Barnes (2004): Invertebrate Zoology 7ª ed. Stamford, Connecticut (EE.UU.): Brooks/Cole. ISBN 0-03-025982-7.
  • Scheller, U. (1982): "Symphyla" en: Sybil P. Parker, ed. Synopsis and Classification of Living Organisms. Nova York: McGraw-Hill ISBN 978-0-0707-9031-5, pp. 688–689.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
{{bottomLinkPreText}} {{bottomLinkText}}
Sínfilos
Listen to this article

This browser is not supported by Wikiwand :(
Wikiwand requires a browser with modern capabilities in order to provide you with the best reading experience.
Please download and use one of the following browsers:

This article was just edited, click to reload
This article has been deleted on Wikipedia (Why?)

Back to homepage

Please click Add in the dialog above
Please click Allow in the top-left corner,
then click Install Now in the dialog
Please click Open in the download dialog,
then click Install
Please click the "Downloads" icon in the Safari toolbar, open the first download in the list,
then click Install
{{::$root.activation.text}}

Install Wikiwand

Install on Chrome Install on Firefox
Don't forget to rate us

Tell your friends about Wikiwand!

Gmail Facebook Twitter Link

Enjoying Wikiwand?

Tell your friends and spread the love:
Share on Gmail Share on Facebook Share on Twitter Share on Buffer

Our magic isn't perfect

You can help our automatic cover photo selection by reporting an unsuitable photo.

This photo is visually disturbing This photo is not a good choice

Thank you for helping!


Your input will affect cover photo selection, along with input from other users.

X

Get ready for Wikiwand 2.0 🎉! the new version arrives on September 1st! Don't want to wait?