For faster navigation, this Iframe is preloading the Wikiwand page for Roqeyya Sakhāwat Hussain.

Roqeyya Sakhāwat Hussain

Infotaula de personaRoqeyya Sakhāwat Hussain

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(bn) রোকেয়া সাখাওয়াত হোসেন Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento9 de decembro de 1880 Editar o valor em Wikidata
distrito de Rangpur Editar o valor em Wikidata
Morte9 de decembro de 1932 Editar o valor em Wikidata (52 anos)
Calcuta Editar o valor em Wikidata
Causa da mortedoenza cardiovascular Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRaj Británico Editar o valor em Wikidata
RelixiónIslam Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora , escritora de ciencia ficción , reformadora social Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoCiencia ficción feminista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua bengalí Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
IrmánsKarimunnesa Khanam Chaudhurani (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

BNE: XX6293631 WikiTree: Khatun-20
Este artigo amosa letras bengalís. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.

Rokeya Sakhawat Hossain[1], nada en Pairaband (Mithapukur, distrito de Rangpur) o 9 de decembro de 1880 e finada en Calcuta o 9 de decembro de 1932, foi unha escritora, pensadora, educadora, activista social e defensora dos dereitos da muller bengalí, máis coñecida como Begum Rokeya.

Considerada pioneira do feminismo no seu país,[2][3][4] escribiu novelas, poemas, contos, ciencia ficción, sátiras, tratados e ensaios.[5] Nos seus escritos sostivo que tanto homes como mulleres deben ser tratadas como seres racionais por igual, e que a falta de educación é a principal razón da discriminación cara ás mulleres. As súas principais obras inclúen Abarodhbasini, un ataque ás formas extremas de purdah que poñen en perigo as vidas e os pensamentos; Sultana's Dream, unha novela de ciencia ficción situada nun lugar chamado Lady Land, un mundo gobernado por mulleres; Padmarag, outra novela utópica feminista; Motichur, colección de ensaios en dous volumes.[5] Rokeya defendeu que a educación da muller é a principal condición da liberación feminia, polo que estableceu a primeira escola dirixida principalmente ás nenas musulmás bengalís en Calcuta. Dirixiu o centro até a súa morte, a pesar de enfrontarse á crítica hostil e diversos obstáculos sociais.[5] En 1916 fundou a Asociación de Mulleres Musulmás, organización que loitou pola educación e o emprego da muller.[5][6] En 1926 presidiu a Conferencia de Educación da Muller Bengalí convocado en Calcuta, primeiro intento significativo para reunir as mulleres en apoio do dereito á educación.[6] Estivo involucrada en debates e conferencias en relación cos avances da muller até a súa morte o 9 de decembro de 1932, pouco despois de presidir unha sesión durante a Conferencia da Muller da India.[6]

En Bangladesh celébrase cada 9 de decembro o Día Rokeya para conmemorar a súa obra e legado.[7] Nese día, o goberno do estado concede o Begum Rokeya Padak, homenaxe a mulleres que realizasen unha contribución excepcional na loita polo recoñecemento dos dereitos da muller.[4]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Lugar de nacemento de Begum Rokeya.

Naceu no por entón Raj Británico. O seu pai, Jahiruddin Muhammad Abu Ali Haidar Saber, era un zamindar de bo nivel educativo que casou catro veces; do seu matrimonio con Rahatunnessa tivo tres fillas, entre elas Rokeya, e tres fillos, un dos cales morreu de neno. O irmán máis vello de Rokeya, Ibrahim Saber, e a súa irmá máis vella inmediata, Karimunnesa, tiveron grande influencia na súa vida. Karimunnesa quería aprender lingua bengalí, o idioma maioritario en Bangladesh, a pesar da oposición da familia debido a que os musulmáns de clase alta da época preferían utilizar o árabe e o persa como medio de educación, en lugar da súa lingua materna. Ibrahim ensinoulle inglés e bengalí a Rokeya e Karimunnesa. Karimunnesa foi obxecto dun matrimonio infantil aos catorce anos. Despois deuse a coñecer como poeta, e os seus dous fillos, Nawab Abdul Karim Gaznawi e Nawab Abdul Halim Gaznawi, ocuparon carteiras ministeriais baixo a ocupación británica.

Rokeya casou aos dezaseis anos. O seu marido, Khan Bahadur Sakhawat Hussain, falante nativo de lingua urdú, foi o maxistrado suplente de Bhagalpur, distrito do actual estado indio de Bihar. Foi o segundo matrimonio de Sakhawat, quen tiña por entón 38 anos e viúvo. Sakhawat era membro da Real Sociedade Agrícola de Inglaterra. Animou a Rokeya a seguir aprendendo bengalí e inglés, e a comezar a escribir. Rokeya adoptou o bengalí como lingua escrita. Iniciouse na literatura co ensaio Pipasa ("Sede").

Tras a morte de Sakhawat Hussain en 1909, Rokeya estableceu unha escola secundaria na memoria do seu home.[8] Comezou a funcionar en Bhagalpur, unha zona tradicionalmente de lingua urdú, con cinco estudantes. Unha disputa coa familia do seu marido sobre as propiedades obrigouna a trasladar a escola en 1911 a Calcuta, unha zona de fala bengalí.[8] Hoxe en día, dirixida polo estado de Bengala Occidental, é unha escola feminina.

Estatua de Begum Rokeya no Rokeya Hall, Universidade de Daca.

Rokeya tamén fundou a Anjuman e Khawateen e Islam (Asociación de Mulleres Musulmás), que se dedicou a organizar debates e conferencias sobre a situación da muller e a educación. Inspirouse na aprendizaxe tradicional musulmá tal como se enuncia no Corán.

A súa tumba en Sodepur foi redescuberta grazas aos esforzos do historiador Amalendu De.[9]

Estatua de Begum Roquia no Begum Rokeya Memorial Center, Pairaband.
  • Pipasha ("Thirst", 1902).
  • Motichur (ensaios, 1º vol. 1904, 2º vol. 1922). O segundo volume inclúe historia e lendas.
  • Sultana's Dream (1908)[10]
  • Padmarag (novela, 1924)
  • Oborodhbashini ("As mulleres solitarias", 1931)
  • Boligarto (conto curto).
  • Narir Adhikar ("Os dereitos da muller"), ensaio inconcluso da Asociación de Mulleres Musulmás.
  • God Gives, Man Robs ("Deus dá, o home rouba", 1927)
  • Education Ideals for the Modern Indian Girl (1931)
  1. Nome transliterado consonte os criterios da Wikipedia en galego. Información a maiores: o nome en bengalí, para cuxo alfabeto non se consensuou ningún sistema explícito de transliteración, é রোকেয়া সাখাওয়াত হোসেন. A partir da versión en hindi -unha ponte empregada para romanizar- do seu nome, रुक़य्या सख़ावत हुसैन, queda रु-क़-य्या स-ख़ा-व-त हु-सै-न, polo tanto ro-qa-yya sa-khā-wa-t hu-sai-n. En consecuencia, a forma adoptada é Roqeyya Sakhāwat Hussain.
  2. "Rokeya's unrealised Dream". The Daily Star. Consultado o 25 de xuño de 2016. 
  3. Rubaiyat, Hossain. "Begum Rokeya: The Pioneer Feminist of Bangladesh". The Daily Star. Consultado o 25 de xuño de 2016. 
  4. 4,0 4,1 "Begum Rokeya Day on 9 December". Dhaka Tribune. Arquivado dende o orixinal o 07 de xaneiro de 2016. Consultado o 25 de xuño de 2016. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Akhter, Shahida (2012). "Hossain, Roquiah Sakhawat". En Islam, Sirajul; Jamal, Ahmed A. Banglapedia: National Encyclopedia of Bangladesh (2ª ed.). Asiatic Society of Bangladesh. Administrator. "Roquia Sakhawat Hussain (Begum Rokeya)". Londoni. Arquivado dende o orixinal o 26 de novembro de 2018. Consultado o 03 de setembro de 2019. 
  6. 6,0 6,1 6,2 "Begum Rokeya Sakhawat Hossain". Sewall-Belmont House Museum. Sewall-Belmont House & Museum. Arquivado dende o orixinal o 24 de xuño de 2016. Consultado o 25 de xuño de 2016. 
  7. "Begum Rokeya Day today". The Daily Star. Consultado o 25 de xuño de 2016. 
  8. 8,0 8,1 Barnita Bagchi (1 de outubro de 2003). "Rokeya Sakhawat Hossain". Consultado o 16 de maio de 2010. 
  9. Banerjee, Pranotosh (27 de maio de 2014). "Remembering Historian Amalendu De". Janoswartho Barta. Consultado o 13 de xaneiro de 2016. 
  10. Aishwarya Subramanian. "Strange Horizons Reviews: Sultana's Dream by Rokeya Sakhawat Hossain". Strange Horizons. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 6 de xullo de 2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
{{bottomLinkPreText}} {{bottomLinkText}}
Roqeyya Sakhāwat Hussain
Listen to this article

This browser is not supported by Wikiwand :(
Wikiwand requires a browser with modern capabilities in order to provide you with the best reading experience.
Please download and use one of the following browsers:

This article was just edited, click to reload
This article has been deleted on Wikipedia (Why?)

Back to homepage

Please click Add in the dialog above
Please click Allow in the top-left corner,
then click Install Now in the dialog
Please click Open in the download dialog,
then click Install
Please click the "Downloads" icon in the Safari toolbar, open the first download in the list,
then click Install
{{::$root.activation.text}}

Install Wikiwand

Install on Chrome Install on Firefox
Don't forget to rate us

Tell your friends about Wikiwand!

Gmail Facebook Twitter Link

Enjoying Wikiwand?

Tell your friends and spread the love:
Share on Gmail Share on Facebook Share on Twitter Share on Buffer

Our magic isn't perfect

You can help our automatic cover photo selection by reporting an unsuitable photo.

This photo is visually disturbing This photo is not a good choice

Thank you for helping!


Your input will affect cover photo selection, along with input from other users.

X

Get ready for Wikiwand 2.0 🎉! the new version arrives on September 1st! Don't want to wait?