For faster navigation, this Iframe is preloading the Wikiwand page for Reconquista de Vigo.

Reconquista de Vigo

Reconquista de Vigo
Parte de Guerra da Independencia en Galicia

Gravado publicado en 1846.[1]
Data 28 de marzo de 1809
Lugar Casco vello de Vigo
Coordenadas 42°14′20.18″N 8°43′29.33″O / 42.2389389, -8.7248139Coordenadas: 42°14′20.18″N 8°43′29.33″O / 42.2389389, -8.7248139
Resultado Expulsión dos franceses de Vigo
Belixerantes
Vigo Pobo de Vigo
Reino Unido Armada británica
Portugal Exército portugués
Francia Exército francés
Líderes
España Cachamuíña
Vigo Vázquez Varela
España Pablo Morillo
Portugal Juan Almeida
Reino Unido J. Coutts Crawford
Francia J. Antonio Chalot[2]
Forzas en combate
ca. 6.000 homes ca. 1.750 homes
Baixas
Case 30 mortos Máis de 100 mortos

Chámase Reconquista de Vigo ao alzamento popular que, no contexto da Guerra da Independencia española, ocorreu en Vigo o 28 de marzo de 1809, cando as tropas do exército do Primeiro Imperio Francés de Napoleón Bonaparte saíron da vila. Os vigueses, encabezados polos militares Pablo Morillo e Bernardo González “Cachamuíña” conseguiron expulsar os galos da vila, converténdose na primeira de Europa en facelo. Por estes feitos, o rei Fernando VII outorgou en 1810 o título de cidade “fiel, leal e valorosa”.

Antecedentes

[editar | editar a fonte]
Véxase tamén: Batalla de Elviña.

O 3 de xaneiro de 1809 entran as tropas francesas en Galicia, sen apenas resistencia. O exército inglés dirixido por John Moore embárcase para Inglaterra. O exército do Marqués de la Romana agóchase en Ourense. Os franceses entran na Coruña o 18 de xaneiro, en Santiago de Compostela o día 20, o 21 en Pontevedra, o 26 en Ferrol e o 31 en Vigo.[3]

Descrición

[editar | editar a fonte]

O 27 de marzo de 1809 os galegos ocupados no asedio de Vigo proclaman a Morillo coronel. Este rápido ascenso débese á perentoria necesidade de ter un xefe único deste rango, condición que exixía o coronel francés Jacobo Antonio Chalot para entregarse. En Vigo intimida ao comandante francés e mantén conversacións co capitán de fragata británico, comandante encargado do bloqueo marítimo na ría de Vigo. O 28 de marzo os homes ao mando de Morillo atacaron as portas de Vigo e, en dúas horas, lograron que os franceses entregasen a cidade. Tras a capitulación, Chalot, 45 dos seus oficiais e máis de 1.200 soldados quedaron prisioneiros; tamén quedaron en poder de Morillo os pertrechos e a tesouraría gala, que ascendía a uns 150.000 francos-ouro.[4]

O nome de dúas rúas da cidade conmemoran os feitos, a Rúa Victoria e a Rúa Reconquista[5] e un monumento aos heroes da Reconquista, obra de Julio González-Pola y García,[6] foi inaugurado na Praza de España en 1947[7] e, máis tarde, trasladado á Praza da Independencia.[8]

Tódolos anos celébrase a Festa da Reconquista,[9] festivo local non laborable, con representacións e outras actividades na rúa, música popular, obradoiros e postos de comida e artesanía a xeito de feira.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Príncipe 1846, p. 404.
  2. Jean Rene Aymes (14/3/2009). "Creo que Chalot está sobrevalorado por los vigueses". Atlántico Diario (en castelán). 
  3. Barreiro 1991, p. 690.
  4. Morillo y Morillo, Pablo 1808-1814.org. Consultada o 19/05/2014 (en castelán).
  5. Vázquez Xil, Lalo (1994) [1991]. As rúas de Vigo (2ª ed.). Vigo: Ediciones Cardeñoso. pp. 162 e 170. ISBN 84-87379-47-8. 
  6. "Julio González-Pola y García" Diccionario Biográfico Español, RAH.
  7. "Cuatro décadas para lograr el monumento a la Reconquista". La Voz de Galicia (en castelán). 10/3/2007. 
  8. Lamas, Jorge (18/8/2010). "El monumento de nunca acabar". La Voz de Galicia (en castelán). 
  9. Turismo de Galicia Xunta de Galicia.
  10. Giráldez Lomba, Antonio (13/2/2009). "El liderazgo del alcalde de Bouzas". Faro de Vigo (en castelán). 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
Multimedia externa
Imaxes
Infografía de Alexandra Bast, 2017 (en castelán).
Vídeos
Reconquista de Vigo 1809-2009 AV Media.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
{{bottomLinkPreText}} {{bottomLinkText}}
Reconquista de Vigo
Listen to this article

This browser is not supported by Wikiwand :(
Wikiwand requires a browser with modern capabilities in order to provide you with the best reading experience.
Please download and use one of the following browsers:

This article was just edited, click to reload
This article has been deleted on Wikipedia (Why?)

Back to homepage

Please click Add in the dialog above
Please click Allow in the top-left corner,
then click Install Now in the dialog
Please click Open in the download dialog,
then click Install
Please click the "Downloads" icon in the Safari toolbar, open the first download in the list,
then click Install
{{::$root.activation.text}}

Install Wikiwand

Install on Chrome Install on Firefox
Don't forget to rate us

Tell your friends about Wikiwand!

Gmail Facebook Twitter Link

Enjoying Wikiwand?

Tell your friends and spread the love:
Share on Gmail Share on Facebook Share on Twitter Share on Buffer

Our magic isn't perfect

You can help our automatic cover photo selection by reporting an unsuitable photo.

This photo is visually disturbing This photo is not a good choice

Thank you for helping!


Your input will affect cover photo selection, along with input from other users.

X

Get ready for Wikiwand 2.0 🎉! the new version arrives on September 1st! Don't want to wait?